Unidade 1.a poboación mundial

740 visualizações

Publicada em

Unidade 1: A poboación mundial

Publicada em: Educação
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
740
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
548
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
0
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Unidade 1.a poboación mundial

  1. 1. UNIDADE 1 A poboación mundial
  2. 2. 1. O movemento natural da poboación No mundo viven milleiros e milleiros de persoas. A todo este conxunto de persoas denominámolo poboación. A demografía é a ciencia que estuda as características da poboación.
  3. 3. O movemento natural da poboación, denominado tamén crecemento natural ou vexetativo, alude á evolución da poboación a partir da diferencia entre os nacementos e as defuncións. Para calculalo necesitamos dous indicadores demográficos: a natalidade e a mortalidade. Ademáis, existen outros indicadores demográficos que nos aportan máis datos para estudar a dinámica da poboación: a nupcialidade, a fecundidade, a mortalidade infantil e a esperanza de vida ao nacer.
  4. 4. As taxas de mortalidade e mortalidade infantil e a esperanza de vida ao nacer son bos indicadores do grao de desenvolvemento dun país ou dunha rexión, ou dunha época ou período da Historia. • http://www.ine.es/ • http://datos.bancomundial.org/pais/espana
  5. 5. O crecemento natural ou vexetativo da poboación é a diferenza entre os nacementos e as defuncións nunha poboación determinada durante un período de tempo concreto. Para calculalo utilizaremos as taxas de natalidade e de mortalidade dunha poboación determinada nun período concreto de tempo. Taxa de natalidade (TN) Taxa de mortalidade (TM) *Crecemento natural (CN) *Temos que realizar unha operación de conversión, porque hai que expresala en % 35‰ - 25 ‰= 10 ‰ 10/10= 0,1% O crecemento natural pode ser: -Positivo: se hai máis nacementos ca falecementos. -Negativo: se hai máis falecementos ca nacementos. -Cero: se nace e morre o mesmo número de persoas.
  6. 6. Natalidade A natalidade indica o número de nacementos que se producen nun determinado territorio durante un período concreto de tempo (adoita ser un ano). Taxa de natalidade: nados nun ano x 1000 poboación total http://www.ine.es/jaxi/tabla.do A diminución da taxa de natalidade produciuse grazas ao desenvolvemento económico, aos cambios sociais e aos avances científicos.
  7. 7. Mortalidade A mortalidade indica o número de falecementos que se producen nun determinado territorio durante un período concreto de tempo (adoita ser un ano). Taxa de mortalidade: falecidos nun ano x 1000 poboación total • Taxa de mortalidade infantil: é a relación entre o número de nenos mortos durante o primeiro ano de vida e o total de nacementos nun ano. falecidos <1 ano x 1000 nados nun ano
  8. 8. Outros indicadores demográficos - A fecundidade: indica a media de fillos que ten unha muller nun determinado territorio. nados nun ano x 1000 mulleres 15-49anos - A nupcialidade indica o número de matrimonios celebrados nun ano determinado. - A esperanza de vida ao nacer é a media dos anos que unha persoa pode esperar vivir, calculada no momento do seu nacemento. • http://www.google.es/publicdata/explore?ds=d5bncppjof8f9_&met_y=sp_dyn_le00_in&idim =country:ESP&dl=es&hl=es&q=esperanza+de+vida+en+espa%C3%B1a#!ctype=l&strail=false&b cs=d&nselm=h&met_y=sp_dyn_le00_in&scale_y=lin&ind_y=false&rdim=region&idim=country: ESP&ifdim=region&hl=es&dl=es&ind=false
  9. 9. Os movementos migratorios Os movementos migratorios son os desprazamentos das persoas dun lugar a outro que conlevan un cambio de residencia. Os movementos migratorios poden ser de saída ou de entrada. A emigración é o movemento migratorio de saída. A inmigración é o movemento migratorio de entrada. O saldo migratorio= nº de emigrantes – nº de inmigrantes
  10. 10. Agora que xa sabemos que é o saldo migratorio e que é o crecemento natural, podemos calcular o crecemento real. Crecemento real= crecemento natural +/- saldo migratorio O saldo migratorio inflúe no crecemento real da poboación dun país.
  11. 11. Causas das migracións As causas que provocan as migracións poden ser económicas, naturais, políticas, relixiosas e socioculturais. -Causas económicas: Prodúcense pola busca de melloras laborais ou de máis posibilidades para subsistir. As máis frecuentes son as producidas dende países en vías de desenvolvemento cara a países desenvolvidos. -Causas políticas: provocadas polas guerras ou persecucións políticas dos gobernos ditatoriais. -Causas naturais: están asociadas ao cambio climático e aos desastres naturais como a seca, a deforestación, as enchentes, os terremotos, etc. -Causas socioculturais: son desprazamentos motivados por estudos ou novas perspectivas culturais. -Causas relixiosas: pode haber migracións a países que comparten un mismo credo ou a outros países pola fundación de novas comunidades. http://hdr.undp.org/es/informes/mundial/idh2009/videos/
  12. 12. Tipos de migracións -Migracións interiores: movementos de poboación que teñen lugar dentro dun mesmo país. Normalmente débense a causas sociolaborais.Éxodo rural. -Migracións exteriores ou internacionais: desprazamentos de poboación dun país a outro ou dun continente a outro. Prodúcense por motivos económicos e políticos.
  13. 13. Consecuencias das migracións Para os países de orixe Para os países de destino Demográficas: Modifican a estrutura e a composición da poboación Estancamento e envellecemento da poboación Aumento da poboación. Rexuvenecemento da poboación masculina. Económicas Inciden na economía tanto dos países emisores como dos países receptores Perda de man de obra. Inversión dos envíos de cartos que realizan os emigrantes. Aportación de capital e man de obra. Sociais Supoñen un esforzo de adaptación e unha fonte de conflitos O emigrante tense que a unha nova lingua. Actitude xenófobos e racistas. Aumento da necesidade sanitarios e educativos. adaptar a un novo entorno, ante comportamentos de servizos, como os Culturais Pode supor un enriquecemento das sociedades Aumento da diversidade cultural, que pode enriquecer tanto aos emigrantes como á poboación de destino. Persoais O cambio de entorno afecta a cada persoa dun modo distinto Afecta á estrutura familiar Adaptación a un novo entorno nun relativo illamento
  14. 14. 4. A estrutura da poboación. O estudo da estrutura da poboación permite coñecer como é a súa composición segundo diferentes variables: idade, sexo e actividade económica. Se clasificamos a poboación segundo a idade e o sexo estariamos realizando unha estrutura demográfica; se clasificamos a poboación segundo o traballo que realiza, teríamos unha estrutura profesional; e así podemos analizar outros moitos factores como a relixión, o idioma, a orixe étnica, etc.
  15. 15. 4.1. Poboación segundo o sexo. O número de homes e mulleres na poboación mundial é practicamente equivalente. Aínda que nacen máis nenos ca nenas, o equilibrio mantense porque a taxa de mortalidade masculina é maior ca a feminina. Galicia Provincia de A Coruña Comarca de A Coruña Municipio de A Coruña Pob < 25 20,7% 20,6% 21,2% 19,8% Pob 25 - 37,4% 38,1% 39,8% 38,6% 50 Pob > 50 41,9% 41,3% 38,9% 41,5%
  16. 16. 4.2. Poboación segundo a idade. Identifícanse tres grupos de idades: mozos (0-14 anos), adultos (15-64 anos) e anciáns (65 anos ou máis). Tendencias: -envellecemento da poboación (aumento da esperanza de vida, diminución da mortalidade). -nos países subdesenvolvidos a natalidade elevada, polo que a poboación é nova. http://datos.bancomundial.org/indicador/SP.POP.0014.TO.ZS http://datos.bancomundial.org/indicador/SP.POP.65UP.TO.ZS
  17. 17. 4.3. Poboación segundo a actividade económica. Cantas persoas traballan e en que tipos de actividades económicas o fan. Considerando a actividade económica: -poboación activa: persoas que están en idade de traballar e están capacitadas para facelo. Poboación ocupada, se traballan. Poboación parada, se están desempregadas. -poboación inactiva: as persoas que, por idade ou incapacidade, non poden realizar actividades económicas remuneradas. Son os estudantes, os xubilados… Poboación española de 16 anos e máis por relación coa actividade económica POBOACIÓN ESPAÑOLA DE 16 E MÁIS 33.874,5 Activos 19.661,0 - Ocupados 15.201,3 - Parados 4.459,7 Inactivos 14.213,4 Taxa de actividade 58,04 Taxa de paro 22,68
  18. 18. Sector primario: o que obtén produtos directamente da natureza (agricultura, gandaría, pesca, minaría e explotación forestal). Sector secundario: o que transforma as materias primas en produtos terminados ou semielaborados (industria, construción e produción de enerxía). Sector terciario: non produce bens, senón servizos ( sanidade, educación, transporte, comercio…)
  19. 19. Situación demográfica actual Como consecuencia dun diferente nivel de desenvolvemento económico, social e cultural, os países do mundo encóntranse en distintas fases do modelo de transición demográfica. -Países desenvolvidos: (fase demográfica moderna) o crecemento demográfico está estancado ou é negativo. Causas: baixa natalidade e un leve descenso da mortalidade que se reflicten na elevada esperanza de vida. -Países subdesenvolvidos ou en vías de desenvolvemento: (fase demográfica de transición). A mortalidade descendeu bruscamente, pero a natalidade e a mortalidade infantil continúan sendo elevadas. -Países en transición ao desenvolvemento: (estadio máis avanzado ca o anterior). A mortalidade baixou a niveis dos países desenvolvidos, e a natalidade descende lentamente.
  20. 20. Elabora a pirámide de poboación do teu concello 0-4 5-9 10- 14 15- 19 20- 24 25- 29 30- 34 35- 39 40- 44 45- 49 50- 54 55- 59 60- 64 65- 69 70- 74 75- 79 Illa de Arousa 2010 Meaño 2010 http://www.ige.eu/estatico/educacion/Xeografia/Estrutura/Teoria.htm 80- 84 85 e máis Homes 35 8 342 293 372 413 537 600 611 539 470 407 367 401 340 269 233 120 68 Muller es 27 4 319 338 331 389 519 636 617 544 481 415 386 417 396 311 331 204 224 Cambados 2010 0-4 5-9 10- 14 15- 19 20- 24 25- 29 30- 34 35- 39 40- 44 45- 49 50- 54 55- 59 60- 64 65- 69 70- 74 75- 79 80- 84 85 e máis Hom es 139 108 133 131 131 179 209 234 241 177 148 134 143 125 85 89 38 32 Mull eres 124 103 111 122 149 165 219 198 201 177 156 145 154 126 108 131 67 68 0-4 5-9 10- 14 15- 19 20- 24 25- 29 30- 34 35- 39 40- 44 45- 49 50- 54 55- 59 60- 64 65- 69 70- 74 75- 79 80- 84 85 e máis Homes 126 134 127 122 154 202 239 202 181 175 187 179 166 132 116 124 52 46 Muller 120 111 123 134 159 185 229 213 182 175 176 178 168 180 119 141 101 97 es

×