2. Sei que non lles gusto ós teus pais, pero eles que saben.
Ti non es tan pequena e eu non son tan grande.
Demostreiche que te quero durante todo este tempo.
3. Acepta o meu anel,
casa comigo.
-É precioso,
claro que acepto meu rei!.
4. -Fasme tan feliz.
Sei que es miña!
Estabas destinada a min.
Sóubeno desde o primeiro día.
Abrázame.
Comparte a miña alegría.
5. Así comezou o conto de fadas.
Ramos de flores, bombóns, paseos e doces miradas.
O que opinen os demais non val nada.
Un home bo mantén a unha muller namorada.
Os días pasan como nunha fábula.
Vestido de noiva, lista de vodas, plans, nova casa.
Ela é a raíña, ela é a dona, ela ámao.
6. Ela aguanta.
-Quizais non deberías beber tanto.
-Estasme chamando borracho?
-Non, non claro.
-Pois cala muller. Eu sei ben o que
fago. Anda sube ao coche e borra esa cara!
10. -Onde estiveches? Tíñasme reocupada.
-Non empeces!
-Por que non colles as miñas chamadas?
-Non empeces!!
-E que sempre me deixas soa na casa e volves ás tantas,
ademais cheiras a colonia barata?.
13. Esa noite el durme no sofá.
Ela non durme nada.
Soños rotos e bágoas na almofada.
Quen ía dicir que sería así o final do conto de fadas!
Nunca pensou que podía pasar!
Agora tocoulle a ela
vivir o final do conto de fadas!!!
14.
15. -Perdoa polo de onte! Non sei que pasou.
É o estrés do traballo.
Estaba un pouco borracho.
Perdóame. Síntoo. Sabes que te quero.
16. Despois duns días
ela lembra o tema como se fora un pesadelo lonxano.
Pensa en contarllo ás súas amigas,
pero non o entenderían.
Ademais, son cousas de familia.
El quéreme e esas cousas pasan.
E é verdade que a veces son un pouco bocazas.
17.
18. Nace o bebé:
unha nena preciosa,
pero el quería un neno e bótalle a culpa a ela.
- Falo todo mal e estás gorda.
Como pretendes que non vaia con outras?
- Pero.
- Pero nada!Todo o día na casa acumulando graxas!
E non es capaz nin de ter a cea preparada!
-Pero.
- Cala!
21. Esta vez non se soubo controlar.
Ela acaba nun hospital.
22. Despois de 3 días por fin escoita ás súas amigas
e denuncia as súas torturas.
A vida vólvelle a sorrir pouco a pouco.
Ela e a nena refán as súas vidas case de todo.
Novo traballo. Un novo futuro nun novo barrio.
23.
24. Pero un papel dun xuíz non é suficiente para detelo.
E un día espéraa no portal.
Doce puñaladas.
Foi o final do conto de fadas.
Un conto real
que se conta en cada cidade,
en cada pobo, cada semana.
25. IES AGRA DE LEBORÍS – A LARACHA Plan de Convivencia 2009-2011