SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 8
Baixar para ler offline
deaula
OllOs ANO II - Nº 14 - Maio 2014
Revista para as familias do alumnado
Maio, mes da
lingua
Letras 2014:
Xosé María
Díaz Castro
TDAH: cando
hai que
medicar?
2
Revista editada pola CGENDL
www.coordinadoraendl.org
ollosdeaula@gmail.com
Deseño-maquetación:tallerDD.com
Do 19 ao 25 de maio
non podes perder o XV
Festival Internacional de
Títeres de Redondela.
Tes toda a información en
http://ir.gl/1821d1
Este ano o Día das
Letras Galegas está
dedicado a Xosé María
Díaz Castro. Todo o que
queiras sobre el, podes
atopalo en
http://ir.gl/cb801f
As Google Glass, as
lentes intelixentes
de Google, estarán
preparadas para
seren configuradas
en galego. A nosa
lingua na vangarda
tecnolóxica.
Interésanche as noticias
relacionadas coa nosa
lingua? Podes recibilas
no teu correo dándote
de alta no boletín do
Observatorio da Lingua
Galega en
http://ir.gl/0a45e8
Tes na casa un
mozo/a interesado
en facer teatro ou
radio? Anímao/a
a participar nos
obradoiros que
organiza a Rede
de Dinamización
Lingüística. Pode
informarse en
http://ir.gl/706745
Nos próximos
meses vanse
celebrar en
Galicia once
feiras do libro
novo e seis
do antigo e de ocasión. Seguro
que unha cae cerca da túa
casa! Podes consultar lugares e
calendario en www.librarias.org
O trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH),
consiste en síntomas cognitivos (dificultade para atender selectiva-
mente a un mesmo estímulo, ignorando os estímulos irrelevantes,
para planificar as accións e o tempo de cara a un obxectivo), así
como de comportamento (impulsividade, dificultade para adap-
tarse). Poden predominar os primeiros, os segundos ou unha
combinación e preséntase desde a idade preescolar á adulta. En
ocasións pode haber ansiedade, trastornos do sono, tics ou ideas
obsesivas. O diagnóstico de TDAH permite poñer en marcha me-
didas adecuadas para reducir o risco de fracaso escolar,
problemas emocionais, sociais ou laborais. Non
sempre é necesario un tratamento
farmacolóxico. Débese avaliar
se se trata dun TDAH illado
ou asociado a outra en-
fermidade neurolóxica ou
psiquiátrica (por exemplo,
síndrome de Tourette, tras-
torno obsesivo-compulsivo).
Se os síntomas non interfiren
significativamente na vida cotiá
e escolar, pode ser suficiente
con apoio psicopedagóxico,
coa aprendizaxe de pautas de
estudo, de habilidades sociais e
de técnicas de modificación de conduta (protocolos de recompen-
sa, manexo do comportamento inapropiado con respostas prede-
cibles e coherentes), tanto no colexio coma na casa. Os medica-
mentos para mellorar a atención e a hiperactividade divídense en
estimulantes e non estimulantes (como a atomoxetina) e existen
diversas presentacións farmacéuticas. En ocasións poden ser útiles
os antidepresivos.
3
A pregunta
?
Responde: María Jesús Sobrido Gómez
[Neuróloga e xenetista da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica]
TDAH: é sempre necesario un tratamento
farmacolóxico?
Díaz Castro, o home que
daba palabras ás cousas
Pouca xente, ata
este ano, oíra falar
do poeta Xosé María
Díaz Castro, unha
circunstancia que
podemos atribuír á
súa reducida obra
literaria, ao seu
carácter discreto e ao
feito de pasar unha
boa parte da súa
vida fóra de Galicia.
Porén, estamos ante
unha das meirandes
personalidades
poéticas da segunda
metade do século
XX no noso país,
autor duns textos
que habían deixar
pegada nas seguintes
xeracións poéticas.
4
O tema
Luis Gómez Aldegunde
[Profesor de Lingua e literatura galega no CPI dos Dices (Rois-A Coruña)]
Díaz Castro naceu no lugar do Vilariño, no concello
lugués de Guitiriz, pero o poeta é froito do semina-
rio de Mondoñedo, a onde a familia tivo a preocu-
pación de o mandar para que estudase. O seminario
de Mondoñedo é un lugar emblemático para a
literatura galega porque se converteu nun auténtico
viveiro de escritores, entre os que se contan Pas-
tor Díaz, Noriega Varela e dous coetáneos
de Díaz Castro: Crecente Vega e o
seu amigo Aquilino Iglesia Alva- riño.
A súa formación académica
viuse interrompida pola
Guerra Civil e cando quixo
retomar os estudos, xa
non foi quen de os re-
matar. Xaquín Campo
Freire pensa que foi este
trauma da guerra o que
o fixo abandonar o se-
minario. Foi así como
empezou a súa carreira
docente no colexio
León XIII de Vilagarcía,
do que era director o
seu amigo Aquilino. Con
todo, a vida profesional
de Díaz Castro desenvol-
veuse en Madrid, onde tra-
ballou como tradutor.
A única obra de Díaz Castro é
Nimbos (1961), un poemario no
que destacan dous temas: o
sentimento relixioso e a Terra. O volu-
me foi acollido con entusiasmo pola
intelectualidade galega da época, pero
non tivo gran difusión fóra dese cír-
culo reducido. Os especialistas na súa
obra, como Alfonso Blanco e Armando
Requeixo, coinciden en sinalar a pro-
fundidade e a calidade dun poeta que
cómpre descubrir por detrás dunha
aparente sinxeleza que deita da cons-
ciente depuración da súa expresión
poética. A escasa sorte de Nimbos ta-
mén veu marcada por tratarse,
no seu momento, dunha
obra contracorrente, xa
que, poucos meses
despois, a propia
editorial Galaxia
ía publicar Longa
noite de pedra,
de Celso Emilio
Ferreiro, que se
converteu no
cumio da ten-
dencia poética
dominante
naquela altu-
ra: o social-
rrealismo que
denunciaba
as inxustizas da
ditadura.
Un caso sobrancei-
ro dentro dos
seus textos é
o poema
Penélope, presente en todas as
antoloxías desde a súa publica-
ción. Trátase dun poema no que
soubo poñer de manifesto o devir
histórico de Galicia e as nosas
dúbidas como pobo: “Un paso
adiante e outro atrás, Galiza, / i a
tea dos teus soños non se move”.
O poema, que tamén deixa enxer-
gar a súa formación clásica, é
cantado polo grupo musical A
Quenlla, que o fixo aínda máis
popular.
De volta ao seu Guitiriz natal, nos
anos 80, entrou en contacto con
autores novos (como Margarita
Ledo Andión e Darío Xohán Ca-
bana) e publicou algúns textos
na revista Dorna. Pero, sobre
todo, o que marcou o segun-
do descubrimento deste autor
para a literatura galega foi o seu
contacto con Alfonso Blanco e
a Asociación Cultural Xermolos,
que traballou desde aquela para
o recoñecemento que merece o
poeta. Léndomos Nimbos habe-
mos ter ocasión de comprobar
que, efectivamente, alumou con
fachas de palabras o mundo que
lle deron, tal e como deixou escri-
to no pórtico da súa obra. [Para
máis información, poden verse os
vídeos coordinados polo autor do
artigo: http://ir.gl/a3d896 ]
Seguimos falando das diferentes maneiras de adaptar o
currículo ás necesidades dos estudantes. Se no número
anterior comentabamos as adaptacións individualizadas,
hoxe tócanos presentar a denominada “adaptación de
acceso ao currículo”. Con ela tratamos de eliminar as
barreiras físicas ou materiais coas que se atopan alumnos/
as con problemas de mobilidade, auditivos ou visuais. Por
exemplo, se temos un neno/a cego/a na clase, poderemos
usar materiais en braille ou facer todos os exames orais.
Cun neno/a xordo/a, podemos utilizar dispositivos de fre-
cuencia modulada ou sinais luminosos.
As adaptacións curriculares son un tema moi complexo,
pois obrigan a un estudo moi preciso das dificultades dos
rapaces/zas e a un traballo coordinado de axuste entre
o profesorado. É, por dicilo dalgún xeito, a “confección
personalizada” que adapta os tecidos á nosa feitura,
única e exclusiva. É o “traxe á medida” que nos ofrece a
escola.
6
Lines Salgado
Palabras do ensino
{ADAPTACIÓN CURRICULAR [e 2]}
Castro de San Cibrao de Las. O Castro de San Ci-
brao de Las, situado entre os concellos de San Amaro e
Punxín, é un dos xacementos castrenses máis grandes
e mellor conservados de Galicia. Este castro acaba de
ser ampliado cun Centro de Interpretación: o Parque
Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica, un espa-
zo onde coñecer esta etapa fundamental da Prehistoria
galega a través dunha exposición que ofrece todas as
claves para explotar os enigmas desta cultura.
7
CADENCIASGracia Santorum
Para ler
Para ter
Para visitar
Moito conto [Enrique Páez e Marjotie Pourchet. Ed. OQO]
Non resulta doado reunir nun só álbum a todos os personaxes
dos contos clásicos. Un libro que semella tirado das técnicas
narrativas de Rodari, facendo relacionar os diferentes per-
sonaxes das historias clásicas. A liberdade que outorgan os
creadores aos personaxes permite que saian do seu ámbito
cotián para internarse noutras situacións que procurarán unha
sorpresa tras outra. O final resérvanos aínda unha nova sor-
presa. Con fermosas ilustracións de técnica mixta.
Onde viven os monstros [Maurice Sendak. Ed. Ka-
landraka]. Se cremos que en todas as casas debe haber
unha lavadora, nós opinamos que todas as casas deben
posuír este libro. Porque hai cousas imprescindibles, e
esta é unha delas. Porque é un clásico da Literatura Uni-
versal que vai moito máis alá da Literatura Infantil. E
porque de cando en vez hai que volvelo a abrir, gozar e
pechalo ata a próxima. Porque é unha alfaia ao alcance
de todos nós: imaxes e texto dialogan na construción
dunha historia aparentemente sinxela na que son posibles
moitas lecturas, mesmo a psicoanálitica que o considera unha excelente
maneira de amosar como os nenos e nenas fan fronte ás frustracións,
utilizando a súa fantasía como arma de defensa contra os todopoderosos
adultos.
Esta breve historia pode que sexa verídica.
A protagonista chámase Esther, é madrileña de orixe, ten vinte e nove anos.
Durante unha breve etapa da súa vida trasládase a vivir na Coruña. Nese
período descobre non só unha cidade marabillosa, senón tamén xentes que
falan un idioma distinto ao seu. Ela non o dubida. Decide aprender esa lingua
con sabor atlántico. Para integrarse. Para ser menos allea. Para enriquecerse,
mais non con moedas, senón con palabras que abren cancelas e permiten
descubrir novos universos.
Un día esa moza ponse a buscar emprego. Esa tarefa, como para tantos mi-
lleiros de persoas, resulta un labor complicado. Envía centos e centos de cu-
rrículos. Un deles chega ata un hotel asturiano. Nese papeliño no que figuran
os seus méritos e coñecementos, Esther deixa constancia do seu coñecemento
da lingua galega. Algo que semella positivo, e que non fai dano a ninguén.
Porque, supostamente, vivimos nunha sociedade plurilingüe que valora e reco-
ñece a diversidade lingüística. Non si?
Se cadra, non. Como tantos outros, a propietaria do hotel asturiano rexeita
o currículo de Esther, nun exercicio de liberdade empresarial. Ata aí nada
estraño acontece, está no seu dereito a facelo. Mais non lle abonda. Hai un
detalle nese currículo que lle provoca proídos, unha especie de estigma, como
un pelo que aparece na sopa. Por que unha moza madrileña é tan parva para
alegar o galego como mérito profesional? Por favor, menudo atrevimiento!
Que aprenda mejor inglés y se deje de una vez de dialectos regionales!
E así anda o mundo: con
persoas que abren por-
tas e con outras que as
atrancan con ferrollos.
Mais sempre haberá
quen diga que a culpa
de levar golpes é do cra-
vo por se poñer debaixo
do martelo.
Da lingua
Cancelas e ferrollos
8

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Coordinadora Galega ENDL
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilsatelite1
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirCoordinadora Galega ENDL
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 

Mais procurados (20)

Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Lajartiño13
Lajartiño13Lajartiño13
Lajartiño13
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 

Semelhante a Ollos de aula. Nº 14

Letras galegas2014 guiasecundaria
Letras galegas2014 guiasecundariaLetras galegas2014 guiasecundaria
Letras galegas2014 guiasecundariasatelite1
 
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015Cristina Martín
 
Galegando 13
Galegando 13Galegando 13
Galegando 13belengc7
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Carvalho 2015 para asemblea 12 II-14
Carvalho 2015 para asemblea 12 II-14Carvalho 2015 para asemblea 12 II-14
Carvalho 2015 para asemblea 12 II-14cenlf
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012martafp
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013capranta
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013satelite1
 
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández PazLaudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández PazFrancisco Castro
 

Semelhante a Ollos de aula. Nº 14 (20)

Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Letras galegas2014 guiasecundaria
Letras galegas2014 guiasecundariaLetras galegas2014 guiasecundaria
Letras galegas2014 guiasecundaria
 
fiadeiro .pdf
fiadeiro .pdffiadeiro .pdf
fiadeiro .pdf
 
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
 
Marilar aleixandre
Marilar aleixandreMarilar aleixandre
Marilar aleixandre
 
Galegando 13
Galegando 13Galegando 13
Galegando 13
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
 
Agasallagalego
AgasallagalegoAgasallagalego
Agasallagalego
 
Carvalho 2015 para asemblea 12 II-14
Carvalho 2015 para asemblea 12 II-14Carvalho 2015 para asemblea 12 II-14
Carvalho 2015 para asemblea 12 II-14
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013
 
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández PazLaudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Xosé ignacio taibo
Xosé ignacio taiboXosé ignacio taibo
Xosé ignacio taibo
 

Mais de Coordinadora Galega ENDL

Mais de Coordinadora Galega ENDL (14)

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüística
 
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
 
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuAxenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
 
Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15
 

Ollos de aula. Nº 14

  • 1. deaula OllOs ANO II - Nº 14 - Maio 2014 Revista para as familias do alumnado Maio, mes da lingua Letras 2014: Xosé María Díaz Castro TDAH: cando hai que medicar?
  • 2. 2 Revista editada pola CGENDL www.coordinadoraendl.org ollosdeaula@gmail.com Deseño-maquetación:tallerDD.com Do 19 ao 25 de maio non podes perder o XV Festival Internacional de Títeres de Redondela. Tes toda a información en http://ir.gl/1821d1 Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Xosé María Díaz Castro. Todo o que queiras sobre el, podes atopalo en http://ir.gl/cb801f As Google Glass, as lentes intelixentes de Google, estarán preparadas para seren configuradas en galego. A nosa lingua na vangarda tecnolóxica. Interésanche as noticias relacionadas coa nosa lingua? Podes recibilas no teu correo dándote de alta no boletín do Observatorio da Lingua Galega en http://ir.gl/0a45e8 Tes na casa un mozo/a interesado en facer teatro ou radio? Anímao/a a participar nos obradoiros que organiza a Rede de Dinamización Lingüística. Pode informarse en http://ir.gl/706745 Nos próximos meses vanse celebrar en Galicia once feiras do libro novo e seis do antigo e de ocasión. Seguro que unha cae cerca da túa casa! Podes consultar lugares e calendario en www.librarias.org
  • 3. O trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), consiste en síntomas cognitivos (dificultade para atender selectiva- mente a un mesmo estímulo, ignorando os estímulos irrelevantes, para planificar as accións e o tempo de cara a un obxectivo), así como de comportamento (impulsividade, dificultade para adap- tarse). Poden predominar os primeiros, os segundos ou unha combinación e preséntase desde a idade preescolar á adulta. En ocasións pode haber ansiedade, trastornos do sono, tics ou ideas obsesivas. O diagnóstico de TDAH permite poñer en marcha me- didas adecuadas para reducir o risco de fracaso escolar, problemas emocionais, sociais ou laborais. Non sempre é necesario un tratamento farmacolóxico. Débese avaliar se se trata dun TDAH illado ou asociado a outra en- fermidade neurolóxica ou psiquiátrica (por exemplo, síndrome de Tourette, tras- torno obsesivo-compulsivo). Se os síntomas non interfiren significativamente na vida cotiá e escolar, pode ser suficiente con apoio psicopedagóxico, coa aprendizaxe de pautas de estudo, de habilidades sociais e de técnicas de modificación de conduta (protocolos de recompen- sa, manexo do comportamento inapropiado con respostas prede- cibles e coherentes), tanto no colexio coma na casa. Os medica- mentos para mellorar a atención e a hiperactividade divídense en estimulantes e non estimulantes (como a atomoxetina) e existen diversas presentacións farmacéuticas. En ocasións poden ser útiles os antidepresivos. 3 A pregunta ? Responde: María Jesús Sobrido Gómez [Neuróloga e xenetista da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica] TDAH: é sempre necesario un tratamento farmacolóxico?
  • 4. Díaz Castro, o home que daba palabras ás cousas Pouca xente, ata este ano, oíra falar do poeta Xosé María Díaz Castro, unha circunstancia que podemos atribuír á súa reducida obra literaria, ao seu carácter discreto e ao feito de pasar unha boa parte da súa vida fóra de Galicia. Porén, estamos ante unha das meirandes personalidades poéticas da segunda metade do século XX no noso país, autor duns textos que habían deixar pegada nas seguintes xeracións poéticas. 4 O tema Luis Gómez Aldegunde [Profesor de Lingua e literatura galega no CPI dos Dices (Rois-A Coruña)] Díaz Castro naceu no lugar do Vilariño, no concello lugués de Guitiriz, pero o poeta é froito do semina- rio de Mondoñedo, a onde a familia tivo a preocu- pación de o mandar para que estudase. O seminario de Mondoñedo é un lugar emblemático para a literatura galega porque se converteu nun auténtico viveiro de escritores, entre os que se contan Pas- tor Díaz, Noriega Varela e dous coetáneos de Díaz Castro: Crecente Vega e o seu amigo Aquilino Iglesia Alva- riño. A súa formación académica viuse interrompida pola Guerra Civil e cando quixo retomar os estudos, xa non foi quen de os re- matar. Xaquín Campo Freire pensa que foi este trauma da guerra o que o fixo abandonar o se- minario. Foi así como empezou a súa carreira docente no colexio León XIII de Vilagarcía, do que era director o seu amigo Aquilino. Con todo, a vida profesional de Díaz Castro desenvol- veuse en Madrid, onde tra- ballou como tradutor. A única obra de Díaz Castro é Nimbos (1961), un poemario no que destacan dous temas: o
  • 5. sentimento relixioso e a Terra. O volu- me foi acollido con entusiasmo pola intelectualidade galega da época, pero non tivo gran difusión fóra dese cír- culo reducido. Os especialistas na súa obra, como Alfonso Blanco e Armando Requeixo, coinciden en sinalar a pro- fundidade e a calidade dun poeta que cómpre descubrir por detrás dunha aparente sinxeleza que deita da cons- ciente depuración da súa expresión poética. A escasa sorte de Nimbos ta- mén veu marcada por tratarse, no seu momento, dunha obra contracorrente, xa que, poucos meses despois, a propia editorial Galaxia ía publicar Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, que se converteu no cumio da ten- dencia poética dominante naquela altu- ra: o social- rrealismo que denunciaba as inxustizas da ditadura. Un caso sobrancei- ro dentro dos seus textos é o poema Penélope, presente en todas as antoloxías desde a súa publica- ción. Trátase dun poema no que soubo poñer de manifesto o devir histórico de Galicia e as nosas dúbidas como pobo: “Un paso adiante e outro atrás, Galiza, / i a tea dos teus soños non se move”. O poema, que tamén deixa enxer- gar a súa formación clásica, é cantado polo grupo musical A Quenlla, que o fixo aínda máis popular. De volta ao seu Guitiriz natal, nos anos 80, entrou en contacto con autores novos (como Margarita Ledo Andión e Darío Xohán Ca- bana) e publicou algúns textos na revista Dorna. Pero, sobre todo, o que marcou o segun- do descubrimento deste autor para a literatura galega foi o seu contacto con Alfonso Blanco e a Asociación Cultural Xermolos, que traballou desde aquela para o recoñecemento que merece o poeta. Léndomos Nimbos habe- mos ter ocasión de comprobar que, efectivamente, alumou con fachas de palabras o mundo que lle deron, tal e como deixou escri- to no pórtico da súa obra. [Para máis información, poden verse os vídeos coordinados polo autor do artigo: http://ir.gl/a3d896 ]
  • 6. Seguimos falando das diferentes maneiras de adaptar o currículo ás necesidades dos estudantes. Se no número anterior comentabamos as adaptacións individualizadas, hoxe tócanos presentar a denominada “adaptación de acceso ao currículo”. Con ela tratamos de eliminar as barreiras físicas ou materiais coas que se atopan alumnos/ as con problemas de mobilidade, auditivos ou visuais. Por exemplo, se temos un neno/a cego/a na clase, poderemos usar materiais en braille ou facer todos os exames orais. Cun neno/a xordo/a, podemos utilizar dispositivos de fre- cuencia modulada ou sinais luminosos. As adaptacións curriculares son un tema moi complexo, pois obrigan a un estudo moi preciso das dificultades dos rapaces/zas e a un traballo coordinado de axuste entre o profesorado. É, por dicilo dalgún xeito, a “confección personalizada” que adapta os tecidos á nosa feitura, única e exclusiva. É o “traxe á medida” que nos ofrece a escola. 6 Lines Salgado Palabras do ensino {ADAPTACIÓN CURRICULAR [e 2]}
  • 7. Castro de San Cibrao de Las. O Castro de San Ci- brao de Las, situado entre os concellos de San Amaro e Punxín, é un dos xacementos castrenses máis grandes e mellor conservados de Galicia. Este castro acaba de ser ampliado cun Centro de Interpretación: o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica, un espa- zo onde coñecer esta etapa fundamental da Prehistoria galega a través dunha exposición que ofrece todas as claves para explotar os enigmas desta cultura. 7 CADENCIASGracia Santorum Para ler Para ter Para visitar Moito conto [Enrique Páez e Marjotie Pourchet. Ed. OQO] Non resulta doado reunir nun só álbum a todos os personaxes dos contos clásicos. Un libro que semella tirado das técnicas narrativas de Rodari, facendo relacionar os diferentes per- sonaxes das historias clásicas. A liberdade que outorgan os creadores aos personaxes permite que saian do seu ámbito cotián para internarse noutras situacións que procurarán unha sorpresa tras outra. O final resérvanos aínda unha nova sor- presa. Con fermosas ilustracións de técnica mixta. Onde viven os monstros [Maurice Sendak. Ed. Ka- landraka]. Se cremos que en todas as casas debe haber unha lavadora, nós opinamos que todas as casas deben posuír este libro. Porque hai cousas imprescindibles, e esta é unha delas. Porque é un clásico da Literatura Uni- versal que vai moito máis alá da Literatura Infantil. E porque de cando en vez hai que volvelo a abrir, gozar e pechalo ata a próxima. Porque é unha alfaia ao alcance de todos nós: imaxes e texto dialogan na construción dunha historia aparentemente sinxela na que son posibles moitas lecturas, mesmo a psicoanálitica que o considera unha excelente maneira de amosar como os nenos e nenas fan fronte ás frustracións, utilizando a súa fantasía como arma de defensa contra os todopoderosos adultos.
  • 8. Esta breve historia pode que sexa verídica. A protagonista chámase Esther, é madrileña de orixe, ten vinte e nove anos. Durante unha breve etapa da súa vida trasládase a vivir na Coruña. Nese período descobre non só unha cidade marabillosa, senón tamén xentes que falan un idioma distinto ao seu. Ela non o dubida. Decide aprender esa lingua con sabor atlántico. Para integrarse. Para ser menos allea. Para enriquecerse, mais non con moedas, senón con palabras que abren cancelas e permiten descubrir novos universos. Un día esa moza ponse a buscar emprego. Esa tarefa, como para tantos mi- lleiros de persoas, resulta un labor complicado. Envía centos e centos de cu- rrículos. Un deles chega ata un hotel asturiano. Nese papeliño no que figuran os seus méritos e coñecementos, Esther deixa constancia do seu coñecemento da lingua galega. Algo que semella positivo, e que non fai dano a ninguén. Porque, supostamente, vivimos nunha sociedade plurilingüe que valora e reco- ñece a diversidade lingüística. Non si? Se cadra, non. Como tantos outros, a propietaria do hotel asturiano rexeita o currículo de Esther, nun exercicio de liberdade empresarial. Ata aí nada estraño acontece, está no seu dereito a facelo. Mais non lle abonda. Hai un detalle nese currículo que lle provoca proídos, unha especie de estigma, como un pelo que aparece na sopa. Por que unha moza madrileña é tan parva para alegar o galego como mérito profesional? Por favor, menudo atrevimiento! Que aprenda mejor inglés y se deje de una vez de dialectos regionales! E así anda o mundo: con persoas que abren por- tas e con outras que as atrancan con ferrollos. Mais sempre haberá quen diga que a culpa de levar golpes é do cra- vo por se poñer debaixo do martelo. Da lingua Cancelas e ferrollos 8