SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 9
Baixar para ler offline
Literatura Galega
                                do Século XX e da Actualidade

                               LUZ POZO GARZA


                                         Entrevista
                                  IES Manuel García Barros
                                         A Estrada

                                                                 Texto: © Cc-by-sa-3.0
                                                         Fotos: © Todos os dereitos reservados
miércoles 9 de enero de 2013
Luz Pozo Garza


               1.     Vostede na súa xuventude viviu un cambio social moi significativo: a pasaxe
                      dunha república a unha ditadura. Como lembra aqueles anos que incluso
                      ocasionaron o feito de que Vostede tiver que emigrar (ou exiliarse)? Marcou
                      esta etapa o seu pensamento e compromiso futuros?

               Na miña casa pai e irmán -de 17 anos- eran ideólogos republicanos comprometidos.
               Eu,como nena, recibía o seu influxo. O país era un caos en todos os sentidos. Pero o
               alzamento franquista trastocou o caos nunha guerra sen precedentes -eu tiña14 anos-
               imposible imaxinar o futuro das nosas vidas. Houbo que decidir urxentemente sen
               saber o que nos deparaba o destino. En Marrocos atopamos seguridade a carón do
               meu tío Román del Pozo, Xefe de Admón. de Facenda, en Tetuán. A etapa da guerra
               foi para min dramática; nostálxica fóra de Galicia, tristísima polo irmán no frente,
               pola súa morte no hospital militar de Jaca (Huesca) e nós no exilio...
                                                                                                      Luz Pozo con 10 anos (esquerda) e con
                                                                                                                20 anos (dereita).
               2.     Desde moi xove dedicouse á música. Foi este feito o que a inclinou especialmente ao xénero lírico? É tan importante a
                      simbiose música-poesía?


               Aos oito anos conpráronme un piano. Mamá introducíame na música ata que tiven profesores procedentes de Conservatorios, que
               viñan desprazados pola guerra. Tanto en violín, como en piano. A carreira elemental de piano, no Real conservatorio,en Madrid. A
               superior, na Coruña: Juan Frígola, violinista, do Cons. de Barcelona. Marina Fornes, pianista, do Cons. de Valencia. Vivín en
               intimidade coa música. Nunca profesional.”De la musique avant toute chose”, escribe Verlaine. Pero o impresionismo musical ten
               moito de sensualismo, Os simbolistas aspiran en cambio a desmaterializar o poema, como a música que descoñece os aspectos
               conceptuais.

               3.     Vostede sempre amosou un claro compromiso feminista. De onde xurdiu este forte compromiso? Foron feitos coma o de ter
                      que codirixir “Nordés” pero desde case un segundo plano por ser muller en plena transición? Cales foron as outras causas?

               Se existe en min ese compromismo será instintivo. Ou fomentado no fogar como norma de evidente xusticia. Nunca algo imposto
               nin espectacular.




miércoles 9 de enero de 2013
Luz Pozo Garza

               4.     Na súa entrada na RAG realizou un discurso centrado na gran poeta galega Rosalía de Castro. Foi Rosalía unha das fontes onde
                      bebeu Vostede persoal e literariamente?

                Rosalía foi a primeira poeta que coñecín, desde nena, polas lecturas dos pais tras da cea.
                Lecturas, recitais,“regueifas”que eles organizaban. Seguín cultivando esas lecturas ata
                asimilar a imaxe rosaliana nun importante sector da miña escrita, poemas, temas
                didácticos,cadros dramáticos, poemarios como Vida secreta de Rosalía. Obra traducida
                hoxe ao xaponés polo poeta Shozo Makanishi. A resposta do meu discurso académico
                debeuse ao profesor, Xesús Alonso Montero, meu compañeiro na RAG e grande amigo.

               5.     Que representou para Vostede, unha escritora novel, que o seu primeiro poemario
                      (O paxaro na boca) inaugurase unha colección poética (“Xistral”)?


                Foi un agasallo que non olvido por parte de Ángel Johán, director de Xistral, e do
                querido poeta Manuel María que sempre me animaba a escribir en galego. De aí saíra O
                paxaro na boca ,en 1952, humilde homenaxe meu ao admirado poeta Aquilino Iglesia
                Alvariño, a quen non coñecín en persoa, pero impresionárame Cómaros Verdes, en               Luz Pozo no acto de recepción da
                1947.                                                                                                     RAG.

               6.     Foron moitos os premios e recoñecementos que salientaron a súa obra e a súa vida. Que supuxeron estes premios e
                      recoñecementos para Vostede? Que supón para unha escritora galega ser recoñecida pola AELG? E falando desta última
                      asociación, como levou Vostede as disputas entre a RAG e a AELG nas calas figuraba Vostede?

               Sempre estarei cordialmente agradecida á AELG. Xa en 2001 promoveu unha homenaxe:“A escritora na súa Terra” en Ribadeo,
               coa Xunta e o Concello: Plantación dunha Camelia; dedicación dunha Rúa;entrega da máxima distinción: a Letra E de prata;
               erección dun Monolito cun poema, etc... Máis recentemente, dous importantes premios AELG: polo libro As arpas de Iwerddon. E,
               ultimamente ,por Deter o día cunha flor. Hai anos que a AELG me vén propoñendo nada menos que ¡ao premio Nobel!




miércoles 9 de enero de 2013
Luz Pozo Garza

               7.     Xamais se lle deu por escribir narrativa ou teatro ou estes intentos ficaron no anonimato?

                Desde sempre teño escrito relatos, un deles deume a coñecer no xornal La Noche. Nese espazo leume o poeta Eduardo
                Moreiras que se interesou por min. Amizade de décadas que terminou en voda. No ensaio, xénero que sempre cultivei, hai
                tamén relatos breves. Na actualidade colaboro –en castelán- en editoriais moi activas con Las mejores historias de Amor. En
                galego,colaborei na sección de relatos da gran revista, Unión Libre de Claudio Rodríguez-Fer e Carmen Blanco. Tamén, nas
                varias autobiografías que me piden. Non teño editado, iso non, ningún libro só de relatos, aínda que hai moitos anos escribín
                unha noveliña autobiográfica, hoxe felizmente perdida. En canto ao teatro: en 2002, os profesores Andrés Pociña e Aurora
                López, catedráticos de Filología Latina da Universidade de Granada, traduciron, presentaron e editaron en Linteo o meu libro
                Medea en Corinto. Dérono a coñecer na Península e Hispanoamérica en conferencias e recitais acompañado de música clásica.
                Aurora López, filóloga, é tamén musicóloga, domina o piano, compón e canta en tesitura de tiple. O matrimonio Pociña uníuse
                máis adiante -con todo o admirable material que compoñeron- á homenaxe que recebín da Universidade da Coruña no Museo
                de Arte debeu ser polo 2004, máis ou menos. Medea é coñecido en Europa, gracias a estes amigos.


               8.     Considera Vostede que o seu Códice Calixtino foi, como recoñece a maior parte da crítica, a súa obra mestra ou
                      simplemente unha obra máis da súa ampla produción lírica?

                Algúns profesores e críticos,como M. Ferrín, Andrés e Aurora Pociña, F. Del Riego, G.Garcés, Rodríguez-Fer, Carmen Blanco, A.
                Cáccamo, entre outros, foron moi xenerosos nos seu xuizos. Para o profesor X. Tomé,nun ensaio pormenorizado que me conmoveu,
                o Códice Calixtino ten unha clara relación ideal coa Divina Comedia...
                Sen borrar acertos do Códice- que foi seleccionado pola Xunta no programa de COU e Selectividade durante anos- penso que o
                superaron outros libros meus como Prometo a flor de Loto, Vida secreta de Rosalía, As arpas de Iwerddon, Medea en Corinto . E
                máis recentes :As vodas palatinas ou Deter o día cunha flor (que mereceu catro premios entre eles o da Crítica española en 2011.
                Neste intre,Novembro, 2012,o poeta Shozo Nakanishi presenta en Tokio a súa tradución ao xaponés de Vida secreta de Rosalía .
                Obra tamén moi lida na Universidade de Tréveris. Por outra banda, Medea en Corinto acadou o máximo de audiencia , incluída por
                A.Pociña e Aurora López nun libro de máis de 4ooo páxinas, rigoroso estudo: Medeas, de todo o mundo en todas as culturas. Obra
                ecuménica editada por estes sabios profesores na Universidade de Granada .




miércoles 9 de enero de 2013
Luz Pozo Garza


               9.     Sempre se di que é moi difícil que un escritor acade un alto nivel lírico en dous idiomas diferentes, como ocorreu no caso de
                      Rosalía… Vostede que si o fixo en galego e en castelán, como considera este feito no seu caso persoal?

                Paréceme normal nun país onde se cultivan dous idiomas.



               10.    Que pasa pola mente dunha poeta cando un mestre coma D. Xosé Luís Méndez Ferrín
                      lle adica as seguintes palabras á súa obra: “Cada poema resulta unha catedral na
                      que músicas e ecos e todo o universo latexan e se volven contra o seu propio centro
                      litúrxico”?


                O profesor Méndez Ferrín, tan douto en poesía como en literatura en xeral, acerta na súa
                visión crítica ao expresar tales opinións. No caso desta cita do meu libro, o crítico está a
                intuír un estado de ánimo paradóxico da voz lírica: a corrente interior que flúe entre
                orde e desorde sen acadar un equilibrio A ambivalencia da linguaxe poética -na práctica
                semiótica- permite o aparente desconcerto. Xa o advertían os preceptistas latinos: como
                Horacio na Epistola ad Pisones: “Pictoribus atque Poetis quidlibet audendi semper fuit
                aequa potestas” (cito de memoria- perdón!).
                                                                                                                    Debuxo feito por Luz
                                                                                                                           Pozo.
               11.    Realmente é tan serio o seu compromiso feminista como para escribir un verso coas
                      seguintes palabras: “As anxas de Galicia (…)?

                Nin “anxas” nin “membras”: ¡que horror! Nunca escribiría eu tal disparate que atenta contra a razón e contra o sentido común.
                Respecto eu a lingua e a fala como cousa sacra.Hai quen é capaz de calquera desatino por falta de sentido común e estético!




miércoles 9 de enero de 2013
Luz Pozo Garza

             12.   Vostede, que se dedicou de cheo tamén á docencia, como cre que poden interactuar as actividades docente e literaria nunha
                   mesma persoa?

              Docencia e literatura compleméntanse de marabilla. Ambas saen arrequecidas desa relación. O profesor sensibiliza contidos e o
              poeta estrutura e conciencia imaxes. A actividade docente permite , en calquera caso, unha diaria revisión máis fiel dun
              posicionamento como coñecedor e como ser humano .


             13.   Que nos podería contar do seu espírito deportista incluíndo o feito de representar á selección española de baloncesto?


               ...abreviando: tamén campeona de Crol (clube fluvial do Miño). De ciclismo: “Cintas” (Festas Viveiro). Patrón–embarcación-vela
              (Ría de Viveiro). Patinaxe. Tenis.



             14.   E finalmente, como enxerga Vostede o futuro da nosa literatura? E do noso idioma? E de Galiza?

              Nin na miña vida, nin antes, coido eu que o idioma galego chegara á altura e dominio como agora acada na escola, institutos,
              universidade, televisión, cine, publicacións, revistas, etc... Non hai máis que revisar a historia da literarura galega. O balance
              revela que Galicia defende con amor o seu idioma, cultura e tradición. Nunca esquecerá a súa historia nin o seu patrimonio
              cultural, entrañablemente unidos á terra xeográfica e anímica.




miércoles 9 Docenciade 2013
            de enero e e literatura compleméntanse de marabilla. Ambas saen arrequecidas desa relación. O profesor sensibiliza contidos e o
             Docencia literatura compleméntanse de marabilla. Ambas saen arrequecidas desa relación. O profesor sensibiliza contidos e o
CUES
                                    TIONA
                                            RIO




miércoles 9 de enero de 2013
Un personaxe galego e
                    a  obra
                 unh                                     un estranxeiro?             Un p
            /-a e gos?                                                                    erson
      a utor gale                                           Merlín (de                          axe l
   /ha raria                                                                                          i
                                                                                              iden terario c
 Un lite
                   ue iro :                            Cunqueiro)/ Cordelia        Xuli            tifiq     o qu
                  unq ilia                              (de Shakespeare)                eta              ue?      e se
         lva ro C fam                                                                          (Sha
                                                                                                       kesp
        Á
            erl ín e                                        Unha obr                                           eare)
          M                                                          a teatral?
                                                                Hamlet
                              o                                                             Unh
                         ment                                                                     a pel
                                                                                                       ícula
                       nu bel?                                                          Ann                    de ci
               U
                  mo tá
                 n ien            lo ria                                                     a Ka
                                                                                                  renin
                                                                                                           ne
                  sa l          G                                                           Greta       a (po
                               co da                      Outro entretemento                      Garb        r
                Pó rti                                   ademais da literatura?                        o)
           O                                 aci ón?     Música. Pintura. Cine.
                                   in spir
                                e                           Nadar. Bici...
                          n te d al.A a.
                     a fo       ider oesí
          lé a sú         n do s or. A p                                           Un/ha autor/-a e unha
                                                                                                           obra
     Ca              mu         m                                                    literaria estranxeiros?
                  O       . O a sica
                     r eza mu
               N atu        A                                                     Shakespeare : Hamlet

miércoles 9 de enero de 2013
Un feito histórico?                Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?
                   Abolición da                           Finlandia / Illa da Toxa
                   escravitude

               Un tipo                                    uto pía?
                       de músi
                                                    nha          i ras.            Un l
                                                             onte no
                Unha ca        ca?                 U                                    ugar
                         nción?                          n fr rra                              axeit
           A Paixón                                 or se gue                             a lec      ado p
                                                                                                           ara
                                               O am unha mundo                   Todo           tura
                    segundo                                                           s. Es          ?
             San Ma                             N ing o. Un                                 pecia
                                                                                                  lmen
                                                                   o
              “Sibone
                     teo /
                                                  m und etarian                            leito       te, o
                      y”                               vex


                                   no?                Un/h
                                 a                        a                                                  ?
                          l /urb ?                   quen autor/-                                    eal izar
                   o rura taña                           se id       a con                      por r
          M und /mon                  l ega.       Ana
                                                               entif
                                                                    ique              anc
                                                                                            eio      ia no /
                Pr aia           a ga                  M                 ?        n               n p as
                          v inci                         aría                    U              e
                                                                                             smo idiom
                     e pro ia
                                                                                           i
                                                    Carm      Matu                     tuos io de
             i tal d Pra                                 en L         te/          vir
                                                                                        omi
                                                                                            n
         Cap                                                  afore                   d
                                                                    t

miércoles 9 de enero de 2013

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoAsnosasletras
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)Xenza
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaAsnosasletras
 
María Casares por María Casares
María Casares por María CasaresMaría Casares por María Casares
María Casares por María Casaressenior.udc
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezAsnosasletras
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegotudense
 
Literatura Popular
Literatura PopularLiteratura Popular
Literatura Popularroimelo
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 

Mais procurados (20)

Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Fernán vello
Fernán velloFernán vello
Fernán vello
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
María Casares por María Casares
María Casares por María CasaresMaría Casares por María Casares
María Casares por María Casares
 
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galego
 
16 18
16 1816 18
16 18
 
Literatura Popular
Literatura PopularLiteratura Popular
Literatura Popular
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 

Destaque

Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiroAsnosasletras
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoAsnosasletras
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaAsnosasletras
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Manuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesManuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesAsnosasletras
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obramonadela
 
Manuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra ChaManuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra Chamonadela
 

Destaque (20)

Celso emilio ferreiro ps.
Celso emilio ferreiro ps.Celso emilio ferreiro ps.
Celso emilio ferreiro ps.
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 
A saúde
A saúdeA saúde
A saúde
 
RecitandoCelsoEmilio
RecitandoCelsoEmilioRecitandoCelsoEmilio
RecitandoCelsoEmilio
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Manuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesManuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez Fuentes
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
Manuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra ChaManuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra Cha
 

Semelhante a Luz pozo garza

don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012martafp
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaAsnosasletras
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXenza
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoAsnosasletras
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé QueizánAsnosasletras
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismoxenevra
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoAsnosasletras
 

Semelhante a Luz pozo garza (20)

don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
noriega
norieganoriega
noriega
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Bernardiño graña
Bernardiño grañaBernardiño graña
Bernardiño graña
 
Manuel lourenzo
Manuel lourenzoManuel lourenzo
Manuel lourenzo
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Diaz Castro
Diaz CastroDiaz Castro
Diaz Castro
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismo
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Bernardiño graña
Bernardiño grañaBernardiño graña
Bernardiño graña
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 

Mais de Asnosasletras

Mais de Asnosasletras (20)

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 

Luz pozo garza

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade LUZ POZO GARZA Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 9 de enero de 2013
  • 2. Luz Pozo Garza 1. Vostede na súa xuventude viviu un cambio social moi significativo: a pasaxe dunha república a unha ditadura. Como lembra aqueles anos que incluso ocasionaron o feito de que Vostede tiver que emigrar (ou exiliarse)? Marcou esta etapa o seu pensamento e compromiso futuros? Na miña casa pai e irmán -de 17 anos- eran ideólogos republicanos comprometidos. Eu,como nena, recibía o seu influxo. O país era un caos en todos os sentidos. Pero o alzamento franquista trastocou o caos nunha guerra sen precedentes -eu tiña14 anos- imposible imaxinar o futuro das nosas vidas. Houbo que decidir urxentemente sen saber o que nos deparaba o destino. En Marrocos atopamos seguridade a carón do meu tío Román del Pozo, Xefe de Admón. de Facenda, en Tetuán. A etapa da guerra foi para min dramática; nostálxica fóra de Galicia, tristísima polo irmán no frente, pola súa morte no hospital militar de Jaca (Huesca) e nós no exilio... Luz Pozo con 10 anos (esquerda) e con 20 anos (dereita). 2. Desde moi xove dedicouse á música. Foi este feito o que a inclinou especialmente ao xénero lírico? É tan importante a simbiose música-poesía? Aos oito anos conpráronme un piano. Mamá introducíame na música ata que tiven profesores procedentes de Conservatorios, que viñan desprazados pola guerra. Tanto en violín, como en piano. A carreira elemental de piano, no Real conservatorio,en Madrid. A superior, na Coruña: Juan Frígola, violinista, do Cons. de Barcelona. Marina Fornes, pianista, do Cons. de Valencia. Vivín en intimidade coa música. Nunca profesional.”De la musique avant toute chose”, escribe Verlaine. Pero o impresionismo musical ten moito de sensualismo, Os simbolistas aspiran en cambio a desmaterializar o poema, como a música que descoñece os aspectos conceptuais. 3. Vostede sempre amosou un claro compromiso feminista. De onde xurdiu este forte compromiso? Foron feitos coma o de ter que codirixir “Nordés” pero desde case un segundo plano por ser muller en plena transición? Cales foron as outras causas? Se existe en min ese compromismo será instintivo. Ou fomentado no fogar como norma de evidente xusticia. Nunca algo imposto nin espectacular. miércoles 9 de enero de 2013
  • 3. Luz Pozo Garza 4. Na súa entrada na RAG realizou un discurso centrado na gran poeta galega Rosalía de Castro. Foi Rosalía unha das fontes onde bebeu Vostede persoal e literariamente? Rosalía foi a primeira poeta que coñecín, desde nena, polas lecturas dos pais tras da cea. Lecturas, recitais,“regueifas”que eles organizaban. Seguín cultivando esas lecturas ata asimilar a imaxe rosaliana nun importante sector da miña escrita, poemas, temas didácticos,cadros dramáticos, poemarios como Vida secreta de Rosalía. Obra traducida hoxe ao xaponés polo poeta Shozo Makanishi. A resposta do meu discurso académico debeuse ao profesor, Xesús Alonso Montero, meu compañeiro na RAG e grande amigo. 5. Que representou para Vostede, unha escritora novel, que o seu primeiro poemario (O paxaro na boca) inaugurase unha colección poética (“Xistral”)? Foi un agasallo que non olvido por parte de Ángel Johán, director de Xistral, e do querido poeta Manuel María que sempre me animaba a escribir en galego. De aí saíra O paxaro na boca ,en 1952, humilde homenaxe meu ao admirado poeta Aquilino Iglesia Alvariño, a quen non coñecín en persoa, pero impresionárame Cómaros Verdes, en Luz Pozo no acto de recepción da 1947. RAG. 6. Foron moitos os premios e recoñecementos que salientaron a súa obra e a súa vida. Que supuxeron estes premios e recoñecementos para Vostede? Que supón para unha escritora galega ser recoñecida pola AELG? E falando desta última asociación, como levou Vostede as disputas entre a RAG e a AELG nas calas figuraba Vostede? Sempre estarei cordialmente agradecida á AELG. Xa en 2001 promoveu unha homenaxe:“A escritora na súa Terra” en Ribadeo, coa Xunta e o Concello: Plantación dunha Camelia; dedicación dunha Rúa;entrega da máxima distinción: a Letra E de prata; erección dun Monolito cun poema, etc... Máis recentemente, dous importantes premios AELG: polo libro As arpas de Iwerddon. E, ultimamente ,por Deter o día cunha flor. Hai anos que a AELG me vén propoñendo nada menos que ¡ao premio Nobel! miércoles 9 de enero de 2013
  • 4. Luz Pozo Garza 7. Xamais se lle deu por escribir narrativa ou teatro ou estes intentos ficaron no anonimato? Desde sempre teño escrito relatos, un deles deume a coñecer no xornal La Noche. Nese espazo leume o poeta Eduardo Moreiras que se interesou por min. Amizade de décadas que terminou en voda. No ensaio, xénero que sempre cultivei, hai tamén relatos breves. Na actualidade colaboro –en castelán- en editoriais moi activas con Las mejores historias de Amor. En galego,colaborei na sección de relatos da gran revista, Unión Libre de Claudio Rodríguez-Fer e Carmen Blanco. Tamén, nas varias autobiografías que me piden. Non teño editado, iso non, ningún libro só de relatos, aínda que hai moitos anos escribín unha noveliña autobiográfica, hoxe felizmente perdida. En canto ao teatro: en 2002, os profesores Andrés Pociña e Aurora López, catedráticos de Filología Latina da Universidade de Granada, traduciron, presentaron e editaron en Linteo o meu libro Medea en Corinto. Dérono a coñecer na Península e Hispanoamérica en conferencias e recitais acompañado de música clásica. Aurora López, filóloga, é tamén musicóloga, domina o piano, compón e canta en tesitura de tiple. O matrimonio Pociña uníuse máis adiante -con todo o admirable material que compoñeron- á homenaxe que recebín da Universidade da Coruña no Museo de Arte debeu ser polo 2004, máis ou menos. Medea é coñecido en Europa, gracias a estes amigos. 8. Considera Vostede que o seu Códice Calixtino foi, como recoñece a maior parte da crítica, a súa obra mestra ou simplemente unha obra máis da súa ampla produción lírica? Algúns profesores e críticos,como M. Ferrín, Andrés e Aurora Pociña, F. Del Riego, G.Garcés, Rodríguez-Fer, Carmen Blanco, A. Cáccamo, entre outros, foron moi xenerosos nos seu xuizos. Para o profesor X. Tomé,nun ensaio pormenorizado que me conmoveu, o Códice Calixtino ten unha clara relación ideal coa Divina Comedia... Sen borrar acertos do Códice- que foi seleccionado pola Xunta no programa de COU e Selectividade durante anos- penso que o superaron outros libros meus como Prometo a flor de Loto, Vida secreta de Rosalía, As arpas de Iwerddon, Medea en Corinto . E máis recentes :As vodas palatinas ou Deter o día cunha flor (que mereceu catro premios entre eles o da Crítica española en 2011. Neste intre,Novembro, 2012,o poeta Shozo Nakanishi presenta en Tokio a súa tradución ao xaponés de Vida secreta de Rosalía . Obra tamén moi lida na Universidade de Tréveris. Por outra banda, Medea en Corinto acadou o máximo de audiencia , incluída por A.Pociña e Aurora López nun libro de máis de 4ooo páxinas, rigoroso estudo: Medeas, de todo o mundo en todas as culturas. Obra ecuménica editada por estes sabios profesores na Universidade de Granada . miércoles 9 de enero de 2013
  • 5. Luz Pozo Garza 9. Sempre se di que é moi difícil que un escritor acade un alto nivel lírico en dous idiomas diferentes, como ocorreu no caso de Rosalía… Vostede que si o fixo en galego e en castelán, como considera este feito no seu caso persoal? Paréceme normal nun país onde se cultivan dous idiomas. 10. Que pasa pola mente dunha poeta cando un mestre coma D. Xosé Luís Méndez Ferrín lle adica as seguintes palabras á súa obra: “Cada poema resulta unha catedral na que músicas e ecos e todo o universo latexan e se volven contra o seu propio centro litúrxico”? O profesor Méndez Ferrín, tan douto en poesía como en literatura en xeral, acerta na súa visión crítica ao expresar tales opinións. No caso desta cita do meu libro, o crítico está a intuír un estado de ánimo paradóxico da voz lírica: a corrente interior que flúe entre orde e desorde sen acadar un equilibrio A ambivalencia da linguaxe poética -na práctica semiótica- permite o aparente desconcerto. Xa o advertían os preceptistas latinos: como Horacio na Epistola ad Pisones: “Pictoribus atque Poetis quidlibet audendi semper fuit aequa potestas” (cito de memoria- perdón!). Debuxo feito por Luz Pozo. 11. Realmente é tan serio o seu compromiso feminista como para escribir un verso coas seguintes palabras: “As anxas de Galicia (…)? Nin “anxas” nin “membras”: ¡que horror! Nunca escribiría eu tal disparate que atenta contra a razón e contra o sentido común. Respecto eu a lingua e a fala como cousa sacra.Hai quen é capaz de calquera desatino por falta de sentido común e estético! miércoles 9 de enero de 2013
  • 6. Luz Pozo Garza 12. Vostede, que se dedicou de cheo tamén á docencia, como cre que poden interactuar as actividades docente e literaria nunha mesma persoa? Docencia e literatura compleméntanse de marabilla. Ambas saen arrequecidas desa relación. O profesor sensibiliza contidos e o poeta estrutura e conciencia imaxes. A actividade docente permite , en calquera caso, unha diaria revisión máis fiel dun posicionamento como coñecedor e como ser humano . 13. Que nos podería contar do seu espírito deportista incluíndo o feito de representar á selección española de baloncesto? ...abreviando: tamén campeona de Crol (clube fluvial do Miño). De ciclismo: “Cintas” (Festas Viveiro). Patrón–embarcación-vela (Ría de Viveiro). Patinaxe. Tenis. 14. E finalmente, como enxerga Vostede o futuro da nosa literatura? E do noso idioma? E de Galiza? Nin na miña vida, nin antes, coido eu que o idioma galego chegara á altura e dominio como agora acada na escola, institutos, universidade, televisión, cine, publicacións, revistas, etc... Non hai máis que revisar a historia da literarura galega. O balance revela que Galicia defende con amor o seu idioma, cultura e tradición. Nunca esquecerá a súa historia nin o seu patrimonio cultural, entrañablemente unidos á terra xeográfica e anímica. miércoles 9 Docenciade 2013 de enero e e literatura compleméntanse de marabilla. Ambas saen arrequecidas desa relación. O profesor sensibiliza contidos e o Docencia literatura compleméntanse de marabilla. Ambas saen arrequecidas desa relación. O profesor sensibiliza contidos e o
  • 7. CUES TIONA RIO miércoles 9 de enero de 2013
  • 8. Un personaxe galego e a obra unh un estranxeiro? Un p /-a e gos? erson a utor gale Merlín (de axe l /ha raria i iden terario c Un lite ue iro : Cunqueiro)/ Cordelia Xuli tifiq o qu unq ilia (de Shakespeare) eta ue? e se lva ro C fam (Sha kesp Á erl ín e Unha obr eare) M a teatral? Hamlet o Unh ment a pel ícula nu bel? Ann de ci U mo tá n ien lo ria a Ka renin ne sa l G Greta a (po co da Outro entretemento Garb r Pó rti ademais da literatura? o) O aci ón? Música. Pintura. Cine. in spir e Nadar. Bici... n te d al.A a. a fo ider oesí lé a sú n do s or. A p Un/ha autor/-a e unha obra Ca mu m literaria estranxeiros? O . O a sica r eza mu N atu A Shakespeare : Hamlet miércoles 9 de enero de 2013
  • 9. Un feito histórico? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Abolición da Finlandia / Illa da Toxa escravitude Un tipo uto pía? de músi nha i ras. Un l onte no Unha ca ca? U ugar nción? n fr rra axeit A Paixón or se gue a lec ado p ara O am unha mundo Todo tura segundo s. Es ? San Ma N ing o. Un pecia lmen o “Sibone teo / m und etarian leito te, o y” vex no? Un/h a a ? l /urb ? quen autor/- eal izar o rura taña se id a con por r M und /mon l ega. Ana entif ique anc eio ia no / Pr aia a ga M ? n n p as v inci aría U e smo idiom e pro ia i Carm Matu tuos io de i tal d Pra en L te/ vir omi n Cap afore d t miércoles 9 de enero de 2013