SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 1
Baixar para ler offline
Cada lugar ten o seu nome, o
seu topónimo. Tamén as
pedras o teñen conforme coa
súa importancia: tamaño,
forma, lugar, función, orixe.
Imos ver os nomes de
diversos penedos ou lugares
nos que estas pedras son
determinantes para
diferencialos e coñecelos,
todos eles no noso concello.
PEDRIÑAL (PEDRIÑEIRA)
DO COEDO.- Canchal de
xelifracción a carón do
regueiro que baixa de As
Portas, marxe esquerda, xusto
antes de xuntarse co regato
que baixa de A Fraga, que cae
aí en cascada. Chégase a el
por unha pista que sae pola
dereita da que sobe a
Lousadela segundo se pasa
Cimadevila. O nome é unha
redundancia formada por dous
abundanciais, de pedras e de
coios: pedriñal e coedo.
Cando se esqueceu o
significado de coedo o lugar
conservou ese nome pero a
existencia de moitas pedras
impuxo a aparición de un novo
termo, pedriñal, máis
comprensible, pero co mesmo
significado ca coedo. Os
naturais da zona atribúen a
orixe de esta formación
xeolóxica á actividade mineira
da época romana nas
inmediacións. Un canchal de
xelifracción é unha
acumulación de pedras
formadas pola fragmentación
que o xeo
provoca nas rochas e que
chegan aí por gravidade.
En Rairos hai outra formación
xeolóxica idéntica, tamén de
cuarcitas fragmentadas, hoxe
ocupada en parte pola rotonda
de acceso a Torbeo e co nome
de A Pedreira.
PEDREIRA, A.- Zona de San
Clodio entre as rúas A.
Pedrosa e A Paz caracterizada
pola abundancia de cantos
rodados removidos polos
traballos da minería do ouro
na época do Imperio e
modernamente polos traballos
agrícolas.
PENACERDEIRA, MONTES
DE.- Na ladeira do Cerengo,
por riba de As Portas, recibe
este nome unha zona definida
pola presenza dunha pena
rodeada de cerdeiras bravas
propagadas pola acción das
aves.
PENA DE AS VENTÁS.- Por
riba de Penacerdeira aparece
esta formación de rochas de
cuarcita con nome alusivo á
súa disposición a xeito de
ventás.
PENA DO CASTRO.- Lugar
por riba de Piñeira onde hai
unha antena de telefonía
móbil. Alude á situación da
pena sobre un primitivo castro
alí existente.
PENA DA CORNA.- De
tamaño destacado esta pena
está a uns cincuenta metros
da Pombeira do Tesouro. O
seu nome pode facer
referencia á súa forma de
pico, corna ou corno. Pero
posiblemente a orixe estea na
raíz precéltica *corn ou *carn =
pedra. Con certa semellanza a
Pedriñal do Coedo.
PENA DO FERRO.- Lugar por
Por Manuel Fco. Cao
debaixo de A Ferreirúa e de A
Filgueira. Relaciónase coa
explotación de mineral de ferro
alí existente e que se
elaboraba na vella ferrería.
PENA DOS FIGOS.- A pena
con este nome aflora tamén
na ladeira do Cerengo a unha
altitude na que o frío
imposibilitaría a presenza de
figueiras. É probable a
existencia de restos destes
froitos levados por animais,
aves, raposos, ben para o seu
consumo e o das súas crías e
a posterior defecación seguida
da temporal xerminación das
sementes. Por iso o nome.
PENADOLA.- Sinalefa de
Pena da Ola, da nome a un
tramo do río Sil xusto por
baixo do encoro de Sequeiros
e por onde o ferrocarril pasa
por unha ponte que leva ese
mesmo nome: Ponte da
Penadola.
PENAS DOS CUBETOS.-
Agrupación de penas que,
antes de cruzar o regato de A
Teixeira, se sitúan por riba da
estrada de A Moá sendo
visibles dende San Clodio. Os
cubetos son unha clara
alusión á forma desas rochas
de cuarcita.
PENAS DA TEIXEIRA.-
Situadas arredor do
nacemento do regato de A
Teixeira, lugar no que hai
teixos (árbores), e que serven
de referencia de límites e
lindeiros.
PENATALLADA.- Lugar do
vello camiño entre Torbeo e A
Cubela onde para atravesar o
filón rochoso foi preciso
rompelo, tallalo, cunha gran
fenda.
Seguro que quedan moitos
máis e como xa se dixo
noutros números de Anduriña:
¡Ánimo! A recuperalos.
TOPONIMIA

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Toponimia

Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava)
Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava) Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava)
Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava) As Ferreiras Silleda
 
Auga paisaxe
Auga paisaxeAuga paisaxe
Auga paisaxeiesasorey
 
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxeA auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxemonadela
 
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Marlou
 
Lendas pedras
Lendas pedrasLendas pedras
Lendas pedrasmonadela
 
Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega candeadosalnes
 
Penedos de Pasarela e Traba
Penedos de Pasarela e TrabaPenedos de Pasarela e Traba
Penedos de Pasarela e Trabamonadela
 

Semelhante a Toponimia (7)

Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava)
Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava) Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava)
Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava)
 
Auga paisaxe
Auga paisaxeAuga paisaxe
Auga paisaxe
 
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxeA auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
 
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
 
Lendas pedras
Lendas pedrasLendas pedras
Lendas pedras
 
Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega
 
Penedos de Pasarela e Traba
Penedos de Pasarela e TrabaPenedos de Pasarela e Traba
Penedos de Pasarela e Traba
 

Mais de Fran Bouso

Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal MondoñedoCaderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal MondoñedoFran Bouso
 
Letras galegas
Letras galegasLetras galegas
Letras galegasFran Bouso
 
Convivencia pobra de brollón
Convivencia pobra de brollónConvivencia pobra de brollón
Convivencia pobra de brollónFran Bouso
 
Loita contra incendios
Loita contra incendiosLoita contra incendios
Loita contra incendiosFran Bouso
 
Anduriña posterior portada 2012 2013
Anduriña posterior portada 2012 2013Anduriña posterior portada 2012 2013
Anduriña posterior portada 2012 2013Fran Bouso
 
Portada anduriña 2012 2013
Portada anduriña 2012 2013Portada anduriña 2012 2013
Portada anduriña 2012 2013Fran Bouso
 

Mais de Fran Bouso (10)

Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal MondoñedoCaderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
 
Letras galegas
Letras galegasLetras galegas
Letras galegas
 
Convivencia pobra de brollón
Convivencia pobra de brollónConvivencia pobra de brollón
Convivencia pobra de brollón
 
Antroido
AntroidoAntroido
Antroido
 
Seprona
SepronaSeprona
Seprona
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
Magosto
MagostoMagosto
Magosto
 
Loita contra incendios
Loita contra incendiosLoita contra incendios
Loita contra incendios
 
Anduriña posterior portada 2012 2013
Anduriña posterior portada 2012 2013Anduriña posterior portada 2012 2013
Anduriña posterior portada 2012 2013
 
Portada anduriña 2012 2013
Portada anduriña 2012 2013Portada anduriña 2012 2013
Portada anduriña 2012 2013
 

Toponimia

  • 1. Cada lugar ten o seu nome, o seu topónimo. Tamén as pedras o teñen conforme coa súa importancia: tamaño, forma, lugar, función, orixe. Imos ver os nomes de diversos penedos ou lugares nos que estas pedras son determinantes para diferencialos e coñecelos, todos eles no noso concello. PEDRIÑAL (PEDRIÑEIRA) DO COEDO.- Canchal de xelifracción a carón do regueiro que baixa de As Portas, marxe esquerda, xusto antes de xuntarse co regato que baixa de A Fraga, que cae aí en cascada. Chégase a el por unha pista que sae pola dereita da que sobe a Lousadela segundo se pasa Cimadevila. O nome é unha redundancia formada por dous abundanciais, de pedras e de coios: pedriñal e coedo. Cando se esqueceu o significado de coedo o lugar conservou ese nome pero a existencia de moitas pedras impuxo a aparición de un novo termo, pedriñal, máis comprensible, pero co mesmo significado ca coedo. Os naturais da zona atribúen a orixe de esta formación xeolóxica á actividade mineira da época romana nas inmediacións. Un canchal de xelifracción é unha acumulación de pedras formadas pola fragmentación que o xeo provoca nas rochas e que chegan aí por gravidade. En Rairos hai outra formación xeolóxica idéntica, tamén de cuarcitas fragmentadas, hoxe ocupada en parte pola rotonda de acceso a Torbeo e co nome de A Pedreira. PEDREIRA, A.- Zona de San Clodio entre as rúas A. Pedrosa e A Paz caracterizada pola abundancia de cantos rodados removidos polos traballos da minería do ouro na época do Imperio e modernamente polos traballos agrícolas. PENACERDEIRA, MONTES DE.- Na ladeira do Cerengo, por riba de As Portas, recibe este nome unha zona definida pola presenza dunha pena rodeada de cerdeiras bravas propagadas pola acción das aves. PENA DE AS VENTÁS.- Por riba de Penacerdeira aparece esta formación de rochas de cuarcita con nome alusivo á súa disposición a xeito de ventás. PENA DO CASTRO.- Lugar por riba de Piñeira onde hai unha antena de telefonía móbil. Alude á situación da pena sobre un primitivo castro alí existente. PENA DA CORNA.- De tamaño destacado esta pena está a uns cincuenta metros da Pombeira do Tesouro. O seu nome pode facer referencia á súa forma de pico, corna ou corno. Pero posiblemente a orixe estea na raíz precéltica *corn ou *carn = pedra. Con certa semellanza a Pedriñal do Coedo. PENA DO FERRO.- Lugar por Por Manuel Fco. Cao debaixo de A Ferreirúa e de A Filgueira. Relaciónase coa explotación de mineral de ferro alí existente e que se elaboraba na vella ferrería. PENA DOS FIGOS.- A pena con este nome aflora tamén na ladeira do Cerengo a unha altitude na que o frío imposibilitaría a presenza de figueiras. É probable a existencia de restos destes froitos levados por animais, aves, raposos, ben para o seu consumo e o das súas crías e a posterior defecación seguida da temporal xerminación das sementes. Por iso o nome. PENADOLA.- Sinalefa de Pena da Ola, da nome a un tramo do río Sil xusto por baixo do encoro de Sequeiros e por onde o ferrocarril pasa por unha ponte que leva ese mesmo nome: Ponte da Penadola. PENAS DOS CUBETOS.- Agrupación de penas que, antes de cruzar o regato de A Teixeira, se sitúan por riba da estrada de A Moá sendo visibles dende San Clodio. Os cubetos son unha clara alusión á forma desas rochas de cuarcita. PENAS DA TEIXEIRA.- Situadas arredor do nacemento do regato de A Teixeira, lugar no que hai teixos (árbores), e que serven de referencia de límites e lindeiros. PENATALLADA.- Lugar do vello camiño entre Torbeo e A Cubela onde para atravesar o filón rochoso foi preciso rompelo, tallalo, cunha gran fenda. Seguro que quedan moitos máis e como xa se dixo noutros números de Anduriña: ¡Ánimo! A recuperalos. TOPONIMIA