O vento abriu os seus brazos
cara ós peixes pequechiños.
Peixes e ondas fixeron
unha roda de aloumiños.
García Teijeiro
Te...
DEIXÁDEME LIBRE,
QUE QUERO IR Ó MAR;
CAMIÑO DE IDA,
NON VOU REGRESAR.
AS ONDAS ME LEVEN
ONDE HAXA UN CANTAR.
DO BARCO DOS ...
Eu quero ser mariñeiro,
cos peixes xogar e cantar,
vivir buscando sereas
agochadas nos corais.
Julia González
Eu quero ser...
Eu quero ser mariñeiro,
á lúa segredos contar,
pintar de azul os meus soños,
de azul e verde
como o mar.
Julia González
Eu...
De noite, a praia
fica baleira
só quedan pegadas
na area mollada
e a lúa que soña
co arrolo das ondas.
X. Neira e A. Ferre...
Ti nunca víche-lo mar
cos seus berros bruadores,
coas súas barcas de prata,
cos barcos e os pescadores.
Manuel María
-¿Ti ...
Mar de illas de coral
praias, portos e gaivotas.
Ronseis de escuma moi
branca que se perden nas
súas ondas.
X. Neira e A. ...
Poemas mariscadoras
Próximos SlideShares
Carregando em…5
×

Poemas mariscadoras

590 visualizações

Publicada em

poemas mariscadoras

Publicada em: Educação
0 comentários
1 gostou
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
590
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
173
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
3
Comentários
0
Gostaram
1
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Poemas mariscadoras

  1. 1. O vento abriu os seus brazos cara ós peixes pequechiños. Peixes e ondas fixeron unha roda de aloumiños. García Teijeiro Teño un barco de xoguete e nel me quero embarcar. Polos mares dos meus soños ¡quen me dera navegar! García Teijeiro
  2. 2. DEIXÁDEME LIBRE, QUE QUERO IR Ó MAR; CAMIÑO DE IDA, NON VOU REGRESAR. AS ONDAS ME LEVEN ONDE HAXA UN CANTAR. DO BARCO DOS SOÑOS, SEREI CAPITÁN. Ana Mª Fernández O peixiño nada nada polo río ou polo mar. Carapuchiña de escamas e unha coliña a remar Ana Mª Fernández
  3. 3. Eu quero ser mariñeiro, cos peixes xogar e cantar, vivir buscando sereas agochadas nos corais. Julia González Eu quero ser mariñeiro, no meu barco navegar, ir deixando no camiño ronseles de escuma que cortan o mar. Julia González
  4. 4. Eu quero ser mariñeiro, á lúa segredos contar, pintar de azul os meus soños, de azul e verde como o mar. Julia González Eu quero ser mariñeiro, lixeiro nas ondas brincar, chegar ata o horizonte co meu perfume de sal. Julia González
  5. 5. De noite, a praia fica baleira só quedan pegadas na area mollada e a lúa que soña co arrolo das ondas. X. Neira e A. Ferrer Paseos, carreiras, castelos na area e xogos na auga. Na area mollada quedan as pisadas e a brisa na cara. X. Neira e A. Ferrer
  6. 6. Ti nunca víche-lo mar cos seus berros bruadores, coas súas barcas de prata, cos barcos e os pescadores. Manuel María -¿Ti nunca víche-lo mar a tecer e a destecer ondas azuis que van á praia mansa morrer? Manuel María -¿Ti nunca viche-lo mar? ¿E sabes que non repousa? -¡Se nunca víche-lo mar non viches ningunha cousa! Manuel María
  7. 7. Mar de illas de coral praias, portos e gaivotas. Ronseis de escuma moi branca que se perden nas súas ondas. X. Neira e A. Ferrer Mar de dornas e veleiros, mar de barcazas e de soños sucando a rosa dos ventos, pintando viaxes nos ollos. X. Neira e A. Ferrer Mar de peixes de colores, golfiños e tiburóns, a agochar aló no fondo tesouros e galeóns. X. Neira e A. Ferrer

×