SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 11
Baixar para ler offline
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade

Carlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa naceu en Lagoa da Pastoriza (Lugo) no
1948. Licenciado en Ciencias Políticas e Ciencias da
Información, desempeñou de sempre o labor xornalístico
especialmente na Axencia EFE onde exerceu desde o ano
1974 de redactor, Director de Información, Director de
Publicacións... Especialista no xénero narrativo onde se
deu a coñecer especialmente pola súa obra Crime en
Compostela (1984) considerada a primeira novela negra
escrita en galego. Outras obras súas serían O misterio do
barco perdido (1988), Intramundi (2002), Pepa A Loba
(2006)...

Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
miércoles 20 de noviembre de 2013
Carlos G. Reigosa
1.

Como lembra Vostede a súa nenez por terras luguesas? E aqueles anos 50-60 problemáticos a nivel social? Até que punto
marcaron a súa vida e a súa obra literaria?
A miña nenez foi moi feliz. Nacín nun lugar sen estradas, illado, con casas esparexidas, con campos verdergantes, con regos cheos
de troitas, con cotos medoñentos… Fóra de alí dicían que eramos de Tras da Corda, é dicir, de tras os montes que nos separaban
dos demais de Mondoñedo e Abadín. “O cú da Terra Chá”, dicían outros con retranca. Palabras que para min non significaban nada.
Porque eu vivía nunha casa chea de vida e de agarimo, con meus pais, miña avoa e dous tíos-avós. Meu pai era menciñeiro e
xamoneiro e os dous tíos-avós, zoqueiros. Por non ter, non tiñamos nin problemas sociais, porque a veciñanza era boa e solidaria, e
moitos traballos facíanse en común (segas, mallas, cavas, etcétera). Cada vez que imaxino o paraíso, sempre me sae a miña
Abelaira natal, co val de Lagoa ao pé, no concello da Pastoriza. Inevitable, pois, que isto marcara a miña vida e a miña obra
literaria (algo moi visible en creacións como Homes de Tras da Corda, As pucharcas da lembranza ou, sobre todo, Intramundi, se
cadra a obra que máis estimo e onde falo daqueles anos problemáticos de 1950-60).

2.

Existiu aquela avoa galega que marcase a súa escrita tal e como comenta Vostede que lle
ocorreu a don Gabriel García Márquez?
A miña avoa galega foi coral. Eu estaba rodeado de avoas que non paraban de contar cousas
que me abraiaban: de meigas, da Santa Compaña, de desaparecidos na emigración, de
mortos na Guerra Civil, de escapados que andaban polos montes na posguerra. A avoa
galega de García Márquez foi unha “crenza” que el necesitou para explicar a procedencia
das moitas maxias que se lle acugulaban na cabeza. Na realidade, a súa avoa era
colombiana, pero os avós desa avoa si que eran españois e moi probablemente de orixe
galega. Por esa liña de herdanzas corrían tradicións galegas, e el sabíao.

Carlos G. Reigosa
con Gabriel García
Márquez

miércoles 20 de noviembre de 2013
Carlos G. Reigosa
3.

Estudou Vostede “Ciencias Políticas” e “Ciencias da Información”. Até que punto o axudou a primeira para a segunda, que a fin
de contas foi a súa profesión de sempre?
Ciencias Políticas organizoume culturalmente a cabeza, é dicir, serviume para saber onde estaba eu, como era o mundo no que
vivía, de onde viña, como se rexía, etcétera. Ciencias da Información vencelloume para sempre coa profesión que eu quería
desenvolver. O xornalismo é a miña maneira de estar na vida, no mundo (a miña maneira profesional, se se quere). Vivino (e sigo a
vivilo) coma unha paixón que non esmorece. Sostívome sempre economicamente e permitiume coñecer as persoas que máis me
interesaban.

4.

Até que punto as “Ciencias da Información” e o seu labor xornalístico axudaron á súa
creación literaria?
Un achégase ao xornalismo crendo que é un camiño que leva dereitamente á literatura, pero
isto non é así. Con frecuencia, o xornalismo acaba por ser o peor inimigo do escritor. Porque o
xornalismo é absorbente e distrae, desencamiña. Ernest Hemingway díxoo con frase certeira:
“O xornalismo é o mellor oficio do mundo, a condición de deixalo a tempo”. Aí está a chave. Eu
convivo coas dúas dedicacións e pago o prezo que corresponde: traballo o dobre. Mais é certo
que, no meu caso, o xornalismo serviume como escritor, sobre todo na elección dos temas e na
estratexia narrativa, e tamén no estilo. Coido que isto é innegable.

5.

Carlos G. Reigosa
con 9 anos

Dende cando comezou a sentir inquedanzas pola literatura e por que é tan tardía a súa estrea como escritor?
Hai que ter en conta a miña orixe. Non había libros na miña casa natal. Con dezaseis anos aínda non lera unha novela enteira, e a
miña vocación era ser enxeñeiro de Telecomunicacións para ir traballar á NASA. Isto tampouco debe soar raro, porque do meu
concello emigraran moitos á Arxentina, Uruguai, Brasil, Venezuela, Cuba e México, un tío-avó meu entre eles. Para nós o que
quedaba lonxe de verdade era Madrid. En cambio, Bos Aires ou A Habana, de onde chegaban cartas sen parar, eran lugares moi
familiares, moi próximos. Pero todo cambiou cando cheguei a Madrid para facer Telecomunicacións, porque foi entón cando
descubrín a enorme capacidade de sedución que ía exercer sobre min a cultura, esa gran descoñecida. Foi un frechazo. E aí
cambiou todo, comecei a ler coma un tolo, estudei Xornalismo e Ciencias Políticas e desemboquei no territorio laboral e vital que
quería. Con vinte anos escribín os primeiros poemas (que, por sorte, non publiquei) e en 1979, con trinta e un anos, terminei
Oxford, amén, a miña primeira novela, que viu a luz tres anos despois. Creo que, tendo en conta a historia da miña vida, non me
estreei tarde como escritor. Simplemente, non podía ser antes.

miércoles 20 de noviembre de 2013
Carlos G. Reigosa
6.

Como poderiamos entender a súa “emigración” xornalística a Madrid e o seu estancamento alá?
Comecei a traballar en 1972 en La Voz de Galicia, e alí tiña pensado seguir moitos anos. Pero chegou o sorteo do servicio militar
e tocoume ir para o Sáhara Español. ¡Que absurdos me parecen agora aqueles tempos! Trece meses e vinte días vendo dunas e
sirocos. Tempo para moitas cavilacións sobre o futuro. Tantas que acabei por reformulalo todo. O mundo parecíame moi grande e
eu tiña ganas de velo. Ao regresar, tiven unha oportunidade de traballo na Axencia EFE. Era un traballo por tres meses…, pero
converteuse nun traballo para máis de trinta anos. Que sucedeu? Que me namorei de EFE, esa gran descoñecida, que é hoxe a
cuarta axencia mundial de información e a primeira no mundo hispanofalante. Alí fun xefe de Cultura e Ciencia ata 1979, en que
me entrou outra vez o desexo de volver á terra nai. Vin como delegado xeral de EFE para Galicia e vivín tres anos e medio en
Santiago. Aí naceu Crime en Compostela. E outravolta volveron os desexos de andar mundo. Volta para Madrid e moitas viaxes,
xa como director de Información de EFE. ¿Por que me “estanquei” en Madrid? Por todos estes azares. Pero eu nunca deixei de
estar vencellado a Galicia nin pasei un verán nun sitio que non fose A Pastoriza de Lugo.

7.

Estar mergullado no xornalismo facilitoulle información que despois Vostede empregaría
para a ficción literaria? Intentou Vostede abrir os ollos coa súa obra aos lectores de que
en Galiza se estaba a producir un cambio real no narcotráfico de contrabando de tabaco
ao de drogas?
A min o xornalismo deumo todo, menos o tempo para ser escritor. O tempo tíveno que
arrincar de fins de semana, vacacións, voos en avión, etcétera. Pero é certo que usei na
ficción literaria moitos elementos deducidos da investigación xornalística. Sempre tiven a
idea de que a literatura é un compromiso con cada lector. É unha idea que vén de Albert
Camus, peneirada logo pola descrenza do Teatro do Absurdo. A novela ten que interesar
para poder causar un efecto ilustrador e/ou denunciador. Nas miñas novelas chamadas
“negras” (eu prefiro chamarlles “de intriga”) sempre hai esta finalidade descubridora,
esclarecedora. Unha novela pode amosar como funciona toda unha organización secreta ou
toda unha sociedade. De feito, estas son as novelas que a min me interesan. Ofrecer luz
(coñecemento) mediante unha intriga capaz de interesar ao lector desde o comezo até o
final do relato.
Carlos G. Reigosa
con Gonzalo Torrente
Ballester

miércoles 20 de noviembre de 2013
Carlos G. Reigosa
8.

Por outra banda tamén achamos nas súas obras (Crime en Compostela; A vida do outro...) o personaxe do xornalista.
Estaba a pensar nalgún xornalista en concreto ou simplemente lle servía como axuda á ficción literaria?
Moitos personaxes meus débenlle unha parte do seu ser a algunhas persoas reais, pero nunca son enteiramente esas persoas
reais. Se o fosen, estariamos ante unha biografía, e non é o caso, claramente. Mais, si, todo o que un sabe ou coñece é
susceptible de converterse en material literario.

9.

Crime en Compostela marcou o comezo da “Novela negra” en galego, naqueles momentos en que se
estaba a experimentar en todo tipo de variedades, coma incluso o western en galego. Xurdiu en
Vostede sen máis o tema ou foi algo premeditado?

A escolla do tema foi premeditada, absolutamente. Despois de tres anos e medio en Santiago de
Compostela (1979-1983), eu era consciente de que a literatura galega carecía dunha narrativa
popular. Había novelas moi valiosas, moi ambiciosas, pero moi distantes culturalmente da tradición
que alimentaba noutros lugares as novelas de intriga, negras ou como se lles queira chamar. De feito,
Crime en Compostela, que gañou o I Premio Xerais, non tivo un éxito de crítica, pero converteuse
enseguida na primeira novela en galego que moitos galegos conseguiron ler enteira. Para min é
impagable a cantidade de xente que me parou na rúa para dicirme isto. Crime en Compostela tivo o
seu momento e a súa significacón social. Hoxe estamos xa noutro momento da nosa realidade, claro.

miércoles 20 de noviembre de 2013
Carlos G. Reigosa
10.

O curso pasado Domingo Villar falábanos de Vostede ao nos dicir que Vostede estaba convencido de que o “Reigosa” que
morrera na súa primeira novela fora o pai da nosa novela negra. Pode morrer a novela negra ou sempre resistirá
adaptada ao paso dos tempos?
Domingo Villar ten un gran talento literario e é unha magnífica persoa. Eu creo que matar a Reigosa no comezo da súa
primeira novela é toda unha declaración de principios, conciente ou inconsciente. O meu amigo Miguelanxo López Vivanco,
psicólogo freudiano, sostén que “se a referencia é inconsciente, é aínda máis reveladora da clara intencionalidade”. Eu podo
pensar que no fondo está o subconsciente literario dun desafío. Eu sei a quen desafiaba cando escribín Crime en Compostela,
pero nunca o digo. Penso que Domingo Villar e todos os outros magníficos escritores de novela negra que hai hoxe en Galicia
saben o que queren facer, o que queren superar e a onde queren chegar. A novela negra é un campo aberto polo que avanzamos
moitos. Non hai perigo de que morra. Polo contrario, pode que acabe por estenderse aínda máis no territorio novelístico.

Carlos G. Reigosa
con José Saramago

miércoles 20 de noviembre de 2013
Carlos G. Reigosa
11.

Nivardo Castro ten o seu equivalente real ou simplemente é un personaxe inventado? Chámanos a atención a súa presenza en
varias obras súas.
Nivardo Castro é un personaxe de ficción, o que non quere dicir que non teña detrás algúns referentes reais. Un sempre constrúe
desde a súa memoria (é algo inevitable) e nese proceso hai elementos da realidade que se coan na ficción con total naturalidade e
sen que o autor sexa sempre consciente disto. Polo demais, Nivardo Castro aparece en cinco novelas e seguirá saíndo nalgunhas
máis, porque para iso foi concibido. Non se esqueza que foi cumprindo anos comigo. Na próxima obra, agora en marcha, andará
polos cincuenta.

12.

Cal foi o motivo que o levou a se mercullar no mundo de Pepa a Loba. Por que o impresionou o personaxe desta estradense? Intentou
nela narrar a unha heroína ou máis ben deixouse levar por unha muller marcada polas circunstancias negativas da súa vida que se
dedicou á aventura?
Pepa A Loba cruzouse na miña vida dun xeito azarento. Primeiro chegoume o seu nome, sen saber
se era o dunha persoa real ou ficticia. Despois chegáronme os primeiros datos que a vencellaban
coa Estrada. Despois coñecín os datos doutra Pepa A Loba, xa maior, que andara polo norte de
Lugo (Xermade e arredores). Custoume avanzar, pero un día atopei as probas de que a Pepa A
Loba da Estrada era a mesma que andaba polo norte de Lugo uns anos despois, e a mesma que foi
collida polos gardas e levada ao cárcere de Mondoñedo e despois á prisión de mulleres (A Galera)
da Coruña. Sabido isto -e sabido que non había máis datos- non puiden resistir a tentación de
novelala. Porque é un mito. E a proba de que é un mito é que o seu nome espallouse e sobreviviu
na tradición popular en moitas partes de Galicia, desde Fisterra aos Ancares e desde o sur de
Ourense ao norte de Lugo. Imposible evitar imaxinala en acción.

miércoles 20 de noviembre de 2013
Carlos G. Reigosa
13.

Se un día algún director de cinema lle propuxese levar unha novela súa á gran pantalla, por cal
se decidiría? Por que?
Eu escollería Intramundi, pero seguro que o director de cine elixiría algunha protagonizada por
Nivardo Castro, como xa de certo ocorreu en dúas ocasións, finalmente frustradas. Eu escollería
Intramundi porque creo que nela está a verdade profunda da nosa realidade orixinaria, como
está a dos cosacos en O Don apracible de Mijail Sholojov, por exemplo. Por isto precisamente
creo que nunca chegará ao cine, pero non será porque a min non me apeteza.

14.

Que sente un xornalista coma Vostede ao impartir cursos de verán alá polos Estados Unidos
amosando a súa experiencia e, supoñemos, sacando a relucir de cando en vez a súa obra
literaria?
Gústame falar de xornalismo e reflexionar sobre a súa realidade (a de antes e a de agora).
Coido que sempre tiven unha posición privilexiada na profesión. Se len o meu libriño A Galicia
máxica de García Márquez (Xerais, 2013) decataránse da cercanía con persoas importantes que
posibilita o xornalismo. Nas miñas conferencias trato de reivindicar un xornalismo
comprometido coa verdade, que sempre debe ter detrás un bo traballo de investigación. A
esixencia de rigor é esencial neste oficio, porque xogamos coa sona da xente. Por iso, a paixón
periodística debe ir sempre acompañada polo compromiso de atinar coas palabras, e transmitir
só o que se ten ben comprobado.
Retrato de Carlos G. Reigosa
realizado por:
Abel Carbajal Saborido,
alumno do MGB

miércoles 20 de noviembre de 2013
IO
R
A

N
IO
T
ES
U

C

miércoles 20 de noviembre de 2013
ra
a ob
h
e un ?
-a
tor/ alegos
u
ha a aria g
Un/ liter
iro:

Un personaxe galego e
un estranxeiro?
O mozo Ulises, de Cunqueiro, e o
Ralkolnikov de Dostoievski
(e tamén a Emma Bovary de
Flaubert).

que .
Cun ilia
aro
Álv ín e fam
erl
M

o
ent
m
nu bel?
mo tá
Un lien
ipto
x
sa
eE
es d
d
mi
irá
p
As

miércoles 20 de noviembre de 2013

erson

axe l
i
iden terario c
o qu
tifiq
e se
ue?
OQ

uixo

te

Unha película de cine?

O padriño (as tres
películas)

Cal é a súa fonte de
inspiración

O traballo.

Un p

ha
n
e u iros?
a
r/- anxe
uto estr
a:
a a ia
afk se.
n/h erar
U it
z K orfo
l
ran am
bra
o
F
t

me
A

Unha obra teatral?
Esperando a Godot,
de Samuel Beckett.
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?

Un feito histórico?

O descubremento
de América.

Nova York, ou Lugo (porque “quen viu Lugo
viu o mundo”). A Pastoriza.

Un tipo

Folk-roc

k. Blowi
n´ in
the wind
.

Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?

zar?
eali

por r
eio

ri
tera
li
anc
isos mo.
om
Un
mpr go mes
co
i
r os
pri eño com
Cum que t

os

O rural de antes /
Montaña

Un l

Albert Camus.

Outro entretemento
ademais da lectura?

miércoles 20 de noviembre de 2013

ugar
a

xeita
lectu do para
ra?
a

O esc
ritor
io da
miñ
a cas
a.

Un/ha autor/-a con quen se
identifique?

O cine.

de músi
ca? Unh
a
canción
?

a

Unh

?
opía
ut

a
ón e pre.
i
m
ilus
ea
n se
Qu e dure
d
cida
feli

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
Asnosasletras
 

Mais procurados (19)

Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Que é un microrrelato
Que é un microrrelatoQue é un microrrelato
Que é un microrrelato
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
 

Destaque

Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
Asnosasletras
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
Asnosasletras
 

Destaque (17)

Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 
Francisco Pillado
Francisco PilladoFrancisco Pillado
Francisco Pillado
 
Carlos Mella entrevista
Carlos Mella entrevistaCarlos Mella entrevista
Carlos Mella entrevista
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Manuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesManuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez Fuentes
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso MonteroXesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
 
Fernán vello
Fernán velloFernán vello
Fernán vello
 

Semelhante a Carlos G. Reigosa

Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
cenlf
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
mercedesdans
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
Asnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
Asnosasletras
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
unriodeverbas
 

Semelhante a Carlos G. Reigosa (20)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20
 
Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Muller Na Lite2
Muller Na Lite2Muller Na Lite2
Muller Na Lite2
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor
 
risco
riscorisco
risco
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017
 

Mais de Asnosasletras

Mais de Asnosasletras (15)

Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Último (7)

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 

Carlos G. Reigosa

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Carlos G. Reigosa Carlos G. Reigosa naceu en Lagoa da Pastoriza (Lugo) no 1948. Licenciado en Ciencias Políticas e Ciencias da Información, desempeñou de sempre o labor xornalístico especialmente na Axencia EFE onde exerceu desde o ano 1974 de redactor, Director de Información, Director de Publicacións... Especialista no xénero narrativo onde se deu a coñecer especialmente pola súa obra Crime en Compostela (1984) considerada a primeira novela negra escrita en galego. Outras obras súas serían O misterio do barco perdido (1988), Intramundi (2002), Pepa A Loba (2006)... Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 20 de noviembre de 2013
  • 2. Carlos G. Reigosa 1. Como lembra Vostede a súa nenez por terras luguesas? E aqueles anos 50-60 problemáticos a nivel social? Até que punto marcaron a súa vida e a súa obra literaria? A miña nenez foi moi feliz. Nacín nun lugar sen estradas, illado, con casas esparexidas, con campos verdergantes, con regos cheos de troitas, con cotos medoñentos… Fóra de alí dicían que eramos de Tras da Corda, é dicir, de tras os montes que nos separaban dos demais de Mondoñedo e Abadín. “O cú da Terra Chá”, dicían outros con retranca. Palabras que para min non significaban nada. Porque eu vivía nunha casa chea de vida e de agarimo, con meus pais, miña avoa e dous tíos-avós. Meu pai era menciñeiro e xamoneiro e os dous tíos-avós, zoqueiros. Por non ter, non tiñamos nin problemas sociais, porque a veciñanza era boa e solidaria, e moitos traballos facíanse en común (segas, mallas, cavas, etcétera). Cada vez que imaxino o paraíso, sempre me sae a miña Abelaira natal, co val de Lagoa ao pé, no concello da Pastoriza. Inevitable, pois, que isto marcara a miña vida e a miña obra literaria (algo moi visible en creacións como Homes de Tras da Corda, As pucharcas da lembranza ou, sobre todo, Intramundi, se cadra a obra que máis estimo e onde falo daqueles anos problemáticos de 1950-60). 2. Existiu aquela avoa galega que marcase a súa escrita tal e como comenta Vostede que lle ocorreu a don Gabriel García Márquez? A miña avoa galega foi coral. Eu estaba rodeado de avoas que non paraban de contar cousas que me abraiaban: de meigas, da Santa Compaña, de desaparecidos na emigración, de mortos na Guerra Civil, de escapados que andaban polos montes na posguerra. A avoa galega de García Márquez foi unha “crenza” que el necesitou para explicar a procedencia das moitas maxias que se lle acugulaban na cabeza. Na realidade, a súa avoa era colombiana, pero os avós desa avoa si que eran españois e moi probablemente de orixe galega. Por esa liña de herdanzas corrían tradicións galegas, e el sabíao. Carlos G. Reigosa con Gabriel García Márquez miércoles 20 de noviembre de 2013
  • 3. Carlos G. Reigosa 3. Estudou Vostede “Ciencias Políticas” e “Ciencias da Información”. Até que punto o axudou a primeira para a segunda, que a fin de contas foi a súa profesión de sempre? Ciencias Políticas organizoume culturalmente a cabeza, é dicir, serviume para saber onde estaba eu, como era o mundo no que vivía, de onde viña, como se rexía, etcétera. Ciencias da Información vencelloume para sempre coa profesión que eu quería desenvolver. O xornalismo é a miña maneira de estar na vida, no mundo (a miña maneira profesional, se se quere). Vivino (e sigo a vivilo) coma unha paixón que non esmorece. Sostívome sempre economicamente e permitiume coñecer as persoas que máis me interesaban. 4. Até que punto as “Ciencias da Información” e o seu labor xornalístico axudaron á súa creación literaria? Un achégase ao xornalismo crendo que é un camiño que leva dereitamente á literatura, pero isto non é así. Con frecuencia, o xornalismo acaba por ser o peor inimigo do escritor. Porque o xornalismo é absorbente e distrae, desencamiña. Ernest Hemingway díxoo con frase certeira: “O xornalismo é o mellor oficio do mundo, a condición de deixalo a tempo”. Aí está a chave. Eu convivo coas dúas dedicacións e pago o prezo que corresponde: traballo o dobre. Mais é certo que, no meu caso, o xornalismo serviume como escritor, sobre todo na elección dos temas e na estratexia narrativa, e tamén no estilo. Coido que isto é innegable. 5. Carlos G. Reigosa con 9 anos Dende cando comezou a sentir inquedanzas pola literatura e por que é tan tardía a súa estrea como escritor? Hai que ter en conta a miña orixe. Non había libros na miña casa natal. Con dezaseis anos aínda non lera unha novela enteira, e a miña vocación era ser enxeñeiro de Telecomunicacións para ir traballar á NASA. Isto tampouco debe soar raro, porque do meu concello emigraran moitos á Arxentina, Uruguai, Brasil, Venezuela, Cuba e México, un tío-avó meu entre eles. Para nós o que quedaba lonxe de verdade era Madrid. En cambio, Bos Aires ou A Habana, de onde chegaban cartas sen parar, eran lugares moi familiares, moi próximos. Pero todo cambiou cando cheguei a Madrid para facer Telecomunicacións, porque foi entón cando descubrín a enorme capacidade de sedución que ía exercer sobre min a cultura, esa gran descoñecida. Foi un frechazo. E aí cambiou todo, comecei a ler coma un tolo, estudei Xornalismo e Ciencias Políticas e desemboquei no territorio laboral e vital que quería. Con vinte anos escribín os primeiros poemas (que, por sorte, non publiquei) e en 1979, con trinta e un anos, terminei Oxford, amén, a miña primeira novela, que viu a luz tres anos despois. Creo que, tendo en conta a historia da miña vida, non me estreei tarde como escritor. Simplemente, non podía ser antes. miércoles 20 de noviembre de 2013
  • 4. Carlos G. Reigosa 6. Como poderiamos entender a súa “emigración” xornalística a Madrid e o seu estancamento alá? Comecei a traballar en 1972 en La Voz de Galicia, e alí tiña pensado seguir moitos anos. Pero chegou o sorteo do servicio militar e tocoume ir para o Sáhara Español. ¡Que absurdos me parecen agora aqueles tempos! Trece meses e vinte días vendo dunas e sirocos. Tempo para moitas cavilacións sobre o futuro. Tantas que acabei por reformulalo todo. O mundo parecíame moi grande e eu tiña ganas de velo. Ao regresar, tiven unha oportunidade de traballo na Axencia EFE. Era un traballo por tres meses…, pero converteuse nun traballo para máis de trinta anos. Que sucedeu? Que me namorei de EFE, esa gran descoñecida, que é hoxe a cuarta axencia mundial de información e a primeira no mundo hispanofalante. Alí fun xefe de Cultura e Ciencia ata 1979, en que me entrou outra vez o desexo de volver á terra nai. Vin como delegado xeral de EFE para Galicia e vivín tres anos e medio en Santiago. Aí naceu Crime en Compostela. E outravolta volveron os desexos de andar mundo. Volta para Madrid e moitas viaxes, xa como director de Información de EFE. ¿Por que me “estanquei” en Madrid? Por todos estes azares. Pero eu nunca deixei de estar vencellado a Galicia nin pasei un verán nun sitio que non fose A Pastoriza de Lugo. 7. Estar mergullado no xornalismo facilitoulle información que despois Vostede empregaría para a ficción literaria? Intentou Vostede abrir os ollos coa súa obra aos lectores de que en Galiza se estaba a producir un cambio real no narcotráfico de contrabando de tabaco ao de drogas? A min o xornalismo deumo todo, menos o tempo para ser escritor. O tempo tíveno que arrincar de fins de semana, vacacións, voos en avión, etcétera. Pero é certo que usei na ficción literaria moitos elementos deducidos da investigación xornalística. Sempre tiven a idea de que a literatura é un compromiso con cada lector. É unha idea que vén de Albert Camus, peneirada logo pola descrenza do Teatro do Absurdo. A novela ten que interesar para poder causar un efecto ilustrador e/ou denunciador. Nas miñas novelas chamadas “negras” (eu prefiro chamarlles “de intriga”) sempre hai esta finalidade descubridora, esclarecedora. Unha novela pode amosar como funciona toda unha organización secreta ou toda unha sociedade. De feito, estas son as novelas que a min me interesan. Ofrecer luz (coñecemento) mediante unha intriga capaz de interesar ao lector desde o comezo até o final do relato. Carlos G. Reigosa con Gonzalo Torrente Ballester miércoles 20 de noviembre de 2013
  • 5. Carlos G. Reigosa 8. Por outra banda tamén achamos nas súas obras (Crime en Compostela; A vida do outro...) o personaxe do xornalista. Estaba a pensar nalgún xornalista en concreto ou simplemente lle servía como axuda á ficción literaria? Moitos personaxes meus débenlle unha parte do seu ser a algunhas persoas reais, pero nunca son enteiramente esas persoas reais. Se o fosen, estariamos ante unha biografía, e non é o caso, claramente. Mais, si, todo o que un sabe ou coñece é susceptible de converterse en material literario. 9. Crime en Compostela marcou o comezo da “Novela negra” en galego, naqueles momentos en que se estaba a experimentar en todo tipo de variedades, coma incluso o western en galego. Xurdiu en Vostede sen máis o tema ou foi algo premeditado? A escolla do tema foi premeditada, absolutamente. Despois de tres anos e medio en Santiago de Compostela (1979-1983), eu era consciente de que a literatura galega carecía dunha narrativa popular. Había novelas moi valiosas, moi ambiciosas, pero moi distantes culturalmente da tradición que alimentaba noutros lugares as novelas de intriga, negras ou como se lles queira chamar. De feito, Crime en Compostela, que gañou o I Premio Xerais, non tivo un éxito de crítica, pero converteuse enseguida na primeira novela en galego que moitos galegos conseguiron ler enteira. Para min é impagable a cantidade de xente que me parou na rúa para dicirme isto. Crime en Compostela tivo o seu momento e a súa significacón social. Hoxe estamos xa noutro momento da nosa realidade, claro. miércoles 20 de noviembre de 2013
  • 6. Carlos G. Reigosa 10. O curso pasado Domingo Villar falábanos de Vostede ao nos dicir que Vostede estaba convencido de que o “Reigosa” que morrera na súa primeira novela fora o pai da nosa novela negra. Pode morrer a novela negra ou sempre resistirá adaptada ao paso dos tempos? Domingo Villar ten un gran talento literario e é unha magnífica persoa. Eu creo que matar a Reigosa no comezo da súa primeira novela é toda unha declaración de principios, conciente ou inconsciente. O meu amigo Miguelanxo López Vivanco, psicólogo freudiano, sostén que “se a referencia é inconsciente, é aínda máis reveladora da clara intencionalidade”. Eu podo pensar que no fondo está o subconsciente literario dun desafío. Eu sei a quen desafiaba cando escribín Crime en Compostela, pero nunca o digo. Penso que Domingo Villar e todos os outros magníficos escritores de novela negra que hai hoxe en Galicia saben o que queren facer, o que queren superar e a onde queren chegar. A novela negra é un campo aberto polo que avanzamos moitos. Non hai perigo de que morra. Polo contrario, pode que acabe por estenderse aínda máis no territorio novelístico. Carlos G. Reigosa con José Saramago miércoles 20 de noviembre de 2013
  • 7. Carlos G. Reigosa 11. Nivardo Castro ten o seu equivalente real ou simplemente é un personaxe inventado? Chámanos a atención a súa presenza en varias obras súas. Nivardo Castro é un personaxe de ficción, o que non quere dicir que non teña detrás algúns referentes reais. Un sempre constrúe desde a súa memoria (é algo inevitable) e nese proceso hai elementos da realidade que se coan na ficción con total naturalidade e sen que o autor sexa sempre consciente disto. Polo demais, Nivardo Castro aparece en cinco novelas e seguirá saíndo nalgunhas máis, porque para iso foi concibido. Non se esqueza que foi cumprindo anos comigo. Na próxima obra, agora en marcha, andará polos cincuenta. 12. Cal foi o motivo que o levou a se mercullar no mundo de Pepa a Loba. Por que o impresionou o personaxe desta estradense? Intentou nela narrar a unha heroína ou máis ben deixouse levar por unha muller marcada polas circunstancias negativas da súa vida que se dedicou á aventura? Pepa A Loba cruzouse na miña vida dun xeito azarento. Primeiro chegoume o seu nome, sen saber se era o dunha persoa real ou ficticia. Despois chegáronme os primeiros datos que a vencellaban coa Estrada. Despois coñecín os datos doutra Pepa A Loba, xa maior, que andara polo norte de Lugo (Xermade e arredores). Custoume avanzar, pero un día atopei as probas de que a Pepa A Loba da Estrada era a mesma que andaba polo norte de Lugo uns anos despois, e a mesma que foi collida polos gardas e levada ao cárcere de Mondoñedo e despois á prisión de mulleres (A Galera) da Coruña. Sabido isto -e sabido que non había máis datos- non puiden resistir a tentación de novelala. Porque é un mito. E a proba de que é un mito é que o seu nome espallouse e sobreviviu na tradición popular en moitas partes de Galicia, desde Fisterra aos Ancares e desde o sur de Ourense ao norte de Lugo. Imposible evitar imaxinala en acción. miércoles 20 de noviembre de 2013
  • 8. Carlos G. Reigosa 13. Se un día algún director de cinema lle propuxese levar unha novela súa á gran pantalla, por cal se decidiría? Por que? Eu escollería Intramundi, pero seguro que o director de cine elixiría algunha protagonizada por Nivardo Castro, como xa de certo ocorreu en dúas ocasións, finalmente frustradas. Eu escollería Intramundi porque creo que nela está a verdade profunda da nosa realidade orixinaria, como está a dos cosacos en O Don apracible de Mijail Sholojov, por exemplo. Por isto precisamente creo que nunca chegará ao cine, pero non será porque a min non me apeteza. 14. Que sente un xornalista coma Vostede ao impartir cursos de verán alá polos Estados Unidos amosando a súa experiencia e, supoñemos, sacando a relucir de cando en vez a súa obra literaria? Gústame falar de xornalismo e reflexionar sobre a súa realidade (a de antes e a de agora). Coido que sempre tiven unha posición privilexiada na profesión. Se len o meu libriño A Galicia máxica de García Márquez (Xerais, 2013) decataránse da cercanía con persoas importantes que posibilita o xornalismo. Nas miñas conferencias trato de reivindicar un xornalismo comprometido coa verdade, que sempre debe ter detrás un bo traballo de investigación. A esixencia de rigor é esencial neste oficio, porque xogamos coa sona da xente. Por iso, a paixón periodística debe ir sempre acompañada polo compromiso de atinar coas palabras, e transmitir só o que se ten ben comprobado. Retrato de Carlos G. Reigosa realizado por: Abel Carbajal Saborido, alumno do MGB miércoles 20 de noviembre de 2013
  • 10. ra a ob h e un ? -a tor/ alegos u ha a aria g Un/ liter iro: Un personaxe galego e un estranxeiro? O mozo Ulises, de Cunqueiro, e o Ralkolnikov de Dostoievski (e tamén a Emma Bovary de Flaubert). que . Cun ilia aro Álv ín e fam erl M o ent m nu bel? mo tá Un lien ipto x sa eE es d d mi irá p As miércoles 20 de noviembre de 2013 erson axe l i iden terario c o qu tifiq e se ue? OQ uixo te Unha película de cine? O padriño (as tres películas) Cal é a súa fonte de inspiración O traballo. Un p ha n e u iros? a r/- anxe uto estr a: a a ia afk se. n/h erar U it z K orfo l ran am bra o F t me A Unha obra teatral? Esperando a Godot, de Samuel Beckett.
  • 11. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Un feito histórico? O descubremento de América. Nova York, ou Lugo (porque “quen viu Lugo viu o mundo”). A Pastoriza. Un tipo Folk-roc k. Blowi n´ in the wind . Mundo rural/urbano? Praia/montaña? zar? eali por r eio ri tera li anc isos mo. om Un mpr go mes co i r os pri eño com Cum que t os O rural de antes / Montaña Un l Albert Camus. Outro entretemento ademais da lectura? miércoles 20 de noviembre de 2013 ugar a xeita lectu do para ra? a O esc ritor io da miñ a cas a. Un/ha autor/-a con quen se identifique? O cine. de músi ca? Unh a canción ? a Unh ? opía ut a ón e pre. i m ilus ea n se Qu e dure d cida feli