SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 15
Baixar para ler offline
Infórmate
aFondo
Número 139 3º trimestre 2015
Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa
www.fondogalego.org
Renóvase a Comisión
Executiva do Fondo Galego
2
Declaración sobre a crise
de persoas refuxiadas
6
Vacacións con Traballo en
Nicaragua e Cabo Verde
4
Chegan as Xornadas
Anuais de Cooperación
8
FONDO DE ARMARIO
7
OS PROXECTOS EN TERREO:
Van rematando as
intervencións con ONGD
9
A OLLADA EXTERNA:
Entrevista con María Xosé Silvar, Ses
“O feminismo propugna a
igualdade entre homes e
mulleres. É ridícula a fobia
terminolóxica”
11
>
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 2] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org
ACTUALIDADE DO FONDO
A Executiva do
Fondo Galego
renóvase con
Nigrán na
presidencia
O alcalde de Nigrán, Juan Gon-
zález (PSOE), é o novo presiden-
te do Fondo Galego de Coopera-
ción e Solidariedade despois de
que a Asemblea Xeral de socios
aprobara por unanimidade a
finais de setembro a renova-
ción da Comisión Executiva, que
rexerá a entidade nos próximos
catro anos. A edil redondelá Te-
resa París (PP), que exerceu a
Presidencia na derradeira lexis-
latura, será agora vicepresiden-
ta, mentres que Carme Fouces
(BNG), concelleira de Benestar
Social en Pontevedra, entra na
Tesourería.
Incorpóranse tamén ao órgano
de goberno e administración
do Fondo Galego a edil Gloria
Prada (PSOE), de Monforte de
Lemos; o concelleiro Daniel Fer-
nández (PP), de Cartelle, e mais
Goretti Sanmartín (BNG), da De-
putación da Coruña. O Conce-
llo coruñés e mais o de Oleiros
conservan cadansúa vogalía,
agora con Rocío Fraga (Marea
Atlántica) e Marga Figueroa (Al-
ternativa dos Veciños), respecti-
vamente, como representantes.
O Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
(Igadi), que impulsou a creación
da asociación en 1997, seguirá
encargándose da Secretaría, na
figura de Andrea García Corzo.
“O camiño é que o Fondo Gale-
go siga contribuíndo a mellorar
a vida das persoas”, avanzou
o novo presidente, xa que “o
obxectivo será traballar para
que dentro doutros catro anos
nos sintamos orgullosos desta
nova Executiva”. “Contamos con
todas e todos vós”, díxolles Juan
A renovación da Comisión Executiva do Fondo Galego aprobouse por unanimidade.
1
>
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 3] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org
González aos representantes de
máis de trinta municipios pre-
sentes na Asemblea. A composi-
ción da nova Comisión foi propos-
ta pola saínte, tendo en conta a
actual configuración partidaria das
entidades locais galegas. Teresa
París, pola súa banda, apostou por
“que os próximos catro anos siga-
mos xuntos defendendo o modelo
desta rede de institucións e per-
soas para sacar o traballo adiante”.
Alén da renovación orgánica, que
cómpre tras cada convocatoria de
eleccións municipais, na sesión
expúxose o balance dos últimos
catro anos, nos que destacan fi-
tos coma o de que a Federación
Galega de Municipios e Provin-
cias (Fegamp) recoñeza ao Fondo
Galego como axencia do munici-
palismo para a cooperación inter-
nacional ou que a entidade teña
asesorado a Alemaña e Portugal
na promoción das súas redes de
cooperación descentralizada a tra-
vés dun proxecto europeo. Na úl-
tima lexislatura fóronse ademais
incrementando os fondos para a
convocatoria de proxectos de des-
envolvemento en países do Sur e
canalizouse axuda de emerxencia
a través das axencias da ONU. In-
tensificáronse asemade as activi-
dades de sensibilización en Galicia
e os esforzos en comunicación.
Representantes de máis de trinta municipios participaron na Asemblea.
1
>
ACTUALIDADE DO FONDO
Persoal de seis
concellos coopera
con Cabo Verde
e Nicaragua nas
Vacacións con
Traballo
Persoal de seis concellos pasou
o mes de outubro en Nicaragua
e Cabo Verde colaborando cos
parceiros do Fondo Galego de
Cooperación a través das Vaca-
cións con Traballo, o programa
de voluntariado internacional
dirixido aos cadros das adminis-
tracións locais e provinciais so-
cias da entidade.
As Vacacións con Traballo en
Nicaragua desenvolvéronse coa
colaboración da ONGD Instituto
de Promoción Humana-Somoto
e centráronse na elaboración
dun diagnóstico comunitario
con familias do lugar de Palmira.
Para Belén Gómez, traballadora
social do Concello de Monforte,
foi “unha experiencia personal
e profesional extraordinaria”,
mentres que para Serezabel
Rodríguez técnica en integra-
ción do Concello de Bergondo,
supuxo “un punto de inflexión
tanto na miña vida persoal
coma profesional” e resultoulle
“moi interesante a metodoloxía
nicaraguana de traballo comu-
nitario”. Tamén foi “unha opor-
tunidade única para coñecer e
comprender outras realida-
des” segundo Mónica Mourín,
traballadora social da mesma
vila que, porén, non participou
na experiencia ocupando unha
das seis prazas convocadas no
programa, senón financiando a
estadía pola súa conta.
Ana Ferradáns, axente de em-
prego do Concello da Estrada, e
María José Villar, auxiliar de bi-
blioteca no Concello de Redon-
dela, estiveron en Cabo Verde
apoiando á Cámara Municipal
de Santa Cruz en materias como
xestión do funcionariado e
rexistro bibliotecario. “Che-
guei pensando que atoparía un
país pouco desenvolvido, me-
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 4] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org
Serezabel Rodríguez, Belén Gómez e Mónica Mourín en Nicaragua.
María José Villar e Ana Ferradáns colaboraron coa Cámara de Santa Cruz.
2
>
nos democrático, e no entanto foi
entrar no Concello e comprobar
que o seu funcionamento é pare-
llo ao de calquera dos de Galicia:
a mesma estrutura xerárquica,
iguais problemas burocráticos,
etc.”, comenta a primeira. “Profe-
sionalmente, é un privilexio po-
der levar os meus coñecemen-
tos a outro contexto, aprender nel
e gozar del. No persoal, constitúe
unha vivencia única, cada día ma-
rabíllome da fermosura da pai-
saxe e a incrible amabilidade da
xente”, opina a segunda.
Ao país africano, pero para coope-
rar coa Cámara Municipal de Ri-
beira Grande, viaxaron tamén Ana
Piñeiro, arquitecta do Concello de
Rianxo, e Rubén López, técnico de
administración financieira no Con-
cello da Pobra. Para ela, “cando tes
un bo interlocutor, o intercambio
de experiencias, de puntos de vis-
ta, opinións, métodos de traballo e
procedementos é fluída e pode ser
moi enriquecedora para as dúas
partes”. A el chamoulle a atención
“o sentimento de comunidade
tan arraigado e comprobar como
a xente dedica o seu tempo libre a
conversar cos demais; nunca falta
quen bote unha man para sacar as
barcas do mar”, engade.
Alén de realizar as tarefas de ase-
soramento correspondentes á
súa especialidade, o voluntariado
cumpriu tamén a función de su-
pervisar os últimos proxectos de
cooperación ao desenvolvemento
impulsados polo Fondo Galego.
No entanto, a finalidade principal
das Vacacións con Traballo é sen-
sibilizar fronte as desigualdades
e a prol da solidariedade inter-
nacional. A experiencia das e dos
participantes no programa, que
este ano chegou á súa décima edi-
ción, pode seguirse no blog.
Rubén López prestou asesoramento sobre contabilidade en Cabo Verde.
A arquitecta Ana Piñeiro apoiou á Cámara Municipal de Ribeira Grande.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 5] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org
2
>
ACTUALIDADE DO FONDO
Declaración
institucional
diante da crise
migratoria e
de persoas
refuxiadas
1. Desde o 2014 a guerra de
Siria é responsable do maior
movemento de persoas refu-
xiadas desde a segunda gue-
rra mundial. A parálise institu-
cional desde aquela altura na
UE e nos seus Estados membros
produto dos xogos de guerra e
xeopolítica afondaron unha cri-
se de persoas refuxiadas que
se alimenta non só do conflito
sirio, se non tamén do iraquí ou
palestino. Conflitos enquistados
onde a participación occidental
ten sido abertamente recoñeci-
da, se non promovida.
2. Diante desta situación o Fon-
do Galego (expresión organi-
zada do municipalismo galego
comprometido cos Dereitos Hu-
manos desde o 1997) visibiliza
todos os días do ano o drama
humanitario permanente nas
fronteiras, particularmente
nas europeas, denunciando
as gravísimas vulneracións de
Dereitos Humanos coas per-
soas migrantes, xa sexan re-
fuxiadas ou non. Hoxe hai no
mundo máis de 50 millóns de
persoas refuxiadas: na Repúbli-
ca Centroafricana, Sudán do Sur
ou Congo, entre os países máis
devastados.
Hai que lembrar unha vez
máis que cando a crise huma-
nitaria actual saia da axenda
televisiva as persoas refuxia-
das seguirán aí.
3. O Fondo Galego celebra a re-
acción do municipalismo gale-
go que abre as portas dos seus
concellos ás persoas refuxiadas
e aproveita a ocasión para re-
flexionar sobre a capacidade crí-
tica e mobilizadora dos poderes
descentralizados: temos moito
que dicir neste mundo para pro-
mover a paz e a xustiza global.
4. O Fondo Galego acompaña-
rá a situación de emerxencia
actual traballando como enti-
dade coordinadora dos esforzos
solidarios das entidades socias
e do municipalismo galego que
desexa facer de Galicia un lugar
de acollida, e comprometido
cos Dereitos Humanos todos
os días do ano.
5. O Fondo Galego ofrece o seu
traballo e experiencia para
animar a coordinación do diálo-
go coas distintas administración
locais, autonómicas, estatais
e comunitarias, que inevita-
blemente deben participar da
construción dunha solución da
que non se albisca un final e que
precisa plans serios e de longo
prazo, que ademais dunhas
condicións de vida digna para as
persoas refuxiadas trace rutas
de saída e inserción social, edu-
cativa, laboral...
6. O Fondo Galego solicita á UE
e ao Estado español non máis
escusas e retrasos na acollida
de persoas refuxiadas, xunto a
medidas eficaces de promoción
da paz: solicitamos compromi-
sos serios e non oportunistas
coa Declaración de Dereitos
Humanos.
FOTO: Felipe Carnotto.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 6] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org
3
>
Foros sobre o dereito á auga con ESF
Enxeñería sen Fronteiras levou aos concellos da Coruña, Teo, Ames
e Monforte de Lemos o foro aberto “A xestión municipal do dereito
humano á auga”. A actividade estaba vinculada co proxecto que a
ONGD desenvolveu en Honduras co apoio do Fondo Galego para
mellorar o acceso á auga potable. Os encontros centráronse na impor-
tancia da transparencia e da boa gobernanza nas administracións
públicas para asegurar este dereito, recoñecido de maneira específi-
ca pola ONU. Os concellos, dada súa proximidade á cidadanía, teñen
competencias chave á hora de garantilo. O obxectivo das xornadas
era sensibilizar sobre o acceso á auga como unha problemática glo-
bal que pode tamén ter solucións comúns. As sesións estaban aber-
tas a toda a veciñanza, aínda que ían especialmente indicadas para o
persoal implicado na supervisión do servizo de auga e saneamento
municipal.
Depuración biolóxica das augas residuais
Amigos da Terra organizou no Concello de Moaña as Xornadas Técni-
cas de Fitodepuración “A depuración natural das augas residuais urba-
nas”. A formación encadrábase no proxecto financiado á ONGD polo
Fondo Galego para facilitarlle o acceso á auga a máis dun milleiro de
persoas empobrecidas en Nicaragua. Divulgar e sensibilizar sobre a
contaminación da auga e a eficiencia enerxética, achegando solucións
técnica e economicamente viables, era a finalidade do curso, no que
se expuxeron as bases dos biofiltros de plantas acuáticas, alén dos
diferentes métodos e casos de éxito en Galicia. A cita ía especialmente
dirixida a persoal dos concellos, xestores de comunidades de mon-
tes e de instalacións públicas e privadas, así como a profesionais de-
dicados á planificación do territorio.
FONDO DE ARMARIO
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 7] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org
*
>
Apoio da Xunta en 2015 e compromiso para 2016
Representantes da Comisión Executiva do Fondo Galego veñen de
manter unha xuntanza co director xeral de Relacións Exteriores e
coa UE, Jesús Gamallo, e mais coa subdirectora xeral de Cooperación,
Pilar Romero, para coñecerse e valorar as posibilidades de colabora-
ción cara 2016. A Xunta de Galicia e o Fondo Galego de Cooperación
asinaran a finais de agosto o convenio polo que o goberno autonómi-
co cofinanciaba con 40.000 euros o plan de sensibilización e fortale-
cemento da entidade para 2015, orzamentado nun total de 58.860 eu-
ros. No novo encontro, os responsables da Vicepresidencia ratificaron
o compromiso de manter esta mesma achega para 2016. O obxectivo
é sensibilizar á sociedade galega a prol da solidariedade e fronte ás
desigualdades, ao tempo que se procura o fortalecemento institucio-
nal da asociación de concellos e deputacións.
Chegan as Xornadas Anuais de Cooperación
Co título “Vacacións con Traballo, unha década de cooperación
dende o local” celebraranse o 3 de decembro en Pontevedra as
xornadas anuais que organiza o Fondo Galego e que chegan xa á súa
duodécima edición. A cita será na Casa das Campás, entre as 10 e as
14.30 horas, con asistencia libre e de balde. Representantes sindicais,
persoal técnico municipal e responsables de municipios chegados de
Cabo Verde ou Portugal profundarán en tres mesas redondas sobre o
impacto do voluntariado e a cooperación internacional dende o local.
Non faltarán participantes do programa Vacacións con Traballo que
na última década teñen colaborado en Cabo Verde, Nicaragua e Cuba,
a fin de compartir as súas experiencias. O programa inclúe tamén a
presenza da Tropa de Trapo, que ofrecerá algúns dos seus contos.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 8] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org
*
>
OS PROXECTOS EN
TERREO: Van rematando
as intervencións con
ONGD
En Cabo Verde vanse pechando os dous
proxectos de cooperación directa que está a
apoiar o Fondo Galego, un coa Cámara Muni-
cipal de Ribeira Grande para impulsar a agri-
cultura a través do rego por goteo e outro na
Cámara Municipal de Santa Cruz fortalecen-
do a cooperativa artesá Sulada co fin de em-
poderar ás mulleres que a forman. Mentres
tanto, e unha vez rematada a intervención
con Intered en Perú, van concluíndo tamén
os outros cinco proxectos cofinanciados a
ONGD galegas.
A finais de agosto remataba en Guatemala
a iniciativa con Arquitecturas sen Fronteiras
e a cooperativa B’eljuj Q’anil, que fabrica ma-
teriais de construción. Nas últimas semanas
de execución estívoselle dando seguimento
á formación empresarial impartida, a través
da que se melloraron as capacidades admi-
nistrativas, e aprobouse un plan comercial.
Tamén se creou a páxina web e mantivéron-
se xuntanzas con clientes. Ao tempo, esta-
blecéronse alianzas con outras cooperativas
para unha promoción mutua e realizaron
unha última visita de intercambio a unha
bloqueira para ver o proceso de fabricación
que seguen, co fin de mellorar a súa forma
de traballo. Decidiuse ademais a acción co-
munitaria que se levará a cabo cando a em-
presa dea beneficios, que será a construción
do brocal dun pozo.
O proxecto con Enxeñería sen Fronteiras en
Honduras péchase en outubro coa elabo-
ración e socialización dos plans de xestión
integrada do recurso hídrico en tres comu-
nidades, tras procesar os datos recollidos,
así como dun estudo hidroxeolóxico para
o que se tomaron mostras nunha cuarta co
obxectivo de analizar a calidade da auga. A
partir de aquí, propóñense alternativas téc-
nicas para garantir o abastecemento. Como
actividade complementaria, ubicáronse po-
sibles puntos de perforación de pozos en
16 comunidades e identificáronse fontes de
auga para abastecer outras dúas, levantando
a topografía para o deseño do futuro siste-
ma. Todo isto co fin de mellorar o acceso á
auga e ao saneamento na Mancomunidade
Nasmar.
En novembro rematará en Nicaragua o
proxecto con Taller de Solidaridad e o In-
prhu-Somoto para impulsar o turismo rural
comunitario de xeito que o Centro de Edu-
cación Alternativa Rural Telpolchcalli sexa
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 9] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org
As visitas de clientes á cooperativa de Guatemala
están a dar bos resultados.
En Honduras tómanse mostras nas comunidades para
analizar a calidade da auga.
*
>
sostible. Nos últimos meses, as persoas be-
neficiarias levaron os seus produtos agrí-
colas e artesáns a diferentes feiras e tamén
intercambiaron experiencias con municipios
que ofertan os servizos turísticos comunita-
rios en paquetes. Co afán de poñer en valor
a cultura chorotega, impartíronse obradoiros
de palma, pintura e danza. Ademais, distri-
buíuse material promocional e completouse
a construción dos cuartos. Tamén se seguiu
cultivando a horta e se traballou tanto no
invernadoiro como no viveiro. Elaboráronse
asemade encurtidos, marmeladas e plantas
naturais deshidratadas e atendeuse ao gan-
do.
Na súa recta final está tamén o proxecto de
Implicadas no Desenvolvemento na India
para promover a emancipación social e par-
ticipación política das mulleres no estado de
Támil Nadu. Logo de representar unha obra
de teatro de rúa en distintas aldeas para
concienciar fronte á desigualdade e de con-
memorar o Día das Mulleres na cidade de
Tiruchy, organizáronse varias xornadas de
sensibilización de xénero sobre a participa-
ción das mulleres na política que ademais
lles permiten coñecer o panorama político
actual. As dinamizadoras da intervención ta-
mén realizan visitas ás casas particulares co
fin de detectar problemáticas e posibles ca-
sos de violencia machista.
Co remate do ano prevese que conclúa o
proxecto con Amigos da Terra para facilitar
o acceso á auga potable en Nicaragua. Es-
tanse a completar as obras nas infraestru-
turas e melloráronse tamén as latrinas que
se atopaban preto das fontes de auga. As co-
munidades organizáronse para as tarefas de
rehabilitación, as xornadas de reforestación
e o traballo nos viveiros, onde contaron co
apoio de voluntariado internacional e onde
se formaron en manexo do rego, control de
maleza, etc. Coas persoas responsables das
xuntas de auga elaboráronse plans de mello-
ra e mantemento das infraestruturas. Impar-
tíronse ademais capacitacións en materia de
auga e saneamento. Tamén se decidiu insta-
lar tres bioxardineiras en puntos chave como
os desaugues dos lavadoiros de roupa.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 10] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org
A artesanía indíxena forma parte dos atractivos
turísticos de Nicaragua.
Na India realízanse visitas domiciliarias para detectar
a violencia machista.
As xuntas de auga implícanse na mellora e mantemento de
infraestruturas en Nicaragua.
*
>
A OLLADA
EXTERNA
Ses: “O feminismo
propugna a
igualdade entre
homes e mulleres.
É ridícula a fobia
terminolóxica”
Un ciclón, un furacán, un terre-
moto... Son os termos meteoro-
lóxicos que adoitan escoitarse
para definir a María Xosé Silvar,
Ses, unha artista única sobre o
escenario e fóra del. Tras o éxito
dos seus dous primeiros discos,
non para de ofrecer concertos
cheos de forza e rebeldía para
presentar ‘Tronzar os valos’. Un
traballo froito do tempo en que
vivimos que segue a destilar
identidade e compromiso.
Cales son os principais valos
que deberiamos tronzar hoxe
en día?
O valo da desidia, o da deshu-
manización e a indiferenza ante
o avance da ditadura e o xenoci-
dio gratuítos. A xente está anes-
tesiada e é precisa unha revolu-
ción cultural urxente.
A ilustración da portada de
‘Tronzar os valos’ trae ao re-
cordo as leis mordaza... Esta-
mos a perder liberdades que
criamos garantidas?
Totalmente, están creando unha
masa volúbel para reinstalarnos
na ditadura da que nunca che-
gamos a saír.
As letras deste último disco
semellan máis crípticas que as
dos anteriores, máis poéticas
se queres. Débese aos tempos
que corren ou forma parte da
túa evolución persoal como
artista?
Realmente non sei a que se
debe, había varios temas que xa
“A xente está anestesiada e
é precisa unha revolución
cultural urxente”
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 11] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org
*
María Xosé Silvar, Ses, durante un concerto.
>
estaban feitos hai anos. Supoño
que simplesmente o momento
de sacalos foi agora, se cadra
porque si sentín todo dun xeito
máis intenso polo momento so-
ciopolítico. A carraxe e a tristura
eran maiores, máis dramáticas
e, se se quere, máis líricas.
O que si se segue a traslucir
nos temas é o compromiso
social. No entanto, hai quen
considera que arte e política
deben manterse desvincula-
das. É isto posible ou soster
tal postura xa é posicionarse
politicamente?
Por suposto que si. Iso non é
máis que covardía disfrazada
de profesionalidade e mesura.
Os mesmos que critican que eu
teña un posicionamento político
claro, colgan despois vídeos de
Víctor Jara no Facebook. “Perdó-
nalos, Dios, porque no saben lo
que hacen”.
Querías ser profesora e os ins-
titutos servíronche tamén de
escenario, precisa a mocida-
de galega revulsivos como Ses
nas aulas?
Non sei se coma min, pero por
min que non quede. Precisan
axentes normalizadores que
ensinen co exemplo o orgullo
identitario, feminino, socialista
e galego.
Participaches en concertos so-
lidarios a favor de ONG como
Implicadas no Desenvolve-
mento. Cres que a coopera-
ción cos países empobrecidos
debería ser unha prioridade?
Si, pero creo que a nosa maior e
máis precisa implicación é erra-
dicar o apoio masivo á ultrade-
reita. Con iso chegaría.
Este mes celébrase o Día para
a eliminación da violencia
contra as mulleres, unha la-
cra contra a que adoitas cla-
mar nos teus concertos, nos
que tamén acostumas definir-
te como feminista. Calificar-
se como tal está mal visto na
nosa sociedade? Como enten-
des ti o feminismo?
Enténdoo da única maneira que
se pode entender, como pon no
dicionario, a ideoloxía que pro-
pugna a igualdade entre homes
e mulleres. É ridícula a fobia ter-
minolóxica, ser feminista é iso e
un chaleque é unha prenda sen
mangas. E digo eu que non hai
que ser superdotado para que
che entre na cabeciña.
“Os mesmos que
critican que eu teña un
posicionamento político
colgan vídeos de Víctor Jara
no Facebook”
“A tradición está dentro
de quen vive nela, sáeme
anque non queira”
“Síntome conectada coa
lusofonía, pero non do
xeito en que se promociona
aquí, senon dun modo máis
natural”
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 12] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org
Portada do último disco de Ses.
*
>
Non che vou preguntar por
que cantas en galego, pero si
me interesa saber que pensas
cando che fan esta pregunta...
Que cada vez me dá máis noxo a
xente que a resposta.
Citabas a Castelao nun dos te-
mas do teu anterior disco: “A
tradición é a eternidade”. É
por iso que te permites mes-
turala e reinventala sen que
deixe de ser un sinal de iden-
tidade?
A tradición está dentro de quen
vive nela, non é que me permita
nada, é que me sae anque non
queira, porque ou na cabeza ou
nos pés has de saír a quen es. Eu
simplemente fago o que me sae
con orgullo.
Actuaches en iniciativas como
Cantos na Maré, aínda que a
túa música lembra máis a Es-
tados Unidos e Hispanoamé-
rica. Sínteste conectada coa
lusofonía?
Por suposto, pero non do xei-
to en que se promociona aquí,
dun modo máis natural e desde
a nosa verdadeira realidade cul-
tural. Falamos a mesma lingua,
pero con trazos diferentes. Can-
do oio cantar á xente de aquí
coma se fose do Brasil paréce-
me igual de ridículo que a xente
de Santander que di “corasón”
cando canta un bolero. Ás veces
paso moita vergoña allea.
Non paras de ofrecer concer-
tos, certo é que gozas do di-
recto pero é á vez un xeito de
sobrepoñerse ás dificultades
de vender discos por causa de
internet?
Non, é o meu traballo. Ti cres
que me gustaría vivir só dos
discos?! Que va!! Habemus xen-
“A mocidade precisa axentes
normalizadores que ensinen
co exemplo o orgullo
identitario e feminino”
“Cres que me gustaría vivir
só dos discos?! Que va!!
Habemus xente normal e
traballadora, eh!”
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 13] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto é unha das entidades que contou coa colaboración de Ses.
Ses actuou para o alumnado de Secundaria de San Sadurniño.
*
>
te normal e traballadora, eh. Eu
adoro gravar, pero cando boto
dúas semanas sen tocar férve-
me o cu.
Acabas de tocar en Euskadi,
que tal está a ser a acollida
fóra de Galicia?
Perfecta, coma aquí, coma
en todos os sitios. Non podo
queixarme de ningún sitio no
que toquei, sempre nos acollen
da hostia.
Disque renegas de todo o es-
tablecido, en que cre Ses?
Na honestidade, na autoesixen-
cia e no amor. Amo a miña iden-
tidade e á miña xente e paréce-
me triste que a alguén lle poida
parecer ridículo ou, peor, menti-
ra. Di máis deles que de min.
“Creo na honestidade, na
autoesixencia e no amor.
Amo a miña identidade e á
miña xente”
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 14] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org
Os directos de Ses están cheos de enerxía. Sons estadounidenses e hispanoamericanos mestúranse nos temas de Ses. FOTO: Xabicas.
1
>INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org
Socios do Fondo Galego Concellos: A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Laracha, A Pobra de Trives, A
Pobra do Caramiñal, A Teixeira, Abegondo, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Bergondo, Betanzos, Boiro,
Brión, Burela, Cabanas, Caldas de Reis, Cambre, Carballo, Cartelle, Castrelo de Miño, Castroverde, Cedeira,
Corcubión, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dumbría, Fene, Ferrol, Fornelos de Montes, Gondomar, Laxe,
Lousame, Lugo, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Moaña, Mondoñedo, Monforte, Moraña, Mugardos,
Narón, Neda, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo, O Porriño, O Valadouro, Oímbra, Oleiros, Ourense, Outes, Poio,
Ponteareas, Pontecesures, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira,
Riotorto, Rodeiro, Sada, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Sarria,
Soutomaior, Teo, Tomiño, Triacastela, Valga, Verea, Verín, Vigo, Vilar de Santos, Vilardevós, Viveiro, Xove
Deputacións: A Coruña, Lugo.
Infórmate
aFondo
Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Redacción e Administración: Centro Cívico Sur, Rúa Luís Braille, 40
36003 Pontevedra
Tel/Fax: 986 84 34 36 / 698 14 45 36
Internet: http://www.fondogalego.org email: info@igadi.org
Depósito Legal: VG-473-2007
Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa

Mais conteúdo relacionado

Destaque

Turk'sh Football - Protected by Laws, ruled by politics
Turk'sh Football - Protected by Laws, ruled by politicsTurk'sh Football - Protected by Laws, ruled by politics
Turk'sh Football - Protected by Laws, ruled by politicsSporlab
 
Check point, держи марку! Серия №7
Check point, держи марку! Серия №7Check point, держи марку! Серия №7
Check point, держи марку! Серия №7Компания УЦСБ
 
Projecte camprodon cataleg
Projecte camprodon catalegProjecte camprodon cataleg
Projecte camprodon catalegcfpegaso
 
The Merits of Moving to the IBC
The Merits of Moving to the IBCThe Merits of Moving to the IBC
The Merits of Moving to the IBCRachel Salvato
 
10 Rules For Good Accessibilie Design 2012
10 Rules For Good Accessibilie Design   201210 Rules For Good Accessibilie Design   2012
10 Rules For Good Accessibilie Design 2012Kevin Sneed
 
As linguas e o galego
As linguas e o galegoAs linguas e o galego
As linguas e o galegonoagaliza
 

Destaque (9)

Catalac 1
Catalac 1Catalac 1
Catalac 1
 
Turk'sh Football - Protected by Laws, ruled by politics
Turk'sh Football - Protected by Laws, ruled by politicsTurk'sh Football - Protected by Laws, ruled by politics
Turk'sh Football - Protected by Laws, ruled by politics
 
Check point, держи марку! Серия №7
Check point, держи марку! Серия №7Check point, держи марку! Серия №7
Check point, держи марку! Серия №7
 
Projecte camprodon cataleg
Projecte camprodon catalegProjecte camprodon cataleg
Projecte camprodon cataleg
 
YACHT MASTER 500 GT
YACHT MASTER 500 GTYACHT MASTER 500 GT
YACHT MASTER 500 GT
 
Catàleg
CatàlegCatàleg
Catàleg
 
The Merits of Moving to the IBC
The Merits of Moving to the IBCThe Merits of Moving to the IBC
The Merits of Moving to the IBC
 
10 Rules For Good Accessibilie Design 2012
10 Rules For Good Accessibilie Design   201210 Rules For Good Accessibilie Design   2012
10 Rules For Good Accessibilie Design 2012
 
As linguas e o galego
As linguas e o galegoAs linguas e o galego
As linguas e o galego
 

Semelhante a IAF139 nº8dixital

IAF138 nº7dixital
IAF138 nº7dixitalIAF138 nº7dixital
IAF138 nº7dixitalIGADI
 
IAF135 nº4dixital
IAF135 nº4dixital IAF135 nº4dixital
IAF135 nº4dixital IGADI
 
Iaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixitalIaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixitalIGADI
 
IAF136 nº5dixital
IAF136 nº5dixitalIAF136 nº5dixital
IAF136 nº5dixitalIGADI
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
 
Tríptico informativo
Tríptico informativoTríptico informativo
Tríptico informativoBNGdoPorrinho
 
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoBalance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoEncarna Lago
 
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019psdegbergondo
 
Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnJorge Suárez
 
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024luarodalegre97
 
Boletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBoletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBNGdoPorrinho
 
Odm 8 manuel y rocío
Odm 8 manuel y rocíoOdm 8 manuel y rocío
Odm 8 manuel y rocíomackerel10
 
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024luarodalegre97
 
Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14Charo García
 
Manifesto 2018 adaptado rev
Manifesto 2018 adaptado revManifesto 2018 adaptado rev
Manifesto 2018 adaptado revsatelite1
 

Semelhante a IAF139 nº8dixital (20)

IAF138 nº7dixital
IAF138 nº7dixitalIAF138 nº7dixital
IAF138 nº7dixital
 
IAF135 nº4dixital
IAF135 nº4dixital IAF135 nº4dixital
IAF135 nº4dixital
 
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y TicPropuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
 
Iaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixitalIaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixital
 
IAF136 nº5dixital
IAF136 nº5dixitalIAF136 nº5dixital
IAF136 nº5dixital
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
 
Tríptico informativo
Tríptico informativoTríptico informativo
Tríptico informativo
 
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoBalance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
 
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
 
Concellos en rede por galiza
Concellos en rede por galizaConcellos en rede por galiza
Concellos en rede por galiza
 
Programa electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do PorriñoPrograma electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do Porriño
 
Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en Común
 
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
 
Boletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBoletín BNG O Porriño
Boletín BNG O Porriño
 
Odm 8 manuel y rocío
Odm 8 manuel y rocíoOdm 8 manuel y rocío
Odm 8 manuel y rocío
 
boletín xaneiro 2017
boletín   xaneiro 2017boletín   xaneiro 2017
boletín xaneiro 2017
 
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
 
Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14
 
Manifesto 2018 adaptado rev
Manifesto 2018 adaptado revManifesto 2018 adaptado rev
Manifesto 2018 adaptado rev
 

IAF139 nº8dixital

  • 1. Infórmate aFondo Número 139 3º trimestre 2015 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa www.fondogalego.org Renóvase a Comisión Executiva do Fondo Galego 2 Declaración sobre a crise de persoas refuxiadas 6 Vacacións con Traballo en Nicaragua e Cabo Verde 4 Chegan as Xornadas Anuais de Cooperación 8 FONDO DE ARMARIO 7 OS PROXECTOS EN TERREO: Van rematando as intervencións con ONGD 9 A OLLADA EXTERNA: Entrevista con María Xosé Silvar, Ses “O feminismo propugna a igualdade entre homes e mulleres. É ridícula a fobia terminolóxica” 11
  • 2. > Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 2] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org ACTUALIDADE DO FONDO A Executiva do Fondo Galego renóvase con Nigrán na presidencia O alcalde de Nigrán, Juan Gon- zález (PSOE), é o novo presiden- te do Fondo Galego de Coopera- ción e Solidariedade despois de que a Asemblea Xeral de socios aprobara por unanimidade a finais de setembro a renova- ción da Comisión Executiva, que rexerá a entidade nos próximos catro anos. A edil redondelá Te- resa París (PP), que exerceu a Presidencia na derradeira lexis- latura, será agora vicepresiden- ta, mentres que Carme Fouces (BNG), concelleira de Benestar Social en Pontevedra, entra na Tesourería. Incorpóranse tamén ao órgano de goberno e administración do Fondo Galego a edil Gloria Prada (PSOE), de Monforte de Lemos; o concelleiro Daniel Fer- nández (PP), de Cartelle, e mais Goretti Sanmartín (BNG), da De- putación da Coruña. O Conce- llo coruñés e mais o de Oleiros conservan cadansúa vogalía, agora con Rocío Fraga (Marea Atlántica) e Marga Figueroa (Al- ternativa dos Veciños), respecti- vamente, como representantes. O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), que impulsou a creación da asociación en 1997, seguirá encargándose da Secretaría, na figura de Andrea García Corzo. “O camiño é que o Fondo Gale- go siga contribuíndo a mellorar a vida das persoas”, avanzou o novo presidente, xa que “o obxectivo será traballar para que dentro doutros catro anos nos sintamos orgullosos desta nova Executiva”. “Contamos con todas e todos vós”, díxolles Juan A renovación da Comisión Executiva do Fondo Galego aprobouse por unanimidade. 1
  • 3. > Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 3] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org González aos representantes de máis de trinta municipios pre- sentes na Asemblea. A composi- ción da nova Comisión foi propos- ta pola saínte, tendo en conta a actual configuración partidaria das entidades locais galegas. Teresa París, pola súa banda, apostou por “que os próximos catro anos siga- mos xuntos defendendo o modelo desta rede de institucións e per- soas para sacar o traballo adiante”. Alén da renovación orgánica, que cómpre tras cada convocatoria de eleccións municipais, na sesión expúxose o balance dos últimos catro anos, nos que destacan fi- tos coma o de que a Federación Galega de Municipios e Provin- cias (Fegamp) recoñeza ao Fondo Galego como axencia do munici- palismo para a cooperación inter- nacional ou que a entidade teña asesorado a Alemaña e Portugal na promoción das súas redes de cooperación descentralizada a tra- vés dun proxecto europeo. Na úl- tima lexislatura fóronse ademais incrementando os fondos para a convocatoria de proxectos de des- envolvemento en países do Sur e canalizouse axuda de emerxencia a través das axencias da ONU. In- tensificáronse asemade as activi- dades de sensibilización en Galicia e os esforzos en comunicación. Representantes de máis de trinta municipios participaron na Asemblea. 1
  • 4. > ACTUALIDADE DO FONDO Persoal de seis concellos coopera con Cabo Verde e Nicaragua nas Vacacións con Traballo Persoal de seis concellos pasou o mes de outubro en Nicaragua e Cabo Verde colaborando cos parceiros do Fondo Galego de Cooperación a través das Vaca- cións con Traballo, o programa de voluntariado internacional dirixido aos cadros das adminis- tracións locais e provinciais so- cias da entidade. As Vacacións con Traballo en Nicaragua desenvolvéronse coa colaboración da ONGD Instituto de Promoción Humana-Somoto e centráronse na elaboración dun diagnóstico comunitario con familias do lugar de Palmira. Para Belén Gómez, traballadora social do Concello de Monforte, foi “unha experiencia personal e profesional extraordinaria”, mentres que para Serezabel Rodríguez técnica en integra- ción do Concello de Bergondo, supuxo “un punto de inflexión tanto na miña vida persoal coma profesional” e resultoulle “moi interesante a metodoloxía nicaraguana de traballo comu- nitario”. Tamén foi “unha opor- tunidade única para coñecer e comprender outras realida- des” segundo Mónica Mourín, traballadora social da mesma vila que, porén, non participou na experiencia ocupando unha das seis prazas convocadas no programa, senón financiando a estadía pola súa conta. Ana Ferradáns, axente de em- prego do Concello da Estrada, e María José Villar, auxiliar de bi- blioteca no Concello de Redon- dela, estiveron en Cabo Verde apoiando á Cámara Municipal de Santa Cruz en materias como xestión do funcionariado e rexistro bibliotecario. “Che- guei pensando que atoparía un país pouco desenvolvido, me- Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 4] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org Serezabel Rodríguez, Belén Gómez e Mónica Mourín en Nicaragua. María José Villar e Ana Ferradáns colaboraron coa Cámara de Santa Cruz. 2
  • 5. > nos democrático, e no entanto foi entrar no Concello e comprobar que o seu funcionamento é pare- llo ao de calquera dos de Galicia: a mesma estrutura xerárquica, iguais problemas burocráticos, etc.”, comenta a primeira. “Profe- sionalmente, é un privilexio po- der levar os meus coñecemen- tos a outro contexto, aprender nel e gozar del. No persoal, constitúe unha vivencia única, cada día ma- rabíllome da fermosura da pai- saxe e a incrible amabilidade da xente”, opina a segunda. Ao país africano, pero para coope- rar coa Cámara Municipal de Ri- beira Grande, viaxaron tamén Ana Piñeiro, arquitecta do Concello de Rianxo, e Rubén López, técnico de administración financieira no Con- cello da Pobra. Para ela, “cando tes un bo interlocutor, o intercambio de experiencias, de puntos de vis- ta, opinións, métodos de traballo e procedementos é fluída e pode ser moi enriquecedora para as dúas partes”. A el chamoulle a atención “o sentimento de comunidade tan arraigado e comprobar como a xente dedica o seu tempo libre a conversar cos demais; nunca falta quen bote unha man para sacar as barcas do mar”, engade. Alén de realizar as tarefas de ase- soramento correspondentes á súa especialidade, o voluntariado cumpriu tamén a función de su- pervisar os últimos proxectos de cooperación ao desenvolvemento impulsados polo Fondo Galego. No entanto, a finalidade principal das Vacacións con Traballo é sen- sibilizar fronte as desigualdades e a prol da solidariedade inter- nacional. A experiencia das e dos participantes no programa, que este ano chegou á súa décima edi- ción, pode seguirse no blog. Rubén López prestou asesoramento sobre contabilidade en Cabo Verde. A arquitecta Ana Piñeiro apoiou á Cámara Municipal de Ribeira Grande. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 5] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org 2
  • 6. > ACTUALIDADE DO FONDO Declaración institucional diante da crise migratoria e de persoas refuxiadas 1. Desde o 2014 a guerra de Siria é responsable do maior movemento de persoas refu- xiadas desde a segunda gue- rra mundial. A parálise institu- cional desde aquela altura na UE e nos seus Estados membros produto dos xogos de guerra e xeopolítica afondaron unha cri- se de persoas refuxiadas que se alimenta non só do conflito sirio, se non tamén do iraquí ou palestino. Conflitos enquistados onde a participación occidental ten sido abertamente recoñeci- da, se non promovida. 2. Diante desta situación o Fon- do Galego (expresión organi- zada do municipalismo galego comprometido cos Dereitos Hu- manos desde o 1997) visibiliza todos os días do ano o drama humanitario permanente nas fronteiras, particularmente nas europeas, denunciando as gravísimas vulneracións de Dereitos Humanos coas per- soas migrantes, xa sexan re- fuxiadas ou non. Hoxe hai no mundo máis de 50 millóns de persoas refuxiadas: na Repúbli- ca Centroafricana, Sudán do Sur ou Congo, entre os países máis devastados. Hai que lembrar unha vez máis que cando a crise huma- nitaria actual saia da axenda televisiva as persoas refuxia- das seguirán aí. 3. O Fondo Galego celebra a re- acción do municipalismo gale- go que abre as portas dos seus concellos ás persoas refuxiadas e aproveita a ocasión para re- flexionar sobre a capacidade crí- tica e mobilizadora dos poderes descentralizados: temos moito que dicir neste mundo para pro- mover a paz e a xustiza global. 4. O Fondo Galego acompaña- rá a situación de emerxencia actual traballando como enti- dade coordinadora dos esforzos solidarios das entidades socias e do municipalismo galego que desexa facer de Galicia un lugar de acollida, e comprometido cos Dereitos Humanos todos os días do ano. 5. O Fondo Galego ofrece o seu traballo e experiencia para animar a coordinación do diálo- go coas distintas administración locais, autonómicas, estatais e comunitarias, que inevita- blemente deben participar da construción dunha solución da que non se albisca un final e que precisa plans serios e de longo prazo, que ademais dunhas condicións de vida digna para as persoas refuxiadas trace rutas de saída e inserción social, edu- cativa, laboral... 6. O Fondo Galego solicita á UE e ao Estado español non máis escusas e retrasos na acollida de persoas refuxiadas, xunto a medidas eficaces de promoción da paz: solicitamos compromi- sos serios e non oportunistas coa Declaración de Dereitos Humanos. FOTO: Felipe Carnotto. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 6] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org 3
  • 7. > Foros sobre o dereito á auga con ESF Enxeñería sen Fronteiras levou aos concellos da Coruña, Teo, Ames e Monforte de Lemos o foro aberto “A xestión municipal do dereito humano á auga”. A actividade estaba vinculada co proxecto que a ONGD desenvolveu en Honduras co apoio do Fondo Galego para mellorar o acceso á auga potable. Os encontros centráronse na impor- tancia da transparencia e da boa gobernanza nas administracións públicas para asegurar este dereito, recoñecido de maneira específi- ca pola ONU. Os concellos, dada súa proximidade á cidadanía, teñen competencias chave á hora de garantilo. O obxectivo das xornadas era sensibilizar sobre o acceso á auga como unha problemática glo- bal que pode tamén ter solucións comúns. As sesións estaban aber- tas a toda a veciñanza, aínda que ían especialmente indicadas para o persoal implicado na supervisión do servizo de auga e saneamento municipal. Depuración biolóxica das augas residuais Amigos da Terra organizou no Concello de Moaña as Xornadas Técni- cas de Fitodepuración “A depuración natural das augas residuais urba- nas”. A formación encadrábase no proxecto financiado á ONGD polo Fondo Galego para facilitarlle o acceso á auga a máis dun milleiro de persoas empobrecidas en Nicaragua. Divulgar e sensibilizar sobre a contaminación da auga e a eficiencia enerxética, achegando solucións técnica e economicamente viables, era a finalidade do curso, no que se expuxeron as bases dos biofiltros de plantas acuáticas, alén dos diferentes métodos e casos de éxito en Galicia. A cita ía especialmente dirixida a persoal dos concellos, xestores de comunidades de mon- tes e de instalacións públicas e privadas, así como a profesionais de- dicados á planificación do territorio. FONDO DE ARMARIO Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 7] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org *
  • 8. > Apoio da Xunta en 2015 e compromiso para 2016 Representantes da Comisión Executiva do Fondo Galego veñen de manter unha xuntanza co director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e mais coa subdirectora xeral de Cooperación, Pilar Romero, para coñecerse e valorar as posibilidades de colabora- ción cara 2016. A Xunta de Galicia e o Fondo Galego de Cooperación asinaran a finais de agosto o convenio polo que o goberno autonómi- co cofinanciaba con 40.000 euros o plan de sensibilización e fortale- cemento da entidade para 2015, orzamentado nun total de 58.860 eu- ros. No novo encontro, os responsables da Vicepresidencia ratificaron o compromiso de manter esta mesma achega para 2016. O obxectivo é sensibilizar á sociedade galega a prol da solidariedade e fronte ás desigualdades, ao tempo que se procura o fortalecemento institucio- nal da asociación de concellos e deputacións. Chegan as Xornadas Anuais de Cooperación Co título “Vacacións con Traballo, unha década de cooperación dende o local” celebraranse o 3 de decembro en Pontevedra as xornadas anuais que organiza o Fondo Galego e que chegan xa á súa duodécima edición. A cita será na Casa das Campás, entre as 10 e as 14.30 horas, con asistencia libre e de balde. Representantes sindicais, persoal técnico municipal e responsables de municipios chegados de Cabo Verde ou Portugal profundarán en tres mesas redondas sobre o impacto do voluntariado e a cooperación internacional dende o local. Non faltarán participantes do programa Vacacións con Traballo que na última década teñen colaborado en Cabo Verde, Nicaragua e Cuba, a fin de compartir as súas experiencias. O programa inclúe tamén a presenza da Tropa de Trapo, que ofrecerá algúns dos seus contos. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 8] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org *
  • 9. > OS PROXECTOS EN TERREO: Van rematando as intervencións con ONGD En Cabo Verde vanse pechando os dous proxectos de cooperación directa que está a apoiar o Fondo Galego, un coa Cámara Muni- cipal de Ribeira Grande para impulsar a agri- cultura a través do rego por goteo e outro na Cámara Municipal de Santa Cruz fortalecen- do a cooperativa artesá Sulada co fin de em- poderar ás mulleres que a forman. Mentres tanto, e unha vez rematada a intervención con Intered en Perú, van concluíndo tamén os outros cinco proxectos cofinanciados a ONGD galegas. A finais de agosto remataba en Guatemala a iniciativa con Arquitecturas sen Fronteiras e a cooperativa B’eljuj Q’anil, que fabrica ma- teriais de construción. Nas últimas semanas de execución estívoselle dando seguimento á formación empresarial impartida, a través da que se melloraron as capacidades admi- nistrativas, e aprobouse un plan comercial. Tamén se creou a páxina web e mantivéron- se xuntanzas con clientes. Ao tempo, esta- blecéronse alianzas con outras cooperativas para unha promoción mutua e realizaron unha última visita de intercambio a unha bloqueira para ver o proceso de fabricación que seguen, co fin de mellorar a súa forma de traballo. Decidiuse ademais a acción co- munitaria que se levará a cabo cando a em- presa dea beneficios, que será a construción do brocal dun pozo. O proxecto con Enxeñería sen Fronteiras en Honduras péchase en outubro coa elabo- ración e socialización dos plans de xestión integrada do recurso hídrico en tres comu- nidades, tras procesar os datos recollidos, así como dun estudo hidroxeolóxico para o que se tomaron mostras nunha cuarta co obxectivo de analizar a calidade da auga. A partir de aquí, propóñense alternativas téc- nicas para garantir o abastecemento. Como actividade complementaria, ubicáronse po- sibles puntos de perforación de pozos en 16 comunidades e identificáronse fontes de auga para abastecer outras dúas, levantando a topografía para o deseño do futuro siste- ma. Todo isto co fin de mellorar o acceso á auga e ao saneamento na Mancomunidade Nasmar. En novembro rematará en Nicaragua o proxecto con Taller de Solidaridad e o In- prhu-Somoto para impulsar o turismo rural comunitario de xeito que o Centro de Edu- cación Alternativa Rural Telpolchcalli sexa Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 9] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org As visitas de clientes á cooperativa de Guatemala están a dar bos resultados. En Honduras tómanse mostras nas comunidades para analizar a calidade da auga. *
  • 10. > sostible. Nos últimos meses, as persoas be- neficiarias levaron os seus produtos agrí- colas e artesáns a diferentes feiras e tamén intercambiaron experiencias con municipios que ofertan os servizos turísticos comunita- rios en paquetes. Co afán de poñer en valor a cultura chorotega, impartíronse obradoiros de palma, pintura e danza. Ademais, distri- buíuse material promocional e completouse a construción dos cuartos. Tamén se seguiu cultivando a horta e se traballou tanto no invernadoiro como no viveiro. Elaboráronse asemade encurtidos, marmeladas e plantas naturais deshidratadas e atendeuse ao gan- do. Na súa recta final está tamén o proxecto de Implicadas no Desenvolvemento na India para promover a emancipación social e par- ticipación política das mulleres no estado de Támil Nadu. Logo de representar unha obra de teatro de rúa en distintas aldeas para concienciar fronte á desigualdade e de con- memorar o Día das Mulleres na cidade de Tiruchy, organizáronse varias xornadas de sensibilización de xénero sobre a participa- ción das mulleres na política que ademais lles permiten coñecer o panorama político actual. As dinamizadoras da intervención ta- mén realizan visitas ás casas particulares co fin de detectar problemáticas e posibles ca- sos de violencia machista. Co remate do ano prevese que conclúa o proxecto con Amigos da Terra para facilitar o acceso á auga potable en Nicaragua. Es- tanse a completar as obras nas infraestru- turas e melloráronse tamén as latrinas que se atopaban preto das fontes de auga. As co- munidades organizáronse para as tarefas de rehabilitación, as xornadas de reforestación e o traballo nos viveiros, onde contaron co apoio de voluntariado internacional e onde se formaron en manexo do rego, control de maleza, etc. Coas persoas responsables das xuntas de auga elaboráronse plans de mello- ra e mantemento das infraestruturas. Impar- tíronse ademais capacitacións en materia de auga e saneamento. Tamén se decidiu insta- lar tres bioxardineiras en puntos chave como os desaugues dos lavadoiros de roupa. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 10] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org A artesanía indíxena forma parte dos atractivos turísticos de Nicaragua. Na India realízanse visitas domiciliarias para detectar a violencia machista. As xuntas de auga implícanse na mellora e mantemento de infraestruturas en Nicaragua. *
  • 11. > A OLLADA EXTERNA Ses: “O feminismo propugna a igualdade entre homes e mulleres. É ridícula a fobia terminolóxica” Un ciclón, un furacán, un terre- moto... Son os termos meteoro- lóxicos que adoitan escoitarse para definir a María Xosé Silvar, Ses, unha artista única sobre o escenario e fóra del. Tras o éxito dos seus dous primeiros discos, non para de ofrecer concertos cheos de forza e rebeldía para presentar ‘Tronzar os valos’. Un traballo froito do tempo en que vivimos que segue a destilar identidade e compromiso. Cales son os principais valos que deberiamos tronzar hoxe en día? O valo da desidia, o da deshu- manización e a indiferenza ante o avance da ditadura e o xenoci- dio gratuítos. A xente está anes- tesiada e é precisa unha revolu- ción cultural urxente. A ilustración da portada de ‘Tronzar os valos’ trae ao re- cordo as leis mordaza... Esta- mos a perder liberdades que criamos garantidas? Totalmente, están creando unha masa volúbel para reinstalarnos na ditadura da que nunca che- gamos a saír. As letras deste último disco semellan máis crípticas que as dos anteriores, máis poéticas se queres. Débese aos tempos que corren ou forma parte da túa evolución persoal como artista? Realmente non sei a que se debe, había varios temas que xa “A xente está anestesiada e é precisa unha revolución cultural urxente” Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 11] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org * María Xosé Silvar, Ses, durante un concerto.
  • 12. > estaban feitos hai anos. Supoño que simplesmente o momento de sacalos foi agora, se cadra porque si sentín todo dun xeito máis intenso polo momento so- ciopolítico. A carraxe e a tristura eran maiores, máis dramáticas e, se se quere, máis líricas. O que si se segue a traslucir nos temas é o compromiso social. No entanto, hai quen considera que arte e política deben manterse desvincula- das. É isto posible ou soster tal postura xa é posicionarse politicamente? Por suposto que si. Iso non é máis que covardía disfrazada de profesionalidade e mesura. Os mesmos que critican que eu teña un posicionamento político claro, colgan despois vídeos de Víctor Jara no Facebook. “Perdó- nalos, Dios, porque no saben lo que hacen”. Querías ser profesora e os ins- titutos servíronche tamén de escenario, precisa a mocida- de galega revulsivos como Ses nas aulas? Non sei se coma min, pero por min que non quede. Precisan axentes normalizadores que ensinen co exemplo o orgullo identitario, feminino, socialista e galego. Participaches en concertos so- lidarios a favor de ONG como Implicadas no Desenvolve- mento. Cres que a coopera- ción cos países empobrecidos debería ser unha prioridade? Si, pero creo que a nosa maior e máis precisa implicación é erra- dicar o apoio masivo á ultrade- reita. Con iso chegaría. Este mes celébrase o Día para a eliminación da violencia contra as mulleres, unha la- cra contra a que adoitas cla- mar nos teus concertos, nos que tamén acostumas definir- te como feminista. Calificar- se como tal está mal visto na nosa sociedade? Como enten- des ti o feminismo? Enténdoo da única maneira que se pode entender, como pon no dicionario, a ideoloxía que pro- pugna a igualdade entre homes e mulleres. É ridícula a fobia ter- minolóxica, ser feminista é iso e un chaleque é unha prenda sen mangas. E digo eu que non hai que ser superdotado para que che entre na cabeciña. “Os mesmos que critican que eu teña un posicionamento político colgan vídeos de Víctor Jara no Facebook” “A tradición está dentro de quen vive nela, sáeme anque non queira” “Síntome conectada coa lusofonía, pero non do xeito en que se promociona aquí, senon dun modo máis natural” Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 12] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org Portada do último disco de Ses. *
  • 13. > Non che vou preguntar por que cantas en galego, pero si me interesa saber que pensas cando che fan esta pregunta... Que cada vez me dá máis noxo a xente que a resposta. Citabas a Castelao nun dos te- mas do teu anterior disco: “A tradición é a eternidade”. É por iso que te permites mes- turala e reinventala sen que deixe de ser un sinal de iden- tidade? A tradición está dentro de quen vive nela, non é que me permita nada, é que me sae anque non queira, porque ou na cabeza ou nos pés has de saír a quen es. Eu simplemente fago o que me sae con orgullo. Actuaches en iniciativas como Cantos na Maré, aínda que a túa música lembra máis a Es- tados Unidos e Hispanoamé- rica. Sínteste conectada coa lusofonía? Por suposto, pero non do xei- to en que se promociona aquí, dun modo máis natural e desde a nosa verdadeira realidade cul- tural. Falamos a mesma lingua, pero con trazos diferentes. Can- do oio cantar á xente de aquí coma se fose do Brasil paréce- me igual de ridículo que a xente de Santander que di “corasón” cando canta un bolero. Ás veces paso moita vergoña allea. Non paras de ofrecer concer- tos, certo é que gozas do di- recto pero é á vez un xeito de sobrepoñerse ás dificultades de vender discos por causa de internet? Non, é o meu traballo. Ti cres que me gustaría vivir só dos discos?! Que va!! Habemus xen- “A mocidade precisa axentes normalizadores que ensinen co exemplo o orgullo identitario e feminino” “Cres que me gustaría vivir só dos discos?! Que va!! Habemus xente normal e traballadora, eh!” Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 13] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto é unha das entidades que contou coa colaboración de Ses. Ses actuou para o alumnado de Secundaria de San Sadurniño. *
  • 14. > te normal e traballadora, eh. Eu adoro gravar, pero cando boto dúas semanas sen tocar férve- me o cu. Acabas de tocar en Euskadi, que tal está a ser a acollida fóra de Galicia? Perfecta, coma aquí, coma en todos os sitios. Non podo queixarme de ningún sitio no que toquei, sempre nos acollen da hostia. Disque renegas de todo o es- tablecido, en que cre Ses? Na honestidade, na autoesixen- cia e no amor. Amo a miña iden- tidade e á miña xente e paréce- me triste que a alguén lle poida parecer ridículo ou, peor, menti- ra. Di máis deles que de min. “Creo na honestidade, na autoesixencia e no amor. Amo a miña identidade e á miña xente” Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 14] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org Os directos de Ses están cheos de enerxía. Sons estadounidenses e hispanoamericanos mestúranse nos temas de Ses. FOTO: Xabicas. 1
  • 15. >INFÓRMATEAFONDO:138º·www.fondogalego.org Socios do Fondo Galego Concellos: A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Laracha, A Pobra de Trives, A Pobra do Caramiñal, A Teixeira, Abegondo, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Burela, Cabanas, Caldas de Reis, Cambre, Carballo, Cartelle, Castrelo de Miño, Castroverde, Cedeira, Corcubión, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dumbría, Fene, Ferrol, Fornelos de Montes, Gondomar, Laxe, Lousame, Lugo, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Moaña, Mondoñedo, Monforte, Moraña, Mugardos, Narón, Neda, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo, O Porriño, O Valadouro, Oímbra, Oleiros, Ourense, Outes, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Sada, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Sarria, Soutomaior, Teo, Tomiño, Triacastela, Valga, Verea, Verín, Vigo, Vilar de Santos, Vilardevós, Viveiro, Xove Deputacións: A Coruña, Lugo. Infórmate aFondo Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Redacción e Administración: Centro Cívico Sur, Rúa Luís Braille, 40 36003 Pontevedra Tel/Fax: 986 84 34 36 / 698 14 45 36 Internet: http://www.fondogalego.org email: info@igadi.org Depósito Legal: VG-473-2007 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa