1. 12 de outubro de 2014
28º Tempo ordinario
Mateu 22, 1-14
José Antonio Pagola
Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIAS
Contribúe a difundir a invitación de Deus.
Pásao.
Música: Adagio concierto nº 12
Presentación:B.Areskurrinaga HC
Euskaraz: D.Amundarain
2. XXeessúúss ccooññeeccííaa mmooii bbeenn ccoommoo ggoozzaabbaann ooss
ccaammppeessiiññooss ddee GGaalliilleeaa nnaass vvooddaass qquuee ssee
celebraban nas aldeas.
Sen dúbida, el mesmo tomou parte en máis
dunha.
Que experiencia podía haber máis gozosa
para aquelas xentes que ser invitados a
unha voda e poder sentar cos veciños a
compartir xuntos un banquete de vodas?
3. Este recordo vviivviiddoo ddeessddee nneennoo
AAxxuuddoouunnoo,, nnaallggúúnn mmoommeennttoo,, aa
ccoommuunniiccaarr aa ssúúaa eexxppeerriieenncciiaa ddee DDeeuuss
dduunnhhaa mmaanneeiirraa nnoovvaa ee ssoorrpprreennddeennttee..
5. Podemos dicir que Xesús entendeu a súa vida
enteira como unha grande invitación a unha
festa final en nome de Deus.
Por iso, Xesús non impón nada á forza,
non presiona a ninguén.
6. AAnnuunncciiaa aa BBooaa NNoovvaa ddee
DDeeuuss,, eessppeerrttaa aa ccoonnffiiaannzzaa
nnoo PPaaii,, aacceennddee nnooss
ccoorraazzóónnss aa eessppeerraannzzaa..
AA ttooddooss lllleess hhaa ddee cchheeggaarr
aa ssúúaa iinnvviittaacciióónn..
8. Satisfeitos co noso benestar, xordos ao que non
sexan os nosos intereses inmediatos, parécenos que
xa non necesitamos de Deus.
Acostumarémonos pouco a pouco a vivir sen
necesidade de alimentar unha esperanza última?
9. Xesús era realista.
Sabía que a invitación de Deus
pode ser rexeitada.
Na parábola dos “invitados á voda” fálase
de diversas reaccións dos invitados.
10. Uns rexeitan a invitación de maneira consciente e
rotunda: “non quixeron ir.
Outros responden con absoluta indiferenza:
“non fixeron caso”.
Impórtanlles máis as súas terras e negocios..
11. Pero, segundo a parábola, Deus non se
desalenta.
Por encima de todo, haberá unha festa final.
O desexo de Deus é que a sala do banquete
se encha de invitados.
12. Por iso, hai que ir ás
“ encrucilladas dos
camiños”,
Por onde andan tantas
xentes errantes, que
viven sen esperanza e sen
futuro.
A Igrexa ha de seguir
anunciando con fe e
alegría a invitación de
Deus proclamada no
Evanxeo de Xesús.
14. O maior ppeerriiggoo eessttáá sseegguunnddoo eell nnaa qquuee xxaa
““nnoonn sseerráá pprrooppiiaammeennttee oo EEvvaannxxeeoo oo qquuee ssee
aannuunncciiee,, sseennóónn aallggúúnnss aacceennttooss ddoouuttrriinnaaiiss oouu
mmoorraaiiss qquuee pprroocceeddeenn ddee ddeetteerrmmiinnaaddaass ooppcciióónnss
ideolóxicas.
A mensaxe correrá o risco de perder a súa
frescura e deixará de ter recendo a Evanxeo”.
15. INVITACIÓN
Xesús coñecía moi ben como gozaban os campesiños de Galilea nas vodas que se celebraban nas
aldeas. Sen dúbida, el mesmo tomou parte en máis dunha. Que experiencia podía haber máis gozosa para aquelas
xentes que ser invitados a unha voda e poder sentar cos veciños a compartir xuntos un banquete de vodas?
Este recordo vivido desde neno axudouno nalgún momento a comunicar súa experiencia de Deus
dunha maneira nova e sorprendente. Segundo Xesús, Deus está preparando un banquete final para todos os seus
fillos pois a todos os quere ver sentados, xunto a el, gozando para sempre dunha vida plenamente ditosa.
Podemos dicir que Xesús entendeu a súa vida enteira como unha grande invitación a unha festa final
en nome de Deus. Por iso, Xesús non impón nada á forza, non presiona a ninguén. Anuncia a Boa Nova de Deus,
esperta a confianza no Pai, acende nos corazóns a esperanza. A todos lles ha de chegar a súa invitación.
Que foi desta invitación de Deus? Quen a anuncia? Quen a escoita? Onde se fala na Igrexa desta festa
final? Satisfeitos co noso benestar, xordos ao que non sexan os nosos intereses inmediatos, parécenos que xa non
necesitamos de Deus. Acostumarémonos pouco a pouco a vivir sen necesidade de alimentar unha esperanza
última?
Xesús era realista. Sabía que a invitación de Deus pode ser rexeitada. Na parábola dos “invitados á
voda” fálase de diversas reaccións dos invitados. Uns rexeitan a invitación de maneira consciente e rotunda: “non
quixeron ir. Outros responden con absoluta indiferenza: “non fixeron caso”. Impórtanlles máis as súas terras e
negocios.
Pero, segundo a parábola, Deus non se desalenta. Por encima de todo, haberá unha festa final. O
desexo de Deus é que a sala do banquete se encha de invitados. Por iso, hai que ir ás “encrucilladas dos camiños”,
por onde andan tantas xentes errantes, que viven sen esperanza e sen futuro. A Igrexa ha de seguir anunciando
con fe e alegría a invitación de Deus proclamada no Evanxeo de Xesús.
O papa Francisco está preocupado por unha predicación que se obsesiona “pola transmisión
desarticulada dunha multitude de doutrinas que se intenta impoñer á forza de insistencia”. O maior perigo está
segundo el no que xa “non será propiamente o Evanxeo o que se anuncie, senón algúns acentos doutrinais ou
morais que proceden de determinadas opcións ideolóxicas. A mensaxe correrá o risco de perder a súa frescura e
deixará de ter recendo a Evanxeo”.
José Antonio Pagola