SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 4
Baixar para ler offline
Proxecto técnico: Construción dun forno solar
                                                                                                      Tecnoloxía Industrial I


Índice
1. MEMORIA DESCRITIVA...............................................................................................................2

2. DESEÑO..........................................................................................................................................2

    2.1 Debuxo en tres dimensións........................................................................................................2

    2.2 Consideracións técnicas.............................................................................................................2

3. PLANIFICACIÓN...........................................................................................................................3

    3.1 Materiais....................................................................................................................................3

    3.2 Presuposto..................................................................................................................................3

    3.3 Operacións a realizar.................................................................................................................3

    3.2 Cronograma...............................................................................................................................4
Proxecto técnico: Construción dun forno solar
                                                                             Tecnoloxía Industrial I

1. MEMORIA DESCRITIVA
      Os fornos solares son artefactos que permiten cociñar alimentos usando o sol coma fonte de
enerxía. Divídense en dúas familias: de concentración e caixas solares.
     Nos imos construír un forno solar do tipo caixa solar. Este tipo de fornos constan basicamente
dunha caixa térmicamente aillada, deseñada para capturar a enerxía solar e manter quente o seu
interior.
     Acontaminación atmosférica das nosas cidades, a falta de recursos económicos e a necesidade
de reducir o consumo de enerxía procedente de combustibles fósiles, foron as causas principais que
nos levaron a confeccionar un forno solar empregando tecnoloxía de baixo custo. Coma principal
desvantaxe deste tipo de fornos está o alto tempo que se emprega para cociñar, mais consideramos
que son máis importantes as vantaxes anterormente citadas.
     En canto ao mercado ao que se podería destinar o noso produto destacamos a persoas da nosa
contorna (veciñanaza, profesorado, pais e nais...), que xa mostraron o seu interese nunha sondaxe
previa.

2. DESEÑO

2.1 Debuxo en tres dimensións




2.2 Consideracións técnicas
     O forno solar debe orientarse ao sur para captar máis luz, tendo o lado máis longo no sentido
este-oeste, de xeito que poida captar radiación solar durante un maior período de tempo.
    A inclinación da tapa abatible debe ser tal que reflexe a maior cantidade de luz solar no interior
da caixa, saberemos que a luz reflexada é maior canto maior sexa a iluminación no interior da caixa.
    Para aumentar o efecto invernadero introduciremos a pota onde cociñemos nun recipiente
transparente.
Proxecto técnico: Construción dun forno solar
                                                                             Tecnoloxía Industrial I

3. PLANIFICACIÓN

3.1 Materiais
    • Dúas caixas de cartón de diferente tamaño que colocada unha dentro da outra quede unha
       diferencia de 4cm coma mínimo.
    • Unha lámina de vidro do tamaño da caixa exterior.
    • Prancha de cartón.
    • Papel de aluminio.
    • Pintura negra mate.
    • Papel de periódico (aillante térmico)
    • Cinta adhesiva

3.2 Presuposto


   Materiais                        Cantidade     Precio unidade (euros)    Precio total (euros)
   Caixas de cartón                             2                      1,12                    2,24
   Lámina de vidro (1m2)                        1                         4                        4
   Papel de aluminio (30m)                      1                      1,77                    1,77
   Pintura negra mate (10l)                     1                       6,2                      6,2
   Papel de periódico                                                     0                        0
   Cinta adhesiva                               1                       1,2                      1,2
                    TOTAL (euros)                                                            15,41

3.3 Operacións a realizar
       a) Colocamos a caixa grande cara abaixo e por enriba poñemos a caixa pequena e marcamos
       a silueta que fai sobre ela. Cortamos a caixa grande polas liñas marcadas de xeito que
       podamos introducir a caixa pequena, quedando unha cámara de aire entre as paredes das
       dúas caixas de polo menos 4cm.




       b) Forramos todas as caras interiores e exteriores da caixa pequena con papel de alumnio, así
       coma as caras interiores da caixa grande (incluindo as tapas e os fondos).
       c) Introducimos a caixa pequena no buraco que fixemos na grande.
Proxecto técnico: Construción dun forno solar
                                                                                             Tecnoloxía Industrial I

             d) Cortar o sobrante das tapas da caixa pequena.
             e) Introducir unha lámina de cor negro mate no fondo do interior da caixa pequena.
             f) Colocar a caixa cara arriba e encher o espacio entre as paredes das dúas caixas co material
             aillante térmico (bolas feitas con papel de periódico). Pechar as tapas con cinta
             adhesiva.




             g) Fabricamos a tapa para elo utilizamos a prancha de cartón. Marcamos sobre ella os
             bordos exteriores e interiores e dobramos segundo se indica no debuxo. Forramos a tapa,
             que debe ser abatible, con papel de alumnio. Colocamos a lámina de vidro na parte interna
             da tapa e pegamos.

3.2 Cronograma


                                          21/mar 22/mar 23/mar 11/abr 13/abr 16/abr 25/abr 02/may 09/may 16/may 23/may
Proxecto técnico
Construción
Operacións a, b, c, d (*2)
Operacións e, f, g
Imprevistos
Avaliación                                                                                                     (*1)
*1 Se o permite a climatoloxía
*2 Operacións definidas no apartado 3.3

Mais conteúdo relacionado

Mais de Emma Vedo

Robots en construción
Robots en construciónRobots en construción
Robots en construciónEmma Vedo
 
Robots en construción
Robots en construciónRobots en construción
Robots en construciónEmma Vedo
 
Robots en construción
Robots en construciónRobots en construción
Robots en construciónEmma Vedo
 
Viaje a Grado
Viaje a GradoViaje a Grado
Viaje a GradoEmma Vedo
 
NXT Guía rápida
NXT Guía rápida NXT Guía rápida
NXT Guía rápida Emma Vedo
 
Placa de circuito impreso
Placa de circuito impresoPlaca de circuito impreso
Placa de circuito impresoEmma Vedo
 
Tecnologías de la comunicación
Tecnologías de la comunicaciónTecnologías de la comunicación
Tecnologías de la comunicaciónEmma Vedo
 
Webquest: ¿Quieres ser ingeniero de Fernando Alonso?
Webquest: ¿Quieres ser ingeniero de Fernando Alonso?Webquest: ¿Quieres ser ingeniero de Fernando Alonso?
Webquest: ¿Quieres ser ingeniero de Fernando Alonso?Emma Vedo
 
Robots en construcción
Robots en construcciónRobots en construcción
Robots en construcciónEmma Vedo
 

Mais de Emma Vedo (10)

Webquest
WebquestWebquest
Webquest
 
Robots en construción
Robots en construciónRobots en construción
Robots en construción
 
Robots en construción
Robots en construciónRobots en construción
Robots en construción
 
Robots en construción
Robots en construciónRobots en construción
Robots en construción
 
Viaje a Grado
Viaje a GradoViaje a Grado
Viaje a Grado
 
NXT Guía rápida
NXT Guía rápida NXT Guía rápida
NXT Guía rápida
 
Placa de circuito impreso
Placa de circuito impresoPlaca de circuito impreso
Placa de circuito impreso
 
Tecnologías de la comunicación
Tecnologías de la comunicaciónTecnologías de la comunicación
Tecnologías de la comunicación
 
Webquest: ¿Quieres ser ingeniero de Fernando Alonso?
Webquest: ¿Quieres ser ingeniero de Fernando Alonso?Webquest: ¿Quieres ser ingeniero de Fernando Alonso?
Webquest: ¿Quieres ser ingeniero de Fernando Alonso?
 
Robots en construcción
Robots en construcciónRobots en construcción
Robots en construcción
 

Proxecto técnico: forno solar

  • 1. Proxecto técnico: Construción dun forno solar Tecnoloxía Industrial I Índice 1. MEMORIA DESCRITIVA...............................................................................................................2 2. DESEÑO..........................................................................................................................................2 2.1 Debuxo en tres dimensións........................................................................................................2 2.2 Consideracións técnicas.............................................................................................................2 3. PLANIFICACIÓN...........................................................................................................................3 3.1 Materiais....................................................................................................................................3 3.2 Presuposto..................................................................................................................................3 3.3 Operacións a realizar.................................................................................................................3 3.2 Cronograma...............................................................................................................................4
  • 2. Proxecto técnico: Construción dun forno solar Tecnoloxía Industrial I 1. MEMORIA DESCRITIVA Os fornos solares son artefactos que permiten cociñar alimentos usando o sol coma fonte de enerxía. Divídense en dúas familias: de concentración e caixas solares. Nos imos construír un forno solar do tipo caixa solar. Este tipo de fornos constan basicamente dunha caixa térmicamente aillada, deseñada para capturar a enerxía solar e manter quente o seu interior. Acontaminación atmosférica das nosas cidades, a falta de recursos económicos e a necesidade de reducir o consumo de enerxía procedente de combustibles fósiles, foron as causas principais que nos levaron a confeccionar un forno solar empregando tecnoloxía de baixo custo. Coma principal desvantaxe deste tipo de fornos está o alto tempo que se emprega para cociñar, mais consideramos que son máis importantes as vantaxes anterormente citadas. En canto ao mercado ao que se podería destinar o noso produto destacamos a persoas da nosa contorna (veciñanaza, profesorado, pais e nais...), que xa mostraron o seu interese nunha sondaxe previa. 2. DESEÑO 2.1 Debuxo en tres dimensións 2.2 Consideracións técnicas O forno solar debe orientarse ao sur para captar máis luz, tendo o lado máis longo no sentido este-oeste, de xeito que poida captar radiación solar durante un maior período de tempo. A inclinación da tapa abatible debe ser tal que reflexe a maior cantidade de luz solar no interior da caixa, saberemos que a luz reflexada é maior canto maior sexa a iluminación no interior da caixa. Para aumentar o efecto invernadero introduciremos a pota onde cociñemos nun recipiente transparente.
  • 3. Proxecto técnico: Construción dun forno solar Tecnoloxía Industrial I 3. PLANIFICACIÓN 3.1 Materiais • Dúas caixas de cartón de diferente tamaño que colocada unha dentro da outra quede unha diferencia de 4cm coma mínimo. • Unha lámina de vidro do tamaño da caixa exterior. • Prancha de cartón. • Papel de aluminio. • Pintura negra mate. • Papel de periódico (aillante térmico) • Cinta adhesiva 3.2 Presuposto Materiais Cantidade Precio unidade (euros) Precio total (euros) Caixas de cartón 2 1,12 2,24 Lámina de vidro (1m2) 1 4 4 Papel de aluminio (30m) 1 1,77 1,77 Pintura negra mate (10l) 1 6,2 6,2 Papel de periódico 0 0 Cinta adhesiva 1 1,2 1,2 TOTAL (euros) 15,41 3.3 Operacións a realizar a) Colocamos a caixa grande cara abaixo e por enriba poñemos a caixa pequena e marcamos a silueta que fai sobre ela. Cortamos a caixa grande polas liñas marcadas de xeito que podamos introducir a caixa pequena, quedando unha cámara de aire entre as paredes das dúas caixas de polo menos 4cm. b) Forramos todas as caras interiores e exteriores da caixa pequena con papel de alumnio, así coma as caras interiores da caixa grande (incluindo as tapas e os fondos). c) Introducimos a caixa pequena no buraco que fixemos na grande.
  • 4. Proxecto técnico: Construción dun forno solar Tecnoloxía Industrial I d) Cortar o sobrante das tapas da caixa pequena. e) Introducir unha lámina de cor negro mate no fondo do interior da caixa pequena. f) Colocar a caixa cara arriba e encher o espacio entre as paredes das dúas caixas co material aillante térmico (bolas feitas con papel de periódico). Pechar as tapas con cinta adhesiva. g) Fabricamos a tapa para elo utilizamos a prancha de cartón. Marcamos sobre ella os bordos exteriores e interiores e dobramos segundo se indica no debuxo. Forramos a tapa, que debe ser abatible, con papel de alumnio. Colocamos a lámina de vidro na parte interna da tapa e pegamos. 3.2 Cronograma 21/mar 22/mar 23/mar 11/abr 13/abr 16/abr 25/abr 02/may 09/may 16/may 23/may Proxecto técnico Construción Operacións a, b, c, d (*2) Operacións e, f, g Imprevistos Avaliación (*1) *1 Se o permite a climatoloxía *2 Operacións definidas no apartado 3.3