1. Cada ano no mes de
xuño, a Real Academia
Galega elixe o autor ou
autora a quen se lle
dedicará ao ano seguinte o
Día das Letras Galegas. O
egrexio personaxe debe
cumprir co requisito de
cumprirse dez anos dende
o seu pasamento.
O vindeiro dia 17 de maio
será dedicado a loubar a
figura de Roberto Vidal
Bolaño.
O autor naceu en Santiago
de Compostela en 1950, e
faleceu en 2002 , na
mesma cidade. Un cancro
de pulmón arrebatoulle a
vida aos 52 anos de idade.
Deixou a banca para
facerse un personaxe do
teatro e para o teatro; de
feito fixo todo tipo de
actividade relacionada ca
dramaturxia: foi iluminador ,
actor, escenógrafo, director
e autor.
A súa obra destaca
principalmente no campo
dramático.
É considerado como a
candea necesaria, non só
na literatura galega senón
na dramaturxia europea.
Na súa obra mostra a
inquietude de harmonizar
as tradicións populares cas
novidades experimentais.
Foi un fundamento
importante para o teatro
nacional galego. Un fito
para o teatro galego.
Ribadavia foi moitas veces
a cidade que acolleu con
agrado as Mostras de
Teatro Abrente . Foi moi
destacado a súa relación e
a puxanza que lle deu o
Centro Dramático Galego.
Comezou a súa andadura
en 1974 co grupo Antroido.
Ao ano seguinte foi
cofundador do grupo
Abrente, e máis tarde dirixe
o Centro Dramático Galego.
Tamén dirixiu a produtora
Olimpus Comunicación.
Participou en series
televisivas e películas de
cine.
Recibiu varios premios de
teatro e audiovisuais: María
Casares e Chano Piñeiro. O
Max de teatro español pola
súa obra Criaturas
Escribiu numerosas obras
teatrais como por exemplo
Laudamuco, Señor de
Ningures, Bailadela da
morte ditosa, Agasallo de
Sombras, Días sen Gloria,
Saxo Tenor, As Actas
Escuras, Rastros, O Día
que os chífanos deixaron
de Zoar.
Tamén xerou obra
ensaística: Perspectivas
do Teatro Galego Actual,
publicada no ano 2002.
Fixo adaptacións teatrais de
obras de Méndez Ferrín e
recibiu a Medalla de ouro
da cidade de Valladolid.
+info:http://www.diadasletrasgalegas.com/
ROBERTO VIDAL BOLAÑO
LETRAS GALEGAS 2013