O TEXTO NARRATIVO 
Relatar ou referir é unha acción a considerar desde aspectos diversos: 
· O discurso: enunciado oral ou...
· Modos narrativos 
 Narración (voces) 
· A 1ª persoa : a adopción da primeira persoa implica sempre narrar desde 
unha pe...
que adoita aparecer en textos científicos, técnicos ou propios das 
ciencias sociais. 
o A descrición literaria persegue r...
o Orientación, onde se leva a conversa cara o tema que se quere 
tratar 
o Desenvolvemento, onde os interlocutores interca...
As unidades da Historia 
· A intriga (trama, argumento, peripecia…, conxunto de accións e sucesos concatenados) 
o Clases ...
Próximos SlideShares
Carregando em…5
×

Exposición narración

225 visualizações

Publicada em

O discurso narrativo/ expositivo

Publicada em: Educação
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
225
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
6
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
2
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Exposición narración

  1. 1. O TEXTO NARRATIVO Relatar ou referir é unha acción a considerar desde aspectos diversos: · O discurso: enunciado oral ou escrito que vehicula a expresión dun feito ou dunha sucesión de feitos (relato) · A historia: serie de feitos, reais ou ficticios da que se ocupa o discurso e as diversas relacións de encadeamento, oposición, repetición…en que estes se organizan · As voces narrativas: o propio feito de narrar. As unidades do discurso: · A perspectiva: posición adoptada polo narrador fronte ao que o Os puntos de vista teñen que ver coas diversas posicións que narrador pode adoptar fronte ao narrado, as limitacións que se impón ao contar ou a distancia á que se permite situarse 1. Punto de vista do narrador omnisciente: prodúcese cando o narrador mostra un coñecemento absoluto do narrado. Sabe o que pensan e senten os personaxes: sentimentos, sensacións, percepcións, intencións… O narrador é un deus que domina o universo narrativo e flutúa no espazo e no tempo á vontade, pasando dun momento a outro da historia, centrándose no personaxe que lle interesa, ofrecendo ou ocultando a información ao lector como lle prace 2. Punto de vista limitado: desde esta posición hai cousas que o narrador ignora, por non ter un coñecemento directo do sucedido ou non ter recibido información sobre elas. A historia sitúase ao nivel dos personaxes. O punto de vista é o dun deles ou o de varios deles que se ofrecen contrastados. 3. Punto de vista dramático: aparece cando a historia deriva das accións e o parlamento dos personaxes. O narrador é obxectivo e non intervén máis que como transcritor o O narrador, a instancia narrativa a través da cal se filtra todo o universo da historia. Non debe confundirse coa figura do autor. O autor é un individuo con existencia física que produce un narrador distinto por cada nova obra que escribe. O narrador é unha creación intelectual que o lector percibe detrás dunha obra concreta. Tipos · único ou múltiple: a maioría das narracións están vehiculadas por unha única conciencia narrativa, aínda que tamén existen historias que se contan de xeito máis fragmentario, contrastando perspectivas narrativas grazas a opoñer relatos de narradores diversos ou cubrindo diversos aspectos ou partes do relato coa colaboración de diversos narradores ao xeito dun puzzle que o lector debe construír. Ler “Xente ao lonxe” de E. Blanco-Amor · de dentro ou de fóra da historia: os narradores que nos falan desde dentro da historia (homodiexéticos) sitúanse na conciencia dun ou varios personaxes, teñen coñecemento dos feitos narrados por participar ou ser testemuñas directas ou indirectas dos mesmos e os que fala desde fóra (extradiexéticos) non son personaxes e a súa posición permítelles situarse a diversas distancias do narrado. Un narrador homodiexético sería o narrador protagonista de “A esmorga”; o exemplo de narrador heterodiexético extradiexético atoparíase no narrador editor da mesma novela. · omnisciente ou parcial: en función do coñecemento da historia que posúa e o nivel de información que se filtre ao lector. O narrador omnisciente domina o mundo do relato, a súa perspectiva é de superioridade con respecto á diéxese; en canto que o narrador parcial non limita a visión que nos ofrece por non ter coñecemento directo de todos os aspectos da historia.
  2. 2. · Modos narrativos Narración (voces) · A 1ª persoa : a adopción da primeira persoa implica sempre narrar desde unha perspectiva limitada, valéndose dun narrador homodiexético que pode ser : o un narrador en primeira persoa protagonista, que aparece frecuentemente nas memorias, autobiografías e diarios ../Os%20narradores%20e%20as%20voces%20narrativas/A%20es morga%20(fragmento).pdf corrente de conciencia técnica pola que o narrador revela os mecanismos que rexen o propio pensamento ../Textos%20dialogados/Mon%F3logo%20de%20Casares(f ragmento).pdf o un narrador testemuña · A 2ª persoa. Trátase dun narrador que sitúa ao narratario como foco da diéxese, e toda a narración vai dirixida a unha segunda persoa (tu ou vós) que pode ou non ser un personaxe da historia. É frecuente na narración epistolar, aínda que un tipo especial de narrador en segunda persoa é aquel que narra a súa propia historia dirixíndose a si mesmo como unha imaxe no espello, de xeito que as súas vivencias así reflectidas acaban sendo asumidas como propias polo lector de quen se procura unha identificación completa co protagonista e coa historia.../Os%20narradores%20e%20as%20voces%20narrativas/2%BA %20persoa%20Paul%20Auster.pdf · A terceira persoa o Terceira persoa con omnisciencia total o Terceira persoa- testemuña: trátase dun narrador desde dentro da historia, pero non protagonista. Narra o que ve, ou o que lle contan, aínda que fai moi poucas referencias a si mesmo. É un simple observador. o Narrador equisciente: escóllese un personaxe determinado para filtrar toda a información da historia, de xeito que se limita o seu coñecemento ao que directamente este personaxe sabe ou vive o Narrador deficiente: é tamén un narrador en terceira persoa, unha testemuña que só dá conta do que pode ser visto ou ouvido, sen entrar na conciencia dos personaxes e que, por iso, ten unha perspectiva pobre e limitada da historia, pois sabe menos da mesma que o protagonista. Descrición: describir é representar a realidade valéndose das palabras · Tipos o A descrición técnica persegue ofrecer un coñecemento exhaustivo e rigoroso das realidades representadas: indicando os seus elementos, a súa composición ou organización, a súa función...Presenta predominancia da función referencial, polo cal o punto de vista do descritor é obxectivo, a linguaxe empregada denotativa (a miúdo con tecnicismos, adxectivación especificativa...)e a ordenación é lóxica. É a
  3. 3. que adoita aparecer en textos científicos, técnicos ou propios das ciencias sociais. o A descrición literaria persegue representar a realidade tamén, mais nela predomina a función estética, procurando non tanto a fidelidade ao obxecto representado como á percepción que o descritor ten do mesmo; esta é a razón pola que non é raro que apareza tamén a función expresiva, que a linguaxe sexa connotativa, que se rexistre nela unha superabundancia de adxectivos explicativos ou que bote man de todo tipo de figuras retóricas, nomeadamente a comparación e a metáfora. A ordenación deste tipo de descrición non é necesariamente lóxica, aínda que iso non implique caos, senón unha organización que atende a criterios subxectivos. a perspectiva (oblicua, cenital, frontal, travelling, zoom, panorámica...) a focaxe: realista, surrealista, impresionista... · Finalidade ou función: a descrición pode formar parte de textos diversos: textos publicitarios, mensaxes xornalísticas da sección de contactos, catálogos de produtos comerciais, cancións, poemas ou textos xornalísticos de opinión como críticas de cine ou recensións literarias. · Actitudes o Neutral, se o descritor se limita a ser un mero observador obxectivo, que non achega nin resta ningún elemento ao descrito. A súa figura esvaécese. o Subxectiva, se o descritor funciona como un intermediario que filtra os elementos da realidade descrita e incide na información e na percepción dos obxectos que lle chegan ao lector Ponderativa, se hai valoración explícita dos obxectos descritos por parte do descritor Impresionista, se a representación do obxecto se produce de tal xeito que se nos dean do mesmo uns poucos, aínda que relevantes trazos que debuxan a un tempo a realidade do descrito e a do mundo interior do propio descritor (as súas preferencias, a súa sensibilidade…) · Valores: Nun discurso dunha certa amplitude, a descrición pode ofrecer múltiples valores ou asumir funcións diversas o Valor deíctico: trátase de introducir personaxes, representar obxectos ou paisaxes dun xeito obxectivo, puramente denotativo. o Valor connotativo: a descrición colabora na narración, axuda a crear ambientes ou definir personaxes. Un exemplo teríamolo na descrición que Casares fai do axudante do bispo na novela “Ilustrísima” o Valor simbólico: os elementos descritos teñen unha funcionalidade narrativa. ../Descrici%F3n%20de%20espazos.pdf Diálogo: é un intercambio de información e roles (emisor e receptor) entre dous interlocutores. Pode ser oral ou escrito, literario ou non literario. Pode ser un xénero en si mesmo, estar integrado nunha narración ou ser o elemento fundamental dos textos dramáticos. · Organización ou estrutura o Apertura, onde se dá inicio á conversa, saúdase ou apélase á atención do interlocutor
  4. 4. o Orientación, onde se leva a conversa cara o tema que se quere tratar o Desenvolvemento, onde os interlocutores intercambian opinións ou información sobre o tema introducido ou temas relacionados o Peche, onde se conclúe co tema ou se produce a despedida../Textos%20dialogados/Di%E1logo%20Ilustr%EDsima %20e%20Sor%20Sabina.pdf · Valores o Dinamizan ou ralentizan a narración (e, cando se empregan estratexicamente, forman parte do esquema das accións) o Axudan a caracterizar personaxes o Fornecen verosimilitude ao relato( ofrecen impresión de “cousa vivida”) o No texto literario narrativo posibilitan que se estableza unha certa empatía entre o lector e os personaxes ou situacións, é dicir, permiten que o lector se identifique co narrado. Monólogo · Monólogo interior o Con desdobramento do emisor, que se dirixe a un tu ideal que é o seu propio reflexo o Sen desdobramento do emisor, que fala sen que haxa un interlocutor fronte a el. · Corrente de conciencia o O emisor dá rédea ás súas ideas, percepcións e sensacións sen ningún tipo de control da conciencia, simulando o fluxo verbal que devén do propio proceso de pensar. ../Textos%20dialogados/Mon%F3logo%20de%20Casares(fragme nto).pdf · Aspectos do enunciado (a lingua da narración) Nivel semántico: procuraremos descubrir a atmosfera emocional que persegue o autor ou emisor, fixándonos nos elementos connotativos do léxico escollido (campos semánticos predominantes, teor das accións, presenza de descricións con valores non puramente referenciais ou denotativos…) Emprego de símiles, metáforas e símbolos, moitas veces cargados de apreciacións subxectivas. · Nivel morfosintáctico: intentaremos descubrir predominancias no emprego de determinadas estruturas oracionais: asercións, hipóteses, exclamacións, interrogacións, períodos curtos, longos, con maior incidencia da coordinación ou da subordinación, con emprego parco ou profuso dos adxectivos, e, no diálogo, emprego de apelativos e formas pronominais coa función de chamar a atención do receptor (pronomes, vocativos, imperativos, interrogacións, etc), sufixación con valores afectivos, despectivos, ponderativos… · Nivel léxico: buscaremos no texto o nivel e o rexistro desde o que se constrúe o enunciado e tamén nos fixaremos aqueles repertorios que lle fornecen identidade (xirias ou vocabularios específicos, cultismos, estranxeirismos, coloquialismos, creacións idiomáticas…) · O ritmo: determinado polo emprego das pausas, os grupos fónicos e acentuais ou de intensidade, as repeticións léxicas ou sintácticas (paralelismos, anáforas, estruturas bimembres) que se ofrecen nunha ordenación non só fónica, senón tamén das ideas.
  5. 5. As unidades da Historia · A intriga (trama, argumento, peripecia…, conxunto de accións e sucesos concatenados) o Clases : forte, como na novela de aventuras ou na novela policiaca e feble, como na novela psicolóxica ou na obxectalista; realista ou fantástica o Estrutura: lineal (presentación, nó e desenlace) , descontinua (in media res, flash-back…) · Personaxes o Personaxe: de caracterización directa por parte do narrador, doutro personaxe ou de si propio, por contraste, referida…polo ambiente) o Heroe e antiheroe e atributos (nomes, obxectos, profesión, características físicas) o Transformacións (afectan a uns personaxes e non a outros, son positivas ou negativas, de carácter externo ou de tipo espiritual…) o Tipos: principais, secundarios, protagonista, planos, redondos… · O espazo o Funcións e valores: referencial, narrativa ( boomerang, simbólica…) · O tempo o Temporalidade externa (ambientación) o Tempo da historia (extenso, reducido…) o Tempo do discurso (tempo da escrita) · Accións, tema e significación do relato o Significación (de encargo íntimo, de encargo social, de encargo contrastado)

×