SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
Download to read offline
1     BASES PARA O ESTABLECEMENTO DO DIÁLOGO COAS FORZAS POLÍTICAS QUE
 2                                          INTEGRAN O BNG.
 3
 40. INTRODUCIÓN.
 5
 6        Para poder comprender a necesidade de establecer vías para o diálogo cos outros
 7partidos, forzas, correntes ou “sensibilidades” do Bloque Nacionalista Galego (BNG) cómpre ter en
 8consideración unha serie de premisas básicas.
 9
10a) O diálogo como parte da cultura política de Esquerda Nacionalista.
11
12        Un dos elementos que sempre ten caracterizado a Esquerda Nacionalista (EN), asi como á
13súa propia militancia, é a súa predisposición ao diálogo, até tal punto que fai parte da nosa propia
14cultura política.
15        Resulta evidente que calquer forza política con vontade de participar nun foro, nunha
16comunidade, nun espazo social, ten que utilizar o recurso da interlocución, tanto coas persoas que
17pretende defender, como ante o resto dos axentes cos que debe participar no xogo democrático.
18        A nosa práctica histórica tennos presentado como unha forza capacitada para chegar a
19entendementos en beneficio do BNG e do propio País. Velaí que mesmo hoxe podemos afirmar
20que Anxo Quintana alcanzou a Portavocía Nacional froito dun exercio de interlocución e acordo,
21previa á XI Asemblea Nacional do BNG. Tamén é de xustiza lembrar que o Partido ten participado
22en conversas que derivaron en resultados pouco ou nada satisfactorios (por exemplo, na X
23Asemblea Nacional do BNG, con propio Xosé Manuel Beiras; na ruptura unilateral da interlocución
24co Partido por parte do actual Portavoz Nacional após a entrada do BNG no Governo galego; ou
25na XII Asemblea Nacional co Encontro Irmandiño).
26        Porén, o feito de non alcanzar os obxectivos fixados non invalida de seu o método
27empregado para tentar de alcanzar eses obxectivos. Se unha forza política non obtén os
28resultados desexados nun proceso electoral non conclúe que non deba volver a presentarse a
29outras eleccións, senón que analisa as causas que o levaron a ter malos resultados.
30
31Conclusión:
32        Diálogo e democracia son dous elementos asociados, e Esquerda Nacionalista como
33Partido Democrático por definición non pode desperdiciar a principal ferramenta que ten unha
34forza política: a interlocución. O feito de que en algunha ocasión o uso do instrumento que supón
35o diálogo non aporte o resultado desexado, non invalida o diálogo como instrumento de actuación
36política.
37
38b) Que o BNG está organizado coma unha fronte.
39
40        Desde os seus inicios, o BNG configurouse coma unha asociación política atípica,
41adoptando un modelo frontista un tanto particular, no que é posíbel a dupla militancia ou a
42mlitancia única no propio BNG. Co paso do tempo, e a necesidade de que todo o protagonismo
43político partidario recaera no BNG, fixo que a maior parte da filiación nacionalista estea adscrita
44única e exclusivamente ao BNG.
45        Este modelo organizativo conduce a unha situación na que a realidade interna é manexada
46en dous planos altamente ligados: por unha banda, a estrutura formal do propio BNG; e por outro
47lado, a estrutura informal do marco relacional que xeran os propios partidos, colectivos e axentes
48do BNG. É precisamente neste segundo plano no que se formulan acordos e se toman decisións
49que afectan de forma clara e directa ás que supostamente se adoptan na estrutura formal. Mesmo
50algúns analistas políticos teñen concluido que o frontismo do BNG tense deturpado por un
51asemblearismo difuminado no o que o verdadeiro protagonismo na toma de decisións radica nos
52partidos e colectivos do BNG. A diferenza doutros períodos, tanto na estrutura formal como
53informal do BNG constátase que os partidos, colectivos e axentes internos do BNG xa non xogan
54sós senón de forma agremiada, tal como o ratifica a aparición de agrupamentos como A
55Alternativa e o Encontro Irmandiño. Esta nova realidade, ao igual que a experiencia do
56desaparecido Movimento dos Non Adscritos ou o novo Movemento pola Base veñen a reafirmar a
57importancia de dotarse dunha estrutura válida para xogar un papel como interlocutor no interior da

 1                                                                                                  1
1Fronte. O recoñecemento dunha realidade desta natureza implica apostar decidamente por un
 2diálogo plural, orientado a todas e cada unha das partes integrantes do BNG, independentemente
 3das afinidades ideolóxicas, e das posibilidades de alcanzar acordos de maior ou menor
 4magnitude.
 5
 6Conclusión:
 7        Nunha supraorganización política, a menor capacidade de diálogo, menor capacidade de
 8incidencia na toma de decisións. Consecuentemente, menor peso político. Ao mesmo tempo,
 9dada a natureza plural da superestrutura política, o diálogo debe ser orientado a todas e cada
10unha das partes que a integran.
11
12c) O BNG vive nun novo contexto no que os equilibrios de forzas son cada vez máis
13inestábeis.
14
15        Desde que na X Asemblea Nacional do BNG, Anxo Quintana enunciou a máxima de “máis
16BNG e menos partes”, a dinámica interna foi na dirección exactamente contraria. Este fenómeno
17ven dado por que cada vez está máis internalizada entre a militancia do BNG a idea de que hai
18que organizarse, formal ou informalmente, para poder ter peso na toma de decisións. Así
19observamos como aos partidos e colectivos xa clásicos no BNG (UPG, EN, PNG-PG, Inzar,
20Colectivo Socialista) estanse a engadir outros proxectos novos (MpB e o EI).
21
22        Ao mesmo tempo, constátase que parte do fracaso do colectivo de Non Adscritos tiña na
23súa orixe a non resolución do debate a respecto de dotarse dunha estrutura organizada máis
24sólida o que permitiu que se acabase diluíndo entre as súas proprias contradicións para acabar
25sendo fagocitado polo núcleo dirixente coa captación da súa cabeza visíbel. Nunha liña
26semellante, a tentativa de UG de abranxer un abano de apoio máis amplo a partir da súa
27disolución, artellándose cunha estrutura máis difusa tivo por resposta a liquidación do seu
28proxecto político.
29        A mediados do ano 2005 o BNG consigue participar por primeira vez no goberno galego.
30E, ao igual que en moitas otras forzas políticas que viviron experiencias de goberno, aparece no
31BNG un grupo asentado en torno ao poder institucional. Se ben é certo que este colectivo,
32chamado por algúns como quintanismo ou quinismo, non goza dun artellamento claro, non menos
33certo é que a súa organización está apousada ou pode apousentarse na propia estrutura
34institucional.
35        Este sector do actual núcleo dirixente do BNG está composto fundamentalmente por
36persoas de moi diversa orixe coesionados polo poder institucional. A este sector, integrado
37inicialmente polo tradicional colectivo de militantes independentes oficialistas e ex-membros de
38UG, sumáronse a partir da asunción das responsabilidades gobernativas Inzar, PNG-PG e os
39elementos de menos ética cooptados do Movimento dos Non Adscritos e do Beirismo.
40        No plano ideolóxico-político o quintanismo non ten un modelo de sociedade confundindo as
41máis das veces a modulación do discurso coa prática ocultación dos postulados caracterizadores
42do nacionalismo (desleixo pola reclamación do dereito de autodeterminación, pusilanimidade na
43defensa do idioma galego,...). No plano organizativo o seu modelo é o dunha organización dirixida
44por unhas elites que están na administración no que as pautas organizativas son impostas desde
45o plano institucional, na imposición dunha lideranza carismática e na superación do modelo
46frentista.
47        Na medida en que sobre este sector recai a responsabilidade da Portavocía Nacional, este
48en vez de exercer unha lideranza integradora (a súa privilexiada posición permitiríalle unha
49interlocución co resto de axentes do BNG), persiste na marxinalización da militancia máis crítica
50co poder.
51
52        Coa presentación deste escenario constátase: a aparición dun maior número de axentes
53para a negociación; un maior número de posibilidades á hora de formular acordos con distintos
54axentes; unha perda relativa de peso dos partidos políticos existentes con anterioridade; e a
55entrada en xogo da variábel goberno que resta peso á variábel organizativa.
56        Por outra banda, o duro golpe dado ao asemblearismo na última Asemblea Nacional, no
57que se acordou que a vindeira sería celebrada por delegados, incrementa a importancia de estar

 12
1organizado, dalgún xeito, para poder escoller as futuras liñas de actuación política e organizativa
 2do BNG, así como para decidir os órganos de dirección do BNG. Evidentemente quen goce dunha
 3estrutura de ámbito nacional disporá de máis facilidades á hora de constituirse en interlocutor nun
 4proceso asemblear.
 5
 6Conclusión:
 7
 8        O feito de que cada vez haxa máis axentes no campo de xogo do BNG dota dunha maior
 9validez ao diálogo como instrumento político. Quen non participe do diálogo axentes do BNG
10corre o risco de ficar fóra, ou minimizar a súa presenza, dos planos institucionais e organizativos
11do BNG.
12
13d) O deber de Esquerda Nacionalista de buscar a centralidade do espazo político no ámbito
14do BNG.
15
16        Se se debuxa un esquema na que se asocie a cada unha das partes integrantes do BNG e
17a súa ubicación ideolóxica, EN ocupa a centralidade do espazo político-ideolóxico na Fronte. Este
18posicionamento no microsistema político do BNG (que non responde a variábeis aritméticas nen
19topolóxicas) conquistouse coa coerencia da nosa teoría e praxi política coa que nos temos dotado
20(e que nos ten convertido en “non gratos” aos ollos do núcleo dirixente) afortalarase na medida en
21que manteñamos capacidade de traballo persoal e colectivo, a entrega desinteresada, o
22compromiso co proxecto nacionalista e o pouco apego que temos a figurar ou acadar postos
23dentro do BNG. Pola contra, a adopción de maneira súbita de posturas contraditorias, lonxe de
24nos afortalar como Partido, pode contribuír a reforzar as posicións, á vista da maioría de militancia
25independente do BNG, dos que pratican unha exclusión sistemática contra o noso proxecto.
26
27        Aos quince anos da súa fundación, a lonxevidade de EN non pode estar en dúbida en
28función da conxuntura derivada dunha determinada correlación de forzas existente ou de
29posicións de poder institucional alcanzado por un sector como o quintanismo ou quinismo nun
30momento determinado. De ter sido así, tal como agoiraban, o noso proxecto tería sucumbido en
31circunstancias obxectivamente máis difíceis. Máis aínda, lonxe de garantir a existencia como
32espazo propio, a experiencia dos últimos tempos ten posto en evidencia como movimentos que
33chegaron a supor certo revulsivo en moitos sectores do nacionalismo acabaron sendo fagocitados
34silenciosamente despois de estes teren adoptado dinámicas de colaboración co quintanismo.
35        A nosa capacidade para o diálogo derivada do noso posicionamento neste microsistema
36político debe ser utilizada para sacarlle ao quintanismo as súas contradicións derivadas de ter
37escollido á UPG como aliado interno.
38
39
40Conclusión:
41
42        A posición central de EN no esquema político-ideolóxico do BNG debería facilitar a
43interlocución coa totalidade dos axentes que participan no BNG. Isto, á súa vez, incrementa ás
44probabilidades de alcanzar acordos e, consecuentemente, o peso específico do Partido no BNG
45na medida isto non supoña unha prática radicalmente contraditoria coa nosa teoría e praxi
46políticas que poña en evidencia a credibilidade do noso proxecto político .
47
48e) A febleza organizativa de Esquerda Nacionalista.
49
50        O noso Partido non está a vivir o seu mellor momento como organización. Así quedou
51reflectido do resultado das votacións da última Asemblea Nacional. Se a isto se lle engade que o
52resultado obtido correspondelle a unha plataforma que superaba os lindes de EN, a conclusión é
53que o número de persoas que apoian ao Partido non é tan alto como cabería desexar. Isto
54visualiza externamente a EN coa forza que quixéramos e, asemade, relativiza a nosa importancia
55como axente no entramado político do BNG.
56
57

 1                                                                                                   3
1Conclusión:
 2
 3A situación pola que atravesou EN na pasada Asemblea Nacional do BNG dificulta calquer
 4tentativa de demostración de forza. Xa que logo, esta circunstancia reforza a necesidade de
 5utilizar o diálogo e o acordo como ferramentas políticas.
 6
 7f) As próximas eleccións xerais, autonómicas e europeas.
 8
 9         Ao longo dos anos 2008 e 2009, o BNG vai ter que enfrontar procesos electorais de vital
10importancia. Estas eleccións deberán estar asociadas á configuración dun grupo parlamentar
11propio no Congreso dos Deputados; a ter capacidade para condicionar a acción do goberno do
12Estado; a incrementar a presenza do BNG no parlamento galego e gañar máis peso no Goberno
13de Galiza; e por último, a recuperar a presenza do nacionalismo no Parlamento galego.
14         No acervo político de EN sempre estivo a acción institucional como unha das principais
15formas de facer política. Ao mesmo tempo, un partido cunha maior presenza no terreo insitucional
16pode dispoñer dun maior número de referentes externos e, polo tanto, dotarse dun atractivo maior
17á hotra de aumentar a militancia do Partido. Velaí que o Partido sempre reclame a súa
18participación neste ámbito.
19         Resulta evidente que a existencia de diálogo cos principais axentes do BNG podería
20facilitar a presenza de EN nestes espazos de acción política. Dado que os primeiros comicios cos
21que se vai enfrontar o nacionalismo van ser en maio de 2008, sería necesario poder ter acordado
22o contido e a metodoloxía para o debate antes de que remate o mes de ocutubro de 2007.
23
24Conclusión:
25
26         EN debe utilizar o diálogo de forma imediata na orientación de alcanzar acordos que
27faciliten incrementar a súa presenza no ámbito insitucional saínte dos vindeiros procesos
28electorais.
29
301. A ALTERNATIVA
31         A Alternativa, após os chamados realizados polo Partido desde a III Asemblea Nacional na
32estratexia de artellar espazos de acción política unitaria entre os segmentos do socialismo
33democrático galego, constitúe a primeira concreción desa articulación ao redor dese proxecto
34ideolóxico e político no seo do BNG.
35         A apresentación dunha candidatura na última Asemblea Nacional do BNG constituiu a
36primeira acción unitaria desta alianza estratéxica. O Partido tivo un papel fundamental, pois coa
37súa capacidade organizativa contribuíu a que esta experiencia tivese carácter nacional. Nesa
38candidatura converxeron dúas correntes históricas do socialismo galego: o noso Partido como
39única expresión organizada do socialismo galego, militantes da cultura política de Esquerda
40Galega ao tempo que outras persoas cercanas.
41         No proceso comarcal da Asemblea Nacional A Alternativa demonstrou a súa capacidade
42de interlocución con outros axentes do BNG e de incidencia ao conseguir trabar acordos co
43Encontro Irmandiño e outros militantes independentes que fixeron duplicar a representación obtida
44nas xornadas da XII Asemblea Nacional. Con 11 representantes (10,6%) no Consello Nacional, A
45Alternativa é o terceiro grupo dese organismo de dirección despois da UPG-Quintanistas e o
46Encontro Irmandiño.
47
48         Porén, apesar de existir un elevado grado de sintonía, é necesario realizar unha reflexión
49sobre a relación mantida para con eles desde a pasada Asemblea Nacional. Até o de agora, a
50acción conxunta con este grupo a nivel nacional fica ligada a reunións pouco antes do Consello
51Nacional, co obxectivo de manter unha resposta conxunta neste órgano. Esta dinámica, para alén
52de ser necesaria é de todo punto insuficiente, máis tendo en conta o obxectivo que Esquerda
53Nacionalista se marcara ao inicio do proceso de configuración da Alternativa.
54
55         Probablemente, unha das causas que limitaron as posibilidades dunha maior actuación
56política e organizativa conxunta fora o mal resultado en número de votos obtido na Asemblea
57Nacional.

 14
1
 2       Liñas de actuación prioritarias:
 3
 41ª. ANÁLISE DE SITUACIÓN:
 5EN iniciará de imediato (Outubro-Novembro, co horizonte da comemoración do XV aniversario)
 6conversas coa Alternativa na liña de revitalizar e/ou reorientar o proxecto.
 7
 8Obxectivo:
 9    • Avaliar a actividade desenvolvida até o de agora e examinar as posibilidades de ampliar o
10       abano de actuacións conxuntas máis alá do rebufo das convocatorias do Consello
11       Nacional.
12
13Proposta:
14    • Avaliación e seguimento da axenda política do BNG (análise dos resultados dos dous anos
15       de goberno do nacionalismo na Xunta).
16
17
18
192ª. ESTRUTURACIÓN ORGÁNICA:
20Obxectivo:
21 • Dotar á Alternativa dunha estruturación orgánica como garantía do seu carácter estrutural
22       e na salvaguarda da súa unidade de acción.
23
24Propostas:
25 1. Constitución dunha sorte de Comité de enlace que permita unha acción política e
26       organizativa da Alternativa máis continuada, máis coordenada e con iniciativa propia.
27 2. Extensión destes Comités en todos os niveis internos do BNG.
28 3. Esta estruturación responderá ao principio xeral de que os membros d’A Alternativa de
29       cada órgao do BNG deberán reunirse, preparar e acordar as actuacións e propostas que
30       se fagan en cada instancia.
31
323ª DIÁLOGO CON OUTRAS PARTES DO BNG:
33Obxectivo:
34    • De cara a revitalización do proxecto, EN defenderá no seo d’A Alternativa aquelas medidas
35       que contribúan ao seu reforzamento no marco do BNG.
36
37Propostas:
38    1. Reptos imediatos do nacionalismo: eleicións estatais (candidatos e programa).
39    2. Fixación da política de alianzas para a consecución dos obxectivos marcados no ponto
40       anterior.
41
42Conclusión:
43
44       EN iniciará de imediato conversas coa Alternativa na liña de revitalizar e/ou reorientar o
45proxecto.
46
47
482. AS FORZAS POLÍTICAS ÁS QUE DIRIXIRSE.
49
50       Dada a diversidade de partidos e grupos e colectivos existentes hoxendía no BNG cómpre
51discernir con clareza os grupos de forzas aos que EN debe dirixir a súa vontade de diálogo: as
52forzas emerxentes (Movemento pola Base e o Encontro Irmandiño) e as forzas maioritarias (UPG
53e o quintanismo).
54
55a) As forzas emerxentes.


 1                                                                                               5
1        Na pasada Asemblea Nacional fixeron a súa aparición dúas novas forzas internas: o
 2Encontro Irmandiño (EI) e o Movemento pola Base (MpB).
 3
 4a.1) Encontro irmandiño.
 5        O EI acaba de ter unha Asemblea constituínte no mes de xullo, co que expresan a súa
 6vontade de dotarse dun certo grado de organización. Mesmo se especula coa posibilidade de que
 7soliciten nun futuro cercano o seu recoñecemento como organización interna do BNG.
 8        O feito de que no período preasemblear tanto EN como a Alternativa mantiveran conversas
 9con eles demostra que existen reflexións e consideracións programáticas compartidas. Con todo,
10o fracaso dunha tentativa de facer unha proposta de lista conxunta para o Consello Nacional, así
11como comportamentos diferenciados nos debates da Comisión Executiva Nacional do BNG, e o
12afán de asumir o protagonismo dos seus responsábeis fan ver que a afinidade non é tan elevada
13como sería desexábel.
14
15
16a.2) Movimento Pola Base.
17        No caso do MpB a distancia atópase no plano ideóloxico, dado que a súa ubicación é a da
18estrema esquerda, reclamando a pureza de pensamento da vella UPG. Con eles podería haber,
19en algún momento, algún tipo de alianza táctica puntual.
20
21        Para ambos os dous casos o diálogo podería estar asentado sobre unha avaliación de
22resultados dos dous anos de goberno do nacionalismo na Xunta e sobre os reptos futuros do
23nacionalismo. No tocante ao EI tamén se poderían tratar cuestións relativas ás vindeiras eleccións
24xerais, tanto no plano programático como no referido aos posíbeis candidatos.
25
26
27b) As forzas maioritarias.
28        Resulta evidente que as forzas que detentan o goberno interno do BNG son a UPG e o
29quintanismo. Xa que logo, son as que toman o protagonismo e a iniciativa á hora de formular
30propostas e dirixir a acción política do nacionalismo. Á súa vez ambos os dous grupos manteñen
31unha alianza estratéxica, de difícil fenda, para alén do que podan ser desavinzas puntuais. Esta
32alianza susténtase nun pacto no que semella que o quintanismo asume maioritariamente ás
33responsabilidades do goberno autonómico, namentres que a UPG continúa sendo o principal actor
34no aparello organizativo do BNG.
35        Ambas as dúas camiñan acompañadas polo PNG-PG e por Inzar, forzas cunha moi
36limitada vida orgánica, e cunha base militante máis reducida que a nosa, e que semella que se
37apoian principalmente no quintanismo.
38
39        Se a teor da análise e da fixación da política de alianzas A Alternativa nunha primeira
40instancia opta pola estratexia de manter unha relación fluída con ambos os dous grupos, dado o
41seu notábel peso no BNG, podería contribuir a que EN e A Alternativa poda ir gañando un maior
42relevo e nutríndose dun maior número de referentes políticos-institucionais.
43
44        Así mesmo este diálogo debe ser formulado coas cautelas pertinentes, dada a experiencia
45acumulada en momentos anteriores, expresando a firmeza das nosas conviccións, pero tamén
46coa flexibilidade suficiente para que poidan chegar a bo porto. De ter un resultado aceptábel,
47estas conversas poderían gozar de continuidade no tempo de cara ás eleccións nacionais, asi
48como na liña de que se podan ir establecendo acordos tácticos na xestión nacional da vida interna
49do BNG.
50
51Conclusión
52        En segunda instancia as conversas dirixiranse co grupo de forzas aquí cualificadas de
53emerxentes.
54        Para o peche do ciclo de entrevistas, tamén se proporá a posibilidade de manter unha
55entrevista coa UPG e outra co Portavoz Nacional.



 16
1
 2
 33. INTERLOCUTORES PARA O DIÁLOGO.
 4        Co obxectivo de que estas conversas poidan ser produtivas, e dada a magnitude do
 5traballo, sería deséxabel que a Mesa Nacional, de aceitar esta proposta, delegara na Comisión
 6Executiva Nacional o desenvolvemento das mesmas.
 7        Evidentemente, o papel principal recaerá no Secretario Nacional, pero non só como
 8interlocutor. Será o propio Secretario Nacional quen para cada unha das reunións para cada un
 9dos grupos aquí mencionados determine quen representará ao Partido. De igual modo, fará
10seguimento e coordinará directamente o desenvolvemento das conversas.




 1                                                                                           7

More Related Content

Featured

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by HubspotMarius Sescu
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTExpeed Software
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsPixeldarts
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthThinkNow
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfmarketingartwork
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024Neil Kimberley
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)contently
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024Albert Qian
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsKurio // The Social Media Age(ncy)
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Search Engine Journal
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summarySpeakerHub
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Tessa Mero
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentLily Ray
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best PracticesVit Horky
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementMindGenius
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...RachelPearson36
 

Featured (20)

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPT
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 

Bases Para O Dialogo

  • 1. 1 BASES PARA O ESTABLECEMENTO DO DIÁLOGO COAS FORZAS POLÍTICAS QUE 2 INTEGRAN O BNG. 3 40. INTRODUCIÓN. 5 6 Para poder comprender a necesidade de establecer vías para o diálogo cos outros 7partidos, forzas, correntes ou “sensibilidades” do Bloque Nacionalista Galego (BNG) cómpre ter en 8consideración unha serie de premisas básicas. 9 10a) O diálogo como parte da cultura política de Esquerda Nacionalista. 11 12 Un dos elementos que sempre ten caracterizado a Esquerda Nacionalista (EN), asi como á 13súa propia militancia, é a súa predisposición ao diálogo, até tal punto que fai parte da nosa propia 14cultura política. 15 Resulta evidente que calquer forza política con vontade de participar nun foro, nunha 16comunidade, nun espazo social, ten que utilizar o recurso da interlocución, tanto coas persoas que 17pretende defender, como ante o resto dos axentes cos que debe participar no xogo democrático. 18 A nosa práctica histórica tennos presentado como unha forza capacitada para chegar a 19entendementos en beneficio do BNG e do propio País. Velaí que mesmo hoxe podemos afirmar 20que Anxo Quintana alcanzou a Portavocía Nacional froito dun exercio de interlocución e acordo, 21previa á XI Asemblea Nacional do BNG. Tamén é de xustiza lembrar que o Partido ten participado 22en conversas que derivaron en resultados pouco ou nada satisfactorios (por exemplo, na X 23Asemblea Nacional do BNG, con propio Xosé Manuel Beiras; na ruptura unilateral da interlocución 24co Partido por parte do actual Portavoz Nacional após a entrada do BNG no Governo galego; ou 25na XII Asemblea Nacional co Encontro Irmandiño). 26 Porén, o feito de non alcanzar os obxectivos fixados non invalida de seu o método 27empregado para tentar de alcanzar eses obxectivos. Se unha forza política non obtén os 28resultados desexados nun proceso electoral non conclúe que non deba volver a presentarse a 29outras eleccións, senón que analisa as causas que o levaron a ter malos resultados. 30 31Conclusión: 32 Diálogo e democracia son dous elementos asociados, e Esquerda Nacionalista como 33Partido Democrático por definición non pode desperdiciar a principal ferramenta que ten unha 34forza política: a interlocución. O feito de que en algunha ocasión o uso do instrumento que supón 35o diálogo non aporte o resultado desexado, non invalida o diálogo como instrumento de actuación 36política. 37 38b) Que o BNG está organizado coma unha fronte. 39 40 Desde os seus inicios, o BNG configurouse coma unha asociación política atípica, 41adoptando un modelo frontista un tanto particular, no que é posíbel a dupla militancia ou a 42mlitancia única no propio BNG. Co paso do tempo, e a necesidade de que todo o protagonismo 43político partidario recaera no BNG, fixo que a maior parte da filiación nacionalista estea adscrita 44única e exclusivamente ao BNG. 45 Este modelo organizativo conduce a unha situación na que a realidade interna é manexada 46en dous planos altamente ligados: por unha banda, a estrutura formal do propio BNG; e por outro 47lado, a estrutura informal do marco relacional que xeran os propios partidos, colectivos e axentes 48do BNG. É precisamente neste segundo plano no que se formulan acordos e se toman decisións 49que afectan de forma clara e directa ás que supostamente se adoptan na estrutura formal. Mesmo 50algúns analistas políticos teñen concluido que o frontismo do BNG tense deturpado por un 51asemblearismo difuminado no o que o verdadeiro protagonismo na toma de decisións radica nos 52partidos e colectivos do BNG. A diferenza doutros períodos, tanto na estrutura formal como 53informal do BNG constátase que os partidos, colectivos e axentes internos do BNG xa non xogan 54sós senón de forma agremiada, tal como o ratifica a aparición de agrupamentos como A 55Alternativa e o Encontro Irmandiño. Esta nova realidade, ao igual que a experiencia do 56desaparecido Movimento dos Non Adscritos ou o novo Movemento pola Base veñen a reafirmar a 57importancia de dotarse dunha estrutura válida para xogar un papel como interlocutor no interior da 1 1
  • 2. 1Fronte. O recoñecemento dunha realidade desta natureza implica apostar decidamente por un 2diálogo plural, orientado a todas e cada unha das partes integrantes do BNG, independentemente 3das afinidades ideolóxicas, e das posibilidades de alcanzar acordos de maior ou menor 4magnitude. 5 6Conclusión: 7 Nunha supraorganización política, a menor capacidade de diálogo, menor capacidade de 8incidencia na toma de decisións. Consecuentemente, menor peso político. Ao mesmo tempo, 9dada a natureza plural da superestrutura política, o diálogo debe ser orientado a todas e cada 10unha das partes que a integran. 11 12c) O BNG vive nun novo contexto no que os equilibrios de forzas son cada vez máis 13inestábeis. 14 15 Desde que na X Asemblea Nacional do BNG, Anxo Quintana enunciou a máxima de “máis 16BNG e menos partes”, a dinámica interna foi na dirección exactamente contraria. Este fenómeno 17ven dado por que cada vez está máis internalizada entre a militancia do BNG a idea de que hai 18que organizarse, formal ou informalmente, para poder ter peso na toma de decisións. Así 19observamos como aos partidos e colectivos xa clásicos no BNG (UPG, EN, PNG-PG, Inzar, 20Colectivo Socialista) estanse a engadir outros proxectos novos (MpB e o EI). 21 22 Ao mesmo tempo, constátase que parte do fracaso do colectivo de Non Adscritos tiña na 23súa orixe a non resolución do debate a respecto de dotarse dunha estrutura organizada máis 24sólida o que permitiu que se acabase diluíndo entre as súas proprias contradicións para acabar 25sendo fagocitado polo núcleo dirixente coa captación da súa cabeza visíbel. Nunha liña 26semellante, a tentativa de UG de abranxer un abano de apoio máis amplo a partir da súa 27disolución, artellándose cunha estrutura máis difusa tivo por resposta a liquidación do seu 28proxecto político. 29 A mediados do ano 2005 o BNG consigue participar por primeira vez no goberno galego. 30E, ao igual que en moitas otras forzas políticas que viviron experiencias de goberno, aparece no 31BNG un grupo asentado en torno ao poder institucional. Se ben é certo que este colectivo, 32chamado por algúns como quintanismo ou quinismo, non goza dun artellamento claro, non menos 33certo é que a súa organización está apousada ou pode apousentarse na propia estrutura 34institucional. 35 Este sector do actual núcleo dirixente do BNG está composto fundamentalmente por 36persoas de moi diversa orixe coesionados polo poder institucional. A este sector, integrado 37inicialmente polo tradicional colectivo de militantes independentes oficialistas e ex-membros de 38UG, sumáronse a partir da asunción das responsabilidades gobernativas Inzar, PNG-PG e os 39elementos de menos ética cooptados do Movimento dos Non Adscritos e do Beirismo. 40 No plano ideolóxico-político o quintanismo non ten un modelo de sociedade confundindo as 41máis das veces a modulación do discurso coa prática ocultación dos postulados caracterizadores 42do nacionalismo (desleixo pola reclamación do dereito de autodeterminación, pusilanimidade na 43defensa do idioma galego,...). No plano organizativo o seu modelo é o dunha organización dirixida 44por unhas elites que están na administración no que as pautas organizativas son impostas desde 45o plano institucional, na imposición dunha lideranza carismática e na superación do modelo 46frentista. 47 Na medida en que sobre este sector recai a responsabilidade da Portavocía Nacional, este 48en vez de exercer unha lideranza integradora (a súa privilexiada posición permitiríalle unha 49interlocución co resto de axentes do BNG), persiste na marxinalización da militancia máis crítica 50co poder. 51 52 Coa presentación deste escenario constátase: a aparición dun maior número de axentes 53para a negociación; un maior número de posibilidades á hora de formular acordos con distintos 54axentes; unha perda relativa de peso dos partidos políticos existentes con anterioridade; e a 55entrada en xogo da variábel goberno que resta peso á variábel organizativa. 56 Por outra banda, o duro golpe dado ao asemblearismo na última Asemblea Nacional, no 57que se acordou que a vindeira sería celebrada por delegados, incrementa a importancia de estar 12
  • 3. 1organizado, dalgún xeito, para poder escoller as futuras liñas de actuación política e organizativa 2do BNG, así como para decidir os órganos de dirección do BNG. Evidentemente quen goce dunha 3estrutura de ámbito nacional disporá de máis facilidades á hora de constituirse en interlocutor nun 4proceso asemblear. 5 6Conclusión: 7 8 O feito de que cada vez haxa máis axentes no campo de xogo do BNG dota dunha maior 9validez ao diálogo como instrumento político. Quen non participe do diálogo axentes do BNG 10corre o risco de ficar fóra, ou minimizar a súa presenza, dos planos institucionais e organizativos 11do BNG. 12 13d) O deber de Esquerda Nacionalista de buscar a centralidade do espazo político no ámbito 14do BNG. 15 16 Se se debuxa un esquema na que se asocie a cada unha das partes integrantes do BNG e 17a súa ubicación ideolóxica, EN ocupa a centralidade do espazo político-ideolóxico na Fronte. Este 18posicionamento no microsistema político do BNG (que non responde a variábeis aritméticas nen 19topolóxicas) conquistouse coa coerencia da nosa teoría e praxi política coa que nos temos dotado 20(e que nos ten convertido en “non gratos” aos ollos do núcleo dirixente) afortalarase na medida en 21que manteñamos capacidade de traballo persoal e colectivo, a entrega desinteresada, o 22compromiso co proxecto nacionalista e o pouco apego que temos a figurar ou acadar postos 23dentro do BNG. Pola contra, a adopción de maneira súbita de posturas contraditorias, lonxe de 24nos afortalar como Partido, pode contribuír a reforzar as posicións, á vista da maioría de militancia 25independente do BNG, dos que pratican unha exclusión sistemática contra o noso proxecto. 26 27 Aos quince anos da súa fundación, a lonxevidade de EN non pode estar en dúbida en 28función da conxuntura derivada dunha determinada correlación de forzas existente ou de 29posicións de poder institucional alcanzado por un sector como o quintanismo ou quinismo nun 30momento determinado. De ter sido así, tal como agoiraban, o noso proxecto tería sucumbido en 31circunstancias obxectivamente máis difíceis. Máis aínda, lonxe de garantir a existencia como 32espazo propio, a experiencia dos últimos tempos ten posto en evidencia como movimentos que 33chegaron a supor certo revulsivo en moitos sectores do nacionalismo acabaron sendo fagocitados 34silenciosamente despois de estes teren adoptado dinámicas de colaboración co quintanismo. 35 A nosa capacidade para o diálogo derivada do noso posicionamento neste microsistema 36político debe ser utilizada para sacarlle ao quintanismo as súas contradicións derivadas de ter 37escollido á UPG como aliado interno. 38 39 40Conclusión: 41 42 A posición central de EN no esquema político-ideolóxico do BNG debería facilitar a 43interlocución coa totalidade dos axentes que participan no BNG. Isto, á súa vez, incrementa ás 44probabilidades de alcanzar acordos e, consecuentemente, o peso específico do Partido no BNG 45na medida isto non supoña unha prática radicalmente contraditoria coa nosa teoría e praxi 46políticas que poña en evidencia a credibilidade do noso proxecto político . 47 48e) A febleza organizativa de Esquerda Nacionalista. 49 50 O noso Partido non está a vivir o seu mellor momento como organización. Así quedou 51reflectido do resultado das votacións da última Asemblea Nacional. Se a isto se lle engade que o 52resultado obtido correspondelle a unha plataforma que superaba os lindes de EN, a conclusión é 53que o número de persoas que apoian ao Partido non é tan alto como cabería desexar. Isto 54visualiza externamente a EN coa forza que quixéramos e, asemade, relativiza a nosa importancia 55como axente no entramado político do BNG. 56 57 1 3
  • 4. 1Conclusión: 2 3A situación pola que atravesou EN na pasada Asemblea Nacional do BNG dificulta calquer 4tentativa de demostración de forza. Xa que logo, esta circunstancia reforza a necesidade de 5utilizar o diálogo e o acordo como ferramentas políticas. 6 7f) As próximas eleccións xerais, autonómicas e europeas. 8 9 Ao longo dos anos 2008 e 2009, o BNG vai ter que enfrontar procesos electorais de vital 10importancia. Estas eleccións deberán estar asociadas á configuración dun grupo parlamentar 11propio no Congreso dos Deputados; a ter capacidade para condicionar a acción do goberno do 12Estado; a incrementar a presenza do BNG no parlamento galego e gañar máis peso no Goberno 13de Galiza; e por último, a recuperar a presenza do nacionalismo no Parlamento galego. 14 No acervo político de EN sempre estivo a acción institucional como unha das principais 15formas de facer política. Ao mesmo tempo, un partido cunha maior presenza no terreo insitucional 16pode dispoñer dun maior número de referentes externos e, polo tanto, dotarse dun atractivo maior 17á hotra de aumentar a militancia do Partido. Velaí que o Partido sempre reclame a súa 18participación neste ámbito. 19 Resulta evidente que a existencia de diálogo cos principais axentes do BNG podería 20facilitar a presenza de EN nestes espazos de acción política. Dado que os primeiros comicios cos 21que se vai enfrontar o nacionalismo van ser en maio de 2008, sería necesario poder ter acordado 22o contido e a metodoloxía para o debate antes de que remate o mes de ocutubro de 2007. 23 24Conclusión: 25 26 EN debe utilizar o diálogo de forma imediata na orientación de alcanzar acordos que 27faciliten incrementar a súa presenza no ámbito insitucional saínte dos vindeiros procesos 28electorais. 29 301. A ALTERNATIVA 31 A Alternativa, após os chamados realizados polo Partido desde a III Asemblea Nacional na 32estratexia de artellar espazos de acción política unitaria entre os segmentos do socialismo 33democrático galego, constitúe a primeira concreción desa articulación ao redor dese proxecto 34ideolóxico e político no seo do BNG. 35 A apresentación dunha candidatura na última Asemblea Nacional do BNG constituiu a 36primeira acción unitaria desta alianza estratéxica. O Partido tivo un papel fundamental, pois coa 37súa capacidade organizativa contribuíu a que esta experiencia tivese carácter nacional. Nesa 38candidatura converxeron dúas correntes históricas do socialismo galego: o noso Partido como 39única expresión organizada do socialismo galego, militantes da cultura política de Esquerda 40Galega ao tempo que outras persoas cercanas. 41 No proceso comarcal da Asemblea Nacional A Alternativa demonstrou a súa capacidade 42de interlocución con outros axentes do BNG e de incidencia ao conseguir trabar acordos co 43Encontro Irmandiño e outros militantes independentes que fixeron duplicar a representación obtida 44nas xornadas da XII Asemblea Nacional. Con 11 representantes (10,6%) no Consello Nacional, A 45Alternativa é o terceiro grupo dese organismo de dirección despois da UPG-Quintanistas e o 46Encontro Irmandiño. 47 48 Porén, apesar de existir un elevado grado de sintonía, é necesario realizar unha reflexión 49sobre a relación mantida para con eles desde a pasada Asemblea Nacional. Até o de agora, a 50acción conxunta con este grupo a nivel nacional fica ligada a reunións pouco antes do Consello 51Nacional, co obxectivo de manter unha resposta conxunta neste órgano. Esta dinámica, para alén 52de ser necesaria é de todo punto insuficiente, máis tendo en conta o obxectivo que Esquerda 53Nacionalista se marcara ao inicio do proceso de configuración da Alternativa. 54 55 Probablemente, unha das causas que limitaron as posibilidades dunha maior actuación 56política e organizativa conxunta fora o mal resultado en número de votos obtido na Asemblea 57Nacional. 14
  • 5. 1 2 Liñas de actuación prioritarias: 3 41ª. ANÁLISE DE SITUACIÓN: 5EN iniciará de imediato (Outubro-Novembro, co horizonte da comemoración do XV aniversario) 6conversas coa Alternativa na liña de revitalizar e/ou reorientar o proxecto. 7 8Obxectivo: 9 • Avaliar a actividade desenvolvida até o de agora e examinar as posibilidades de ampliar o 10 abano de actuacións conxuntas máis alá do rebufo das convocatorias do Consello 11 Nacional. 12 13Proposta: 14 • Avaliación e seguimento da axenda política do BNG (análise dos resultados dos dous anos 15 de goberno do nacionalismo na Xunta). 16 17 18 192ª. ESTRUTURACIÓN ORGÁNICA: 20Obxectivo: 21 • Dotar á Alternativa dunha estruturación orgánica como garantía do seu carácter estrutural 22 e na salvaguarda da súa unidade de acción. 23 24Propostas: 25 1. Constitución dunha sorte de Comité de enlace que permita unha acción política e 26 organizativa da Alternativa máis continuada, máis coordenada e con iniciativa propia. 27 2. Extensión destes Comités en todos os niveis internos do BNG. 28 3. Esta estruturación responderá ao principio xeral de que os membros d’A Alternativa de 29 cada órgao do BNG deberán reunirse, preparar e acordar as actuacións e propostas que 30 se fagan en cada instancia. 31 323ª DIÁLOGO CON OUTRAS PARTES DO BNG: 33Obxectivo: 34 • De cara a revitalización do proxecto, EN defenderá no seo d’A Alternativa aquelas medidas 35 que contribúan ao seu reforzamento no marco do BNG. 36 37Propostas: 38 1. Reptos imediatos do nacionalismo: eleicións estatais (candidatos e programa). 39 2. Fixación da política de alianzas para a consecución dos obxectivos marcados no ponto 40 anterior. 41 42Conclusión: 43 44 EN iniciará de imediato conversas coa Alternativa na liña de revitalizar e/ou reorientar o 45proxecto. 46 47 482. AS FORZAS POLÍTICAS ÁS QUE DIRIXIRSE. 49 50 Dada a diversidade de partidos e grupos e colectivos existentes hoxendía no BNG cómpre 51discernir con clareza os grupos de forzas aos que EN debe dirixir a súa vontade de diálogo: as 52forzas emerxentes (Movemento pola Base e o Encontro Irmandiño) e as forzas maioritarias (UPG 53e o quintanismo). 54 55a) As forzas emerxentes. 1 5
  • 6. 1 Na pasada Asemblea Nacional fixeron a súa aparición dúas novas forzas internas: o 2Encontro Irmandiño (EI) e o Movemento pola Base (MpB). 3 4a.1) Encontro irmandiño. 5 O EI acaba de ter unha Asemblea constituínte no mes de xullo, co que expresan a súa 6vontade de dotarse dun certo grado de organización. Mesmo se especula coa posibilidade de que 7soliciten nun futuro cercano o seu recoñecemento como organización interna do BNG. 8 O feito de que no período preasemblear tanto EN como a Alternativa mantiveran conversas 9con eles demostra que existen reflexións e consideracións programáticas compartidas. Con todo, 10o fracaso dunha tentativa de facer unha proposta de lista conxunta para o Consello Nacional, así 11como comportamentos diferenciados nos debates da Comisión Executiva Nacional do BNG, e o 12afán de asumir o protagonismo dos seus responsábeis fan ver que a afinidade non é tan elevada 13como sería desexábel. 14 15 16a.2) Movimento Pola Base. 17 No caso do MpB a distancia atópase no plano ideóloxico, dado que a súa ubicación é a da 18estrema esquerda, reclamando a pureza de pensamento da vella UPG. Con eles podería haber, 19en algún momento, algún tipo de alianza táctica puntual. 20 21 Para ambos os dous casos o diálogo podería estar asentado sobre unha avaliación de 22resultados dos dous anos de goberno do nacionalismo na Xunta e sobre os reptos futuros do 23nacionalismo. No tocante ao EI tamén se poderían tratar cuestións relativas ás vindeiras eleccións 24xerais, tanto no plano programático como no referido aos posíbeis candidatos. 25 26 27b) As forzas maioritarias. 28 Resulta evidente que as forzas que detentan o goberno interno do BNG son a UPG e o 29quintanismo. Xa que logo, son as que toman o protagonismo e a iniciativa á hora de formular 30propostas e dirixir a acción política do nacionalismo. Á súa vez ambos os dous grupos manteñen 31unha alianza estratéxica, de difícil fenda, para alén do que podan ser desavinzas puntuais. Esta 32alianza susténtase nun pacto no que semella que o quintanismo asume maioritariamente ás 33responsabilidades do goberno autonómico, namentres que a UPG continúa sendo o principal actor 34no aparello organizativo do BNG. 35 Ambas as dúas camiñan acompañadas polo PNG-PG e por Inzar, forzas cunha moi 36limitada vida orgánica, e cunha base militante máis reducida que a nosa, e que semella que se 37apoian principalmente no quintanismo. 38 39 Se a teor da análise e da fixación da política de alianzas A Alternativa nunha primeira 40instancia opta pola estratexia de manter unha relación fluída con ambos os dous grupos, dado o 41seu notábel peso no BNG, podería contribuir a que EN e A Alternativa poda ir gañando un maior 42relevo e nutríndose dun maior número de referentes políticos-institucionais. 43 44 Así mesmo este diálogo debe ser formulado coas cautelas pertinentes, dada a experiencia 45acumulada en momentos anteriores, expresando a firmeza das nosas conviccións, pero tamén 46coa flexibilidade suficiente para que poidan chegar a bo porto. De ter un resultado aceptábel, 47estas conversas poderían gozar de continuidade no tempo de cara ás eleccións nacionais, asi 48como na liña de que se podan ir establecendo acordos tácticos na xestión nacional da vida interna 49do BNG. 50 51Conclusión 52 En segunda instancia as conversas dirixiranse co grupo de forzas aquí cualificadas de 53emerxentes. 54 Para o peche do ciclo de entrevistas, tamén se proporá a posibilidade de manter unha 55entrevista coa UPG e outra co Portavoz Nacional. 16
  • 7. 1 2 33. INTERLOCUTORES PARA O DIÁLOGO. 4 Co obxectivo de que estas conversas poidan ser produtivas, e dada a magnitude do 5traballo, sería deséxabel que a Mesa Nacional, de aceitar esta proposta, delegara na Comisión 6Executiva Nacional o desenvolvemento das mesmas. 7 Evidentemente, o papel principal recaerá no Secretario Nacional, pero non só como 8interlocutor. Será o propio Secretario Nacional quen para cada unha das reunións para cada un 9dos grupos aquí mencionados determine quen representará ao Partido. De igual modo, fará 10seguimento e coordinará directamente o desenvolvemento das conversas. 1 7