SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 15
Tecnoloxías da Información e da 
Comunicación 
David Vaz Danta
David Vaz Danta 1º Bach A 
4ºB 
Índice 
Evolución Histórica _____________________________________________________ 3 
As telecomunicacións ___________________________________________________ 5 
A intelixencia artificial __________________________________________________ 6 
Tecnoloxías Multimedia_________________________________________________ 7 
Internet: A globalización ________________________________________________ 8 
A Web 2.0 ____________________________________________________________ 9 
Aplicacións sociais das TICs _____________________________________________ 12 
Valoración: Riscos e posibilidades ________________________________________ 14 
TICS: Traballo Inicial 2
David Vaz Danta 1º Bach A 
 Evolución Histórica 
Desde finais do século XIX ata a actualidade, as tecnoloxías da información 
evolucionaron enriquecéndose mutuamente do seu desenvolvemento. As 
diferentes etapas polas que pasou a tecnoloxía electrónica marcaron 
importantes acontecementos da historia da documentación. 
Ao mesmo tempo, o crecemento da información e a necesidade do seu 
tratamento, provocaron a proliferación de liñas de investigación no campo das 
Tecnoloxías da Información. 
Para o estudo da evolución histórica das tecnoloxías da información partiremos 
dos anos nos que comezaron a utilizarse os grandes ordenadores. O 
desenvolvemento deste apartado pode abordarse desde múltiples puntos de 
vista, utilizando diferentes criterios coa finalidade de limitar as distintas etapas 
da súa traxectoria. 
Esas etapas coincide cas innovacións tecnolóxicas que permitiron a introdución 
de cambios importantes no proceso da información, sen ter en conta o seu 
contido textual ou numérico. 
O prematuro envellecemento que caracteriza aos equipos informáticos motivou 
a súa clasificación en xeracións, de acordo a unhas características técnicas 
determinadas que condicionan o desenvolvemento do software e que, en 
consecuencia, implicaron a evolución do proceso documental. Deste modo na 
historia dos ordenadores menciónanse cinco xeracións, aínda que en ocasións 
os diferentes autores non se poñan de acordo para delimitar a fronteira entre 
unha e outra xeración. 
En xeral, o comezo da primeira xeración sitúase en 1951, ano da fabricación do 
primeiro ordenador electrónico a escala industrial. Os equipos eran de gran 
TICS: Traballo Inicial 3
David Vaz Danta 1º Bach A 
tamaño, moi pesados e dun elevado consumo eléctrico. Todo iso requiría 
grandes espazos e un sistema de refrixeración debido ao calor que 
desprendían. 
A segunda xeración chegou ca aparición do transistor (1958). Os ordenadores 
fixéronse máis asequibles, aumentou a súa fiabilidade e diminuíu o tamaño dos 
equipos. Ao mesmo tempo aumentou a o número de fabricantes, así como a 
demanda por parte de diversas entidades que desexaban beneficiarse das 
vantaxes que lles proporcionaban a Informática. Sen embargo, cando a 
xeración de ordenadores viu a luz, xa existían proxectos para o 
desenvolvemento da seguinte xeración. 
Identifícase a terceira xeración cos ordenadores de circuítos integrados. Os 
equipos de IBM 360 e o UNIVAC 1108 marcan o inicio desta xeración. Neste 
período os avances conseguidos na xeración anterior, en canto a tamaño, 
consumo e fiabilidade continuaron evolucionando. Aparece o concepto de 
“familia” co fin de evitar a incompatibilidade existente entre ordenadores incluso 
entre ordenadores, incluso entre os que pertencían a un mesmo fabricante. 
Á terceira xeración débeselle o nacemento do miniordenador, e o estímulo 
acerca das linguaxes de alto nivel. Convén recordar que en 1965 
desenvolveuse a linguaxe Basic, que tantos éxitos conseguiu. 
Os estudos do tema non chegan a un acordo respecto ao establecemento que 
separan as xeracións terceira e cuarta. Non obstante, sinálanse como 
características fundamentais a substitución da memoria dos núcleos de ferrita 
polos chips; a miniaturización dos circuítos integrados, a importancia do disco e 
o diskette nas configuracións e a aparición da pantalla como interlocutor co 
usuario. Tamén proliferou o uso de unidades independentes para o manexo 
das canles de entrada e saída, liberando ao ordenador central desa tarefa. É a 
xeración na que proliferan os ordenadores persoais. Por último, situámonos na 
quinta xeración, a partir de 1990, que corresponde ao desenvolvemento dos 
chamados “ordenadores intelixentes”. 
TICS: Traballo Inicial 4
David Vaz Danta 1º Bach A 
 As telecomunicacións 
Unha telecomunicación é toda transmisión e recepción de sinais de calquera 
natureza, tipicamente electromagnéticas, que conteñan sinais, sons, imaxes e, 
en definitiva, calquer tipo de información que se desexe comunicar a certa 
distancia. 
As telecomunicacións son unha infraestruccura básica do contexto actual. A 
capacidade de poder comunicar calquera orde de forma case instantánea foi 
radical en moitos acontecementos históricos da Idade Contemporánea. 
Ademais, a telecomunicación constitúe hoxe en día un factor social e 
económico de gran relevancia. Así, estas tecnoloxías adquiren unha 
importancia propia se valoramos a súa utilidade en conceptos como a 
globalización ou a sociedade da información e do coñecemento; que se 
complementa coa importancia das mesmas en todo tipo de actividades de 
carácter mercantil, financeiro ou empresarial. Os medios de comunicación de 
masas tamén se valen das telecomunicacións para compartir contidos ao 
público, de gran importancia á hora de entender o concepto de sociedade de 
masas. 
TICS: Traballo Inicial 5
David Vaz Danta 1º Bach A 
A telecomunicación inclúe moitas tecnoloxías como a radio, televisión, teléfono 
e telefonía móbil, comunicacións de datos, redes informáticas ou Internet. Gran 
parte destas tecnoloxías, que naceron para satisfacer todo tipo de 
necesidades, enfocáronse a un consumo non especializado chamadas 
tecnoloxías da información e comunicación, de gran importancia na vida diaria 
das persoas, as empresas ou as institucións estatais e políticas. 
 A intelixencia artificial 
A intelixencia artificial (IA) é unha área multidisciplinaria que, a través de 
ciencias como a informática, a lóxica e a filosofía, estuda a creación e deseño 
de entidades capaces de razoar por si mesmas utilizando como paradigma a 
intelixencia humana. 
Reúne amplos campos que teñen común a creación de máquinas capaces de 
pensar. En ciencias da computación denomínase intelixencia artificial á 
capacidade de razoar dun axente non vivo. 
Dentro do apartado da intelixencia artificial diferenciamos os seguintes tipos: 
 Sistemas que pensan como humanos: Estes sistemas tratan de emular o 
pensamento humano. Automatizan as actividades que vinculamos con 
procesos do pensamento humano, actividades como a toma de 
decisións, resolución de problemas e o a aprendizaxe. 
 Sistemas que actúan como humanos: Estes sistemas tratan de actuar 
como humanos, é dicir, imitan o comportamento humano. 
 Sistemas que pensan racionalmente: É dicir, con lóxica, tratan de imitar 
o pensamento lóxico racional do ser humano. 
 Sistemas que actúan racionalmente: Tratan de emular de forma racional 
o comportamento humano. Está relacionado con condutas intelixentes 
en artefactos. 
TICS: Traballo Inicial 6
David Vaz Danta 1º Bach A 
 Tecnoloxías Multimedia 
A tecnoloxía multimedia é aquela que combina o uso de arquivos de diferentes 
tipos de orixe, como imaxes, vídeos, animacións, voces, música e textos. A súa 
utilización converteuse nun uso estandarizado en internet e nas novas 
tecnoloxías, gañando unha importante aceptación entre os usuarios debido á 
interactividade que produce mediante a utilización de recursos de calidade. 
Tipos de información nun sistema multimedia: 
 Texto. 
 Gráficos: utilizados para representar esquemas, planos e debuxos 
lineais. 
 Imaxes: Son documentos formados por píxeles. 
 Animación: Presentación dun número de gráficos por segundo que xera 
no observador a sensación de movemento. 
 Vídeo: Presentación dun número de imaxes por segundo, que crean no 
observador a sensación de movemento. 
 Son: Pode ser fala, música ou outros sons. 
Características dos sistemas multimedia: 
 Interactividade: Comunicación recíproca, acción e reacción. Se a 
presentación multimedia permite ao usuario actuar sobre a secuencia, 
velocidade ou calquer outro elemento do seu desenvolvemento, probas 
ou alternativas que modifiquen o seu transcurso, entonces califícase a 
presentación como de multimedia interactiva. 
 Ramificación: É a capacidade do sistema para responder ás preguntas 
do usuario encontrando os datos precisos entre a multiplicidade de datos 
dispoñibles. 
 Transparencia: A tecnoloxía debe ser tan transparente como sexa 
posible, ten que permitir a utilización dos sistemas de maneira sinxela e 
rápida, sen que faga falta coñecer como funciona o sistema. 
 Navegación: Se a presentación está construída en forma de grafo, de 
modo que é posible navegar duns puntos a outros seguindo certos 
elementos de enlace, entón trátase dunha creación hipermedia. 
TICS: Traballo Inicial 7
David Vaz Danta 1º Bach A 
 Internet: A globalización 
Internet é un conxunto descentralizado de redes de comunicación 
interconectadas que utilizan a familia de protocolos TCP/IP. As súas orixes 
remóntanse a 1969, cando se estableceu a primeira conexión de 
computadoras, coñecida como Arpanet, entre tres universidades en Estados 
Unidos. 
A chegada de Internet supuxo unha revolución na vida e na comunicación dos 
que lles tocou vivir nesta época. Internet culminou o proceso de informatización 
que se ven desenvolvendo desde fai anos, dando lugar ao nacemento dunha 
nova era. A revolución dixital permitiu que poidamos enviar texto, imaxes e 
sons de forma bastante rápida. A maior revolución púxoa Internet, sobre todo 
nos últimos anos, que acabou cas fronteiras da comunicación. Isto supuxo que 
a cultura de distintos países se igualasen e se unan cara unha cultura común, a 
cultura de masas. 
Outros beneficios que supuxo Internet dentro da globalización foi o marketing e 
a publicidade, logrando con Internet unha ferramenta para chegar a un 
conxunto moi amplo de persoas, mellorando aínda máis o plano empresarial. 
Todo isto deriva na implantación nas plataformas de comercio electrónico, 
outro gran avance co que se pode conseguir todo tipo de produto sen a 
necesidade de visitar unha tenda física. 
En definitiva, Internet supuxo un gran avance na globalización. Un exemplo 
disto é que todos os medios (televisión, prensa, radio...) concéntranse arredor 
de Internet, tendo cada un a súa correspondente páxina web. 
TICS: Traballo Inicial 8
David Vaz Danta 1º Bach A 
 A Web 2.0 
O termo Web 2.0 comprende aqueles sitios web que facilitan o compartir 
información, a interoperabilidade, o deseño centrado no usuario e a 
colaboración na World Wide Web. Un sitio Web 2.0 permite aos usuarios 
interactuar e colaborar entre si como creadores de contido xerado por usuarios 
nunha comunidade virtual, a diferenza de sitios web estáticos onde os usuarios 
se limitan á observación pasiva de contidos que se crearon para eles. 
Exemplos da Web 2.0 son as comunidades web, os servizos web as 
aplicacións web, os servizos de rede social, os servizos de aloxamento de 
videos, as wikis, blogs, mashups etc. 
Características: A Web 2.0 caracterízase principalmente pola participación do 
usuario como contribuidor activo e non só como espectador dos contidos da 
Web (usuario pasivo). Isto queda reflexado en aspectos como: 
 O auxe dos blogs. 
 O auxe das redes sociais. 
 As webs creadas polos usuarios, usando plataformas de autoedición. 
 O contido agregado polos usuarios como valor clave da Web. 
 O etiquetado colectivo. 
 A importancia do “long tail” 
 O beta perpetuo: A Web 2.0 invéntase permanentemente. 
 Aplicacións web dinámicas. 
TICS: Traballo Inicial 9
David Vaz Danta 1º Bach A 
Servizos asociados: 
Para compartir na Web 2.0 utilízanse unha serie de ferramentas, entre as que 
se poden destacar: 
 Blogs: Un blog é un espazo web persoal no que o seu autor pode 
escribir cronoloxicamente artigos, noticias (con imaxes, vídeos e 
enlaces), pero ademais é un espazo colaborativo onde os lectores 
tamén poden escribir os seus comentarios a cada un dos artigos que 
realizou con anterioridade o autor. 
 Wikis: Unha wiki é un espazo web corporativo, organizado mediante 
unha estrutura hipertextual de páxinas, onde varias persoas elaboran 
contidos de maneira asíncrona, Basta con pulsar o botón “editar” para 
acceder aos contidos e modificalos. 
 Redes sociais: Sitios web onde cada usuario ten unha páxina onde 
publica contidos e se comunica con outros usuarios. Exemplos: 
Facebook, Twitter, Tuenti, Myspace, Instagram, entre outras. Tamén 
existen redes sociais profesionais, dirixidas a establecer contactos 
dentro do mundo empresarial. 
 Entornos para compartir recursos: Entornos que nos permiten 
almacenar recursos ou contidos en Internet, compartilos e visualizalos 
can conveña. Constitúen unha inmensa fonte de recursos e lugares 
onde publicar materiais para a súa difusión mundial. Existen diversos 
tipos, segundo o contido que albergan ou o uso que se lles da: 
- Documentos: Google drive e Office Web Apps (OneDrive), nos que 
podemos subir os nosos documentos, compartilos e modificalos. 
- Videos: Youtube, Vimeo, Dailymotion… Conteñen miles de vídeos 
subidos e compartidos polos usuarios. 
- Fotos: Picasa, Instagram… Permiten disfrutar e compartir as fotos. 
- Agregadores de noticias: Digg, Reddit… Noticias de calquer medio 
son agregadas e votadas polos usuarios. 
- Almacenamento online: Dropbox, Google Drive, Skydrive. 
- Presentacións: Slideshare. 
- Plataformas educativas. 
TICS: Traballo Inicial 10
David Vaz Danta 1º Bach A 
Consecuencias da Web 2.0: 
A Web 2.0 orixinou a democratización dos medios facendo que calquera 
persoa teña as mesmas posibilidades de publicar noticias que un periódico 
tradicional. Grupos de persoas crean blogs que ao día de hoxe reciben máis 
visitas que as versións online de moitos periódicos. A Web 2.0 reduciu 
considerablemente os custes de difusión da información. A día de hoxe 
podemos ter gratuitamente a nosa propia emisora de radio online, o noso 
periódico online, o noso canal de vídeos, etc. Ao aumentar a produción de 
información aumenta a segmentación da mesma, o que equivale que os 
usuarios poidan acceder a contidos que tradicionalmente non se publican nos 
medios convencionais. 
TICS: Traballo Inicial 11
David Vaz Danta 1º Bach A 
 Aplicacións sociais das TICs 
As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) son incuestionables e 
están aí, forman parte da cultura tecnolóxica que nos rodea e coa que 
debemos convivir. Amplían as nosas capacidades físicas e mentais e as 
posibilidades do desenvolvemento social. 
Inclúese no concepto de TIC non soamente a informática e as súas tecnoloxías 
asociadas, senón que tamén os medios de comunicación de todo tipo: os 
medios de comunicación social e os medios de comunicación interpersonais 
tradicionais con soporte tecnolóxico como o teléfono, Fax... 
As principais aplicacións das TIC son: 
 Fácil acceso a todo tipo de información. 
 Instrumentos para todo tipo de proceso de datos. 
 Canles de comunicación. 
 Almacenamento de grandes cantidades de información. 
 Automatización das tarefas. 
 Interactividade. 
De todos os elementos que integran as TIC, sen dúbida o máis poderoso e 
revolucionario é Internet (anteriormente comentado). Internet proporciónanos 
un terceiro mundo no que podemos facer case todo o que facemos no mundo 
real e ademais permítenos desenrolar novas actividades. 
TICS: Traballo Inicial 12
David Vaz Danta 1º Bach A 
A partir das tendencias actuais, a evolución das TIC nos próximos anos pode 
estar caracterizada polos seguintes aspectos: 
 Progresivo aumento dos sistemas informáticos portátiles. 
 Progresiva difusión das pantallas planas (TFT). 
 Implantación das tecnoloxías inalámbricas: rato, teclado, impresoras, 
redes LAN… 
 Xeralización das pizarras dixitais no ámbito educativo. 
A expansión das TIC en todos os ámbitos e estratos da nosa sociedade 
produciuse a gran velocidade, e é un proceso que continua xa que van 
aparecendo sen cesar novos elementos tecnolóxicos. A progresiva diminución 
dos custes da maioría dos produtos tecnolóxicos, froito do incremento dos 
volumes de produción, déixase sentir nos prezos e permítenos dispoñer de 
máis prestacións polos mesmo diñeiro, facilitando a introdución destas potentes 
tecnoloxías en todas as actividades humanas e en todos os ámbitos 
socioeconómicos. 
Non obstante, a pesar destas magníficas credenciais que fan das TIC 
instrumentos altamente útiles para todo tipo de persoa, e por suposto 
imprescindibles para toda empresa, existen diversas circunstancias que 
dificultan a súa máis ampla difusión entre todas as actividades e capas sociais. 
TICS: Traballo Inicial 13
David Vaz Danta 1º Bach A 
 Valoración: Riscos e 
posibilidades 
A expansión do uso das tecnoloxías supuxo a xeración de novas normas de 
relacionarse son parte da vida cotiá de nenos/as e adolescentes. Isto trae 
grandes vantaxes, ao mesmo tempo require tomar medidas para que se eviten 
as situacións de perigo dentro do que se lle pode chamar “o mundo da 
información e da comunicación”. 
Hai diversos estudos sobre usos e costumes en relación ás tecnoloxías 
conclúen que os adolescentes teñen unha baixa percepción do risco ao que se 
pode estar exposto en situacións vinculadas á interacción cas Tics. 
Pero ao mesmo tempo, as Tics son moi beneficiosas nalgúns aspectos, 
noméanse algunha posibilidades que ofrecen as Tecnoloxías da Información e 
Comunicación a continuación: 
 Ampliación da oferta informativa. 
 Creación de entornos máis flexibles para a aprendizaxe. 
 Eliminación das barreiras espazo-temporais entre o profesor e os 
estudantes. 
 Incremento das modalidades comunicativas. 
 Potenciación dos escenarios e entornos interactivos. 
 Favorecer tanto a aprendizaxe independente e a autoaprendizaxe como 
o colaborativo e en grupo. 
TICS: Traballo Inicial 14
David Vaz Danta 1º Bach A 
 Romper os clásicos escenarios informativos, limitados ás institucións 
escolares. 
 Ofrecer novas posibilidades para a orientación e a tutorización dos 
estudantes. 
 Facilitar unha formación permanente. 
En conclusión, as Tics foron un gran avance no ámbito da información e da 
comunicación, colaborando nun mundo moito máis globalizado e máis rápido 
no sentido da expansión da información. Ten moitas propiedades que son moi 
útiles para a humanidade, e moitas empresas se favorecen diso. Pero as Tics 
tamén teñen un lado que supón un problema para as persoas que descoñecen 
este “mundo”. Teñen os seus riscos e hai que coñecelos moi ben para que o 
que inicialmente foi creado para beneficiar ás persoas se transforme en algo 
que supoña un verdadeiro problema. 
TICS: Traballo Inicial 15

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

traballo Raquel loriente nieves
traballo Raquel loriente nievestraballo Raquel loriente nieves
traballo Raquel loriente nievesRakel Loriente
 
Pablo núñez 1ºbach a tics
Pablo núñez 1ºbach a ticsPablo núñez 1ºbach a tics
Pablo núñez 1ºbach a ticspablovences
 
As tecnoloxías da comunicación e da información
As tecnoloxías da comunicación e da informaciónAs tecnoloxías da comunicación e da información
As tecnoloxías da comunicación e da informaciónalbitafh
 
10 evolucion historica das tic 1bach c doc
10 evolucion historica das tic 1bach c doc10 evolucion historica das tic 1bach c doc
10 evolucion historica das tic 1bach c docmiguelez25
 
Traballoinicial 1
Traballoinicial 1Traballoinicial 1
Traballoinicial 1Joserra2
 
As tecnologías da información e da comunicación
As tecnologías da información e da comunicación As tecnologías da información e da comunicación
As tecnologías da información e da comunicación 1151998
 
As tecnoloxías da información
As tecnoloxías da informaciónAs tecnoloxías da información
As tecnoloxías da informaciónivanbas
 
Traballo Word TICs
Traballo Word TICsTraballo Word TICs
Traballo Word TICsbertocosvaz
 
Tic's Iria Diz
Tic's Iria DizTic's Iria Diz
Tic's Iria Dizdiziria
 
Traballo tecnoloxía da información e comunicación
Traballo tecnoloxía da información e comunicaciónTraballo tecnoloxía da información e comunicación
Traballo tecnoloxía da información e comunicacióncarlitosverin23
 
As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicaciónAs tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicaciónDavid Santiago Rivas
 
Traballo inicial
Traballo inicialTraballo inicial
Traballo inicialleliii
 

Mais procurados (14)

Mercedes castro
Mercedes castroMercedes castro
Mercedes castro
 
traballo Raquel loriente nieves
traballo Raquel loriente nievestraballo Raquel loriente nieves
traballo Raquel loriente nieves
 
Pablo núñez 1ºbach a tics
Pablo núñez 1ºbach a ticsPablo núñez 1ºbach a tics
Pablo núñez 1ºbach a tics
 
Traballo sobre as TIC
Traballo sobre as TICTraballo sobre as TIC
Traballo sobre as TIC
 
As tecnoloxías da comunicación e da información
As tecnoloxías da comunicación e da informaciónAs tecnoloxías da comunicación e da información
As tecnoloxías da comunicación e da información
 
10 evolucion historica das tic 1bach c doc
10 evolucion historica das tic 1bach c doc10 evolucion historica das tic 1bach c doc
10 evolucion historica das tic 1bach c doc
 
Traballoinicial 1
Traballoinicial 1Traballoinicial 1
Traballoinicial 1
 
As tecnologías da información e da comunicación
As tecnologías da información e da comunicación As tecnologías da información e da comunicación
As tecnologías da información e da comunicación
 
As tecnoloxías da información
As tecnoloxías da informaciónAs tecnoloxías da información
As tecnoloxías da información
 
Traballo Word TICs
Traballo Word TICsTraballo Word TICs
Traballo Word TICs
 
Tic's Iria Diz
Tic's Iria DizTic's Iria Diz
Tic's Iria Diz
 
Traballo tecnoloxía da información e comunicación
Traballo tecnoloxía da información e comunicaciónTraballo tecnoloxía da información e comunicación
Traballo tecnoloxía da información e comunicación
 
As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicaciónAs tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicación
 
Traballo inicial
Traballo inicialTraballo inicial
Traballo inicial
 

Semelhante a [TICs] Traballo Inicial

Pablo Núñez Fdez traballo TICS
Pablo Núñez Fdez traballo TICSPablo Núñez Fdez traballo TICS
Pablo Núñez Fdez traballo TICSpablovences
 
Marta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMarta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMartaalonsop
 
Marta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMarta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMartaalonsop
 
As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicación As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicación JosebaDelgado8
 
As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicaciónAs tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicaciónJosebaDelgado8
 
Ev.h das ti cs s9
Ev.h das ti cs s9Ev.h das ti cs s9
Ev.h das ti cs s9saandra_98
 
Tecnoloxías da Información e da Comunicación
Tecnoloxías da Información e da ComunicaciónTecnoloxías da Información e da Comunicación
Tecnoloxías da Información e da Comunicaciónjgallego9
 
Tecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicaciónTecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicaciónluci_mp98
 
Tecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicaciónTecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicaciónluci_mp98
 
Tecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicaciónTecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicaciónluci_mp98
 
Evolución históricaa
Evolución históricaaEvolución históricaa
Evolución históricaaleliii
 
Traballo inicial
Traballo inicialTraballo inicial
Traballo inicialleliii
 

Semelhante a [TICs] Traballo Inicial (17)

Pablo Núñez Fdez traballo TICS
Pablo Núñez Fdez traballo TICSPablo Núñez Fdez traballo TICS
Pablo Núñez Fdez traballo TICS
 
TRABALLO INICIAL
TRABALLO INICIAL TRABALLO INICIAL
TRABALLO INICIAL
 
As tics
As ticsAs tics
As tics
 
Traballo sobre as TIC
Traballo sobre as TICTraballo sobre as TIC
Traballo sobre as TIC
 
Traballo sobre as TIC
Traballo sobre as TICTraballo sobre as TIC
Traballo sobre as TIC
 
TRABALLO INICIAL
TRABALLO INICIALTRABALLO INICIAL
TRABALLO INICIAL
 
Marta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMarta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch C
 
Marta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMarta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch C
 
As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicación As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicación
 
As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicaciónAs tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicación
 
Ev.h das ti cs s9
Ev.h das ti cs s9Ev.h das ti cs s9
Ev.h das ti cs s9
 
Tecnoloxías da Información e da Comunicación
Tecnoloxías da Información e da ComunicaciónTecnoloxías da Información e da Comunicación
Tecnoloxías da Información e da Comunicación
 
Tecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicaciónTecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicación
 
Tecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicaciónTecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicación
 
Tecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicaciónTecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicación
 
Evolución históricaa
Evolución históricaaEvolución históricaa
Evolución históricaa
 
Traballo inicial
Traballo inicialTraballo inicial
Traballo inicial
 

[TICs] Traballo Inicial

  • 1. Tecnoloxías da Información e da Comunicación David Vaz Danta
  • 2. David Vaz Danta 1º Bach A 4ºB Índice Evolución Histórica _____________________________________________________ 3 As telecomunicacións ___________________________________________________ 5 A intelixencia artificial __________________________________________________ 6 Tecnoloxías Multimedia_________________________________________________ 7 Internet: A globalización ________________________________________________ 8 A Web 2.0 ____________________________________________________________ 9 Aplicacións sociais das TICs _____________________________________________ 12 Valoración: Riscos e posibilidades ________________________________________ 14 TICS: Traballo Inicial 2
  • 3. David Vaz Danta 1º Bach A  Evolución Histórica Desde finais do século XIX ata a actualidade, as tecnoloxías da información evolucionaron enriquecéndose mutuamente do seu desenvolvemento. As diferentes etapas polas que pasou a tecnoloxía electrónica marcaron importantes acontecementos da historia da documentación. Ao mesmo tempo, o crecemento da información e a necesidade do seu tratamento, provocaron a proliferación de liñas de investigación no campo das Tecnoloxías da Información. Para o estudo da evolución histórica das tecnoloxías da información partiremos dos anos nos que comezaron a utilizarse os grandes ordenadores. O desenvolvemento deste apartado pode abordarse desde múltiples puntos de vista, utilizando diferentes criterios coa finalidade de limitar as distintas etapas da súa traxectoria. Esas etapas coincide cas innovacións tecnolóxicas que permitiron a introdución de cambios importantes no proceso da información, sen ter en conta o seu contido textual ou numérico. O prematuro envellecemento que caracteriza aos equipos informáticos motivou a súa clasificación en xeracións, de acordo a unhas características técnicas determinadas que condicionan o desenvolvemento do software e que, en consecuencia, implicaron a evolución do proceso documental. Deste modo na historia dos ordenadores menciónanse cinco xeracións, aínda que en ocasións os diferentes autores non se poñan de acordo para delimitar a fronteira entre unha e outra xeración. En xeral, o comezo da primeira xeración sitúase en 1951, ano da fabricación do primeiro ordenador electrónico a escala industrial. Os equipos eran de gran TICS: Traballo Inicial 3
  • 4. David Vaz Danta 1º Bach A tamaño, moi pesados e dun elevado consumo eléctrico. Todo iso requiría grandes espazos e un sistema de refrixeración debido ao calor que desprendían. A segunda xeración chegou ca aparición do transistor (1958). Os ordenadores fixéronse máis asequibles, aumentou a súa fiabilidade e diminuíu o tamaño dos equipos. Ao mesmo tempo aumentou a o número de fabricantes, así como a demanda por parte de diversas entidades que desexaban beneficiarse das vantaxes que lles proporcionaban a Informática. Sen embargo, cando a xeración de ordenadores viu a luz, xa existían proxectos para o desenvolvemento da seguinte xeración. Identifícase a terceira xeración cos ordenadores de circuítos integrados. Os equipos de IBM 360 e o UNIVAC 1108 marcan o inicio desta xeración. Neste período os avances conseguidos na xeración anterior, en canto a tamaño, consumo e fiabilidade continuaron evolucionando. Aparece o concepto de “familia” co fin de evitar a incompatibilidade existente entre ordenadores incluso entre ordenadores, incluso entre os que pertencían a un mesmo fabricante. Á terceira xeración débeselle o nacemento do miniordenador, e o estímulo acerca das linguaxes de alto nivel. Convén recordar que en 1965 desenvolveuse a linguaxe Basic, que tantos éxitos conseguiu. Os estudos do tema non chegan a un acordo respecto ao establecemento que separan as xeracións terceira e cuarta. Non obstante, sinálanse como características fundamentais a substitución da memoria dos núcleos de ferrita polos chips; a miniaturización dos circuítos integrados, a importancia do disco e o diskette nas configuracións e a aparición da pantalla como interlocutor co usuario. Tamén proliferou o uso de unidades independentes para o manexo das canles de entrada e saída, liberando ao ordenador central desa tarefa. É a xeración na que proliferan os ordenadores persoais. Por último, situámonos na quinta xeración, a partir de 1990, que corresponde ao desenvolvemento dos chamados “ordenadores intelixentes”. TICS: Traballo Inicial 4
  • 5. David Vaz Danta 1º Bach A  As telecomunicacións Unha telecomunicación é toda transmisión e recepción de sinais de calquera natureza, tipicamente electromagnéticas, que conteñan sinais, sons, imaxes e, en definitiva, calquer tipo de información que se desexe comunicar a certa distancia. As telecomunicacións son unha infraestruccura básica do contexto actual. A capacidade de poder comunicar calquera orde de forma case instantánea foi radical en moitos acontecementos históricos da Idade Contemporánea. Ademais, a telecomunicación constitúe hoxe en día un factor social e económico de gran relevancia. Así, estas tecnoloxías adquiren unha importancia propia se valoramos a súa utilidade en conceptos como a globalización ou a sociedade da información e do coñecemento; que se complementa coa importancia das mesmas en todo tipo de actividades de carácter mercantil, financeiro ou empresarial. Os medios de comunicación de masas tamén se valen das telecomunicacións para compartir contidos ao público, de gran importancia á hora de entender o concepto de sociedade de masas. TICS: Traballo Inicial 5
  • 6. David Vaz Danta 1º Bach A A telecomunicación inclúe moitas tecnoloxías como a radio, televisión, teléfono e telefonía móbil, comunicacións de datos, redes informáticas ou Internet. Gran parte destas tecnoloxías, que naceron para satisfacer todo tipo de necesidades, enfocáronse a un consumo non especializado chamadas tecnoloxías da información e comunicación, de gran importancia na vida diaria das persoas, as empresas ou as institucións estatais e políticas.  A intelixencia artificial A intelixencia artificial (IA) é unha área multidisciplinaria que, a través de ciencias como a informática, a lóxica e a filosofía, estuda a creación e deseño de entidades capaces de razoar por si mesmas utilizando como paradigma a intelixencia humana. Reúne amplos campos que teñen común a creación de máquinas capaces de pensar. En ciencias da computación denomínase intelixencia artificial á capacidade de razoar dun axente non vivo. Dentro do apartado da intelixencia artificial diferenciamos os seguintes tipos:  Sistemas que pensan como humanos: Estes sistemas tratan de emular o pensamento humano. Automatizan as actividades que vinculamos con procesos do pensamento humano, actividades como a toma de decisións, resolución de problemas e o a aprendizaxe.  Sistemas que actúan como humanos: Estes sistemas tratan de actuar como humanos, é dicir, imitan o comportamento humano.  Sistemas que pensan racionalmente: É dicir, con lóxica, tratan de imitar o pensamento lóxico racional do ser humano.  Sistemas que actúan racionalmente: Tratan de emular de forma racional o comportamento humano. Está relacionado con condutas intelixentes en artefactos. TICS: Traballo Inicial 6
  • 7. David Vaz Danta 1º Bach A  Tecnoloxías Multimedia A tecnoloxía multimedia é aquela que combina o uso de arquivos de diferentes tipos de orixe, como imaxes, vídeos, animacións, voces, música e textos. A súa utilización converteuse nun uso estandarizado en internet e nas novas tecnoloxías, gañando unha importante aceptación entre os usuarios debido á interactividade que produce mediante a utilización de recursos de calidade. Tipos de información nun sistema multimedia:  Texto.  Gráficos: utilizados para representar esquemas, planos e debuxos lineais.  Imaxes: Son documentos formados por píxeles.  Animación: Presentación dun número de gráficos por segundo que xera no observador a sensación de movemento.  Vídeo: Presentación dun número de imaxes por segundo, que crean no observador a sensación de movemento.  Son: Pode ser fala, música ou outros sons. Características dos sistemas multimedia:  Interactividade: Comunicación recíproca, acción e reacción. Se a presentación multimedia permite ao usuario actuar sobre a secuencia, velocidade ou calquer outro elemento do seu desenvolvemento, probas ou alternativas que modifiquen o seu transcurso, entonces califícase a presentación como de multimedia interactiva.  Ramificación: É a capacidade do sistema para responder ás preguntas do usuario encontrando os datos precisos entre a multiplicidade de datos dispoñibles.  Transparencia: A tecnoloxía debe ser tan transparente como sexa posible, ten que permitir a utilización dos sistemas de maneira sinxela e rápida, sen que faga falta coñecer como funciona o sistema.  Navegación: Se a presentación está construída en forma de grafo, de modo que é posible navegar duns puntos a outros seguindo certos elementos de enlace, entón trátase dunha creación hipermedia. TICS: Traballo Inicial 7
  • 8. David Vaz Danta 1º Bach A  Internet: A globalización Internet é un conxunto descentralizado de redes de comunicación interconectadas que utilizan a familia de protocolos TCP/IP. As súas orixes remóntanse a 1969, cando se estableceu a primeira conexión de computadoras, coñecida como Arpanet, entre tres universidades en Estados Unidos. A chegada de Internet supuxo unha revolución na vida e na comunicación dos que lles tocou vivir nesta época. Internet culminou o proceso de informatización que se ven desenvolvendo desde fai anos, dando lugar ao nacemento dunha nova era. A revolución dixital permitiu que poidamos enviar texto, imaxes e sons de forma bastante rápida. A maior revolución púxoa Internet, sobre todo nos últimos anos, que acabou cas fronteiras da comunicación. Isto supuxo que a cultura de distintos países se igualasen e se unan cara unha cultura común, a cultura de masas. Outros beneficios que supuxo Internet dentro da globalización foi o marketing e a publicidade, logrando con Internet unha ferramenta para chegar a un conxunto moi amplo de persoas, mellorando aínda máis o plano empresarial. Todo isto deriva na implantación nas plataformas de comercio electrónico, outro gran avance co que se pode conseguir todo tipo de produto sen a necesidade de visitar unha tenda física. En definitiva, Internet supuxo un gran avance na globalización. Un exemplo disto é que todos os medios (televisión, prensa, radio...) concéntranse arredor de Internet, tendo cada un a súa correspondente páxina web. TICS: Traballo Inicial 8
  • 9. David Vaz Danta 1º Bach A  A Web 2.0 O termo Web 2.0 comprende aqueles sitios web que facilitan o compartir información, a interoperabilidade, o deseño centrado no usuario e a colaboración na World Wide Web. Un sitio Web 2.0 permite aos usuarios interactuar e colaborar entre si como creadores de contido xerado por usuarios nunha comunidade virtual, a diferenza de sitios web estáticos onde os usuarios se limitan á observación pasiva de contidos que se crearon para eles. Exemplos da Web 2.0 son as comunidades web, os servizos web as aplicacións web, os servizos de rede social, os servizos de aloxamento de videos, as wikis, blogs, mashups etc. Características: A Web 2.0 caracterízase principalmente pola participación do usuario como contribuidor activo e non só como espectador dos contidos da Web (usuario pasivo). Isto queda reflexado en aspectos como:  O auxe dos blogs.  O auxe das redes sociais.  As webs creadas polos usuarios, usando plataformas de autoedición.  O contido agregado polos usuarios como valor clave da Web.  O etiquetado colectivo.  A importancia do “long tail”  O beta perpetuo: A Web 2.0 invéntase permanentemente.  Aplicacións web dinámicas. TICS: Traballo Inicial 9
  • 10. David Vaz Danta 1º Bach A Servizos asociados: Para compartir na Web 2.0 utilízanse unha serie de ferramentas, entre as que se poden destacar:  Blogs: Un blog é un espazo web persoal no que o seu autor pode escribir cronoloxicamente artigos, noticias (con imaxes, vídeos e enlaces), pero ademais é un espazo colaborativo onde os lectores tamén poden escribir os seus comentarios a cada un dos artigos que realizou con anterioridade o autor.  Wikis: Unha wiki é un espazo web corporativo, organizado mediante unha estrutura hipertextual de páxinas, onde varias persoas elaboran contidos de maneira asíncrona, Basta con pulsar o botón “editar” para acceder aos contidos e modificalos.  Redes sociais: Sitios web onde cada usuario ten unha páxina onde publica contidos e se comunica con outros usuarios. Exemplos: Facebook, Twitter, Tuenti, Myspace, Instagram, entre outras. Tamén existen redes sociais profesionais, dirixidas a establecer contactos dentro do mundo empresarial.  Entornos para compartir recursos: Entornos que nos permiten almacenar recursos ou contidos en Internet, compartilos e visualizalos can conveña. Constitúen unha inmensa fonte de recursos e lugares onde publicar materiais para a súa difusión mundial. Existen diversos tipos, segundo o contido que albergan ou o uso que se lles da: - Documentos: Google drive e Office Web Apps (OneDrive), nos que podemos subir os nosos documentos, compartilos e modificalos. - Videos: Youtube, Vimeo, Dailymotion… Conteñen miles de vídeos subidos e compartidos polos usuarios. - Fotos: Picasa, Instagram… Permiten disfrutar e compartir as fotos. - Agregadores de noticias: Digg, Reddit… Noticias de calquer medio son agregadas e votadas polos usuarios. - Almacenamento online: Dropbox, Google Drive, Skydrive. - Presentacións: Slideshare. - Plataformas educativas. TICS: Traballo Inicial 10
  • 11. David Vaz Danta 1º Bach A Consecuencias da Web 2.0: A Web 2.0 orixinou a democratización dos medios facendo que calquera persoa teña as mesmas posibilidades de publicar noticias que un periódico tradicional. Grupos de persoas crean blogs que ao día de hoxe reciben máis visitas que as versións online de moitos periódicos. A Web 2.0 reduciu considerablemente os custes de difusión da información. A día de hoxe podemos ter gratuitamente a nosa propia emisora de radio online, o noso periódico online, o noso canal de vídeos, etc. Ao aumentar a produción de información aumenta a segmentación da mesma, o que equivale que os usuarios poidan acceder a contidos que tradicionalmente non se publican nos medios convencionais. TICS: Traballo Inicial 11
  • 12. David Vaz Danta 1º Bach A  Aplicacións sociais das TICs As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) son incuestionables e están aí, forman parte da cultura tecnolóxica que nos rodea e coa que debemos convivir. Amplían as nosas capacidades físicas e mentais e as posibilidades do desenvolvemento social. Inclúese no concepto de TIC non soamente a informática e as súas tecnoloxías asociadas, senón que tamén os medios de comunicación de todo tipo: os medios de comunicación social e os medios de comunicación interpersonais tradicionais con soporte tecnolóxico como o teléfono, Fax... As principais aplicacións das TIC son:  Fácil acceso a todo tipo de información.  Instrumentos para todo tipo de proceso de datos.  Canles de comunicación.  Almacenamento de grandes cantidades de información.  Automatización das tarefas.  Interactividade. De todos os elementos que integran as TIC, sen dúbida o máis poderoso e revolucionario é Internet (anteriormente comentado). Internet proporciónanos un terceiro mundo no que podemos facer case todo o que facemos no mundo real e ademais permítenos desenrolar novas actividades. TICS: Traballo Inicial 12
  • 13. David Vaz Danta 1º Bach A A partir das tendencias actuais, a evolución das TIC nos próximos anos pode estar caracterizada polos seguintes aspectos:  Progresivo aumento dos sistemas informáticos portátiles.  Progresiva difusión das pantallas planas (TFT).  Implantación das tecnoloxías inalámbricas: rato, teclado, impresoras, redes LAN…  Xeralización das pizarras dixitais no ámbito educativo. A expansión das TIC en todos os ámbitos e estratos da nosa sociedade produciuse a gran velocidade, e é un proceso que continua xa que van aparecendo sen cesar novos elementos tecnolóxicos. A progresiva diminución dos custes da maioría dos produtos tecnolóxicos, froito do incremento dos volumes de produción, déixase sentir nos prezos e permítenos dispoñer de máis prestacións polos mesmo diñeiro, facilitando a introdución destas potentes tecnoloxías en todas as actividades humanas e en todos os ámbitos socioeconómicos. Non obstante, a pesar destas magníficas credenciais que fan das TIC instrumentos altamente útiles para todo tipo de persoa, e por suposto imprescindibles para toda empresa, existen diversas circunstancias que dificultan a súa máis ampla difusión entre todas as actividades e capas sociais. TICS: Traballo Inicial 13
  • 14. David Vaz Danta 1º Bach A  Valoración: Riscos e posibilidades A expansión do uso das tecnoloxías supuxo a xeración de novas normas de relacionarse son parte da vida cotiá de nenos/as e adolescentes. Isto trae grandes vantaxes, ao mesmo tempo require tomar medidas para que se eviten as situacións de perigo dentro do que se lle pode chamar “o mundo da información e da comunicación”. Hai diversos estudos sobre usos e costumes en relación ás tecnoloxías conclúen que os adolescentes teñen unha baixa percepción do risco ao que se pode estar exposto en situacións vinculadas á interacción cas Tics. Pero ao mesmo tempo, as Tics son moi beneficiosas nalgúns aspectos, noméanse algunha posibilidades que ofrecen as Tecnoloxías da Información e Comunicación a continuación:  Ampliación da oferta informativa.  Creación de entornos máis flexibles para a aprendizaxe.  Eliminación das barreiras espazo-temporais entre o profesor e os estudantes.  Incremento das modalidades comunicativas.  Potenciación dos escenarios e entornos interactivos.  Favorecer tanto a aprendizaxe independente e a autoaprendizaxe como o colaborativo e en grupo. TICS: Traballo Inicial 14
  • 15. David Vaz Danta 1º Bach A  Romper os clásicos escenarios informativos, limitados ás institucións escolares.  Ofrecer novas posibilidades para a orientación e a tutorización dos estudantes.  Facilitar unha formación permanente. En conclusión, as Tics foron un gran avance no ámbito da información e da comunicación, colaborando nun mundo moito máis globalizado e máis rápido no sentido da expansión da información. Ten moitas propiedades que son moi útiles para a humanidade, e moitas empresas se favorecen diso. Pero as Tics tamén teñen un lado que supón un problema para as persoas que descoñecen este “mundo”. Teñen os seus riscos e hai que coñecelos moi ben para que o que inicialmente foi creado para beneficiar ás persoas se transforme en algo que supoña un verdadeiro problema. TICS: Traballo Inicial 15