2.
Índice
▋ Descrición xeral do curso 2
▋ Persoas titoras 2
▋ Obxectivos 2
▋ Contidos 3
▋ Competencias profesionais do profesorado 5
▋ Metodoloxía 6
▋ Temporalización 7
▋ Comunicación coas persoas titoras 8
▋ Avaliación 9
▋ Aplicación práctica nas aulas 10
▋ Requirimentos para seguir o curso 10
1
3.
▋ Descrición xeral do curso
Curso dirixido ao profesorado interesado en profundar nos principios básicos da
acción titorial e en coñecer recursos prácticos de cara ao desenvolvemento das súas
funcións como profesoradotitor. Logo dun primeiro módulo de carácter teórico
relacionado cos principios básicos da acción titorial, realízase un repaso a diferentes
temáticas estreitamente vencelladas co traballo diario que o profesoradotitor pode
realizar tanto co seu alumnado como coas familias do mesmo.
▋ Persoas titoras
Miguel Ángel Saá Ramos
(Xefe do Depto. de Orientación do IES
“Praia Barraña” de Boiro)
Pilar Rodríguez Fernández
(Profesora de Debuxo e Informática,
Coordinadora TIC e Profesora titora no IES
“Fermín Bouza Brey” de Viilagarcía de
Arousa)
▋ Obxectivos
● Comprender os principios básicos da acción titorial e coñecer a lexislación,
tanto a nivel estatal como autonómico, na que se sustenta.
● Coñecer o papel do profesoradotitor en relación ao alumnado, ao profesorado
e ás familias.
● Coñecer diversos recursos prácticos, de fácil implementación, e relacionados
con temáticas tan diversas como a convivencia, as técnicas de estudo, a
educación emocional, a educación en valores, a educación para a saúde, a
toma de decisións ou a orientación familiar.
● Valorar a importancia de traballar en colaboración coas familias do alumnado
de cara a acadar os obxectivos básicos da acción titorial.
2
4.
▋ Contidos
Os contidos do curso estrutúranse en oito módulos diferentes:
1. A acción titorial:
▪ Principios básicos da acción titorial.
▪ Lexislación autonómica e estatal de referencia.
▪ Funcións e actividades do profesorado titor.
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións e recursos web
comentados.
2. Ensinar a convivir:
▪ Principios básicos de Ensinar a Convivir.
▪ Recursos para a titoría: Facilitar a adaptación á rutina escolar. O método
DAFO como ferramenta de autocontrol e motivación cara ao estudo. Os
dereitos e deberes do alumnado. Guía para escoller o delegado ou
delegada de clase. As normas da aula...
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
3. Aprender a estudar:
▪ Principios básicos.
▪ Recursos para a titoría: A comprensión lectora. O lugar de traballo. O
método de estudo. Os traballos escolares. As exposicións orais.
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
3
5.
4. A educación emocional:
▪ Principios básicos da educación emocional.
▪ Recursos para a titoría: Os diferentes tipos de intelixencia. As habilidades
sociais. A resolución de conflitos interpersoais. Os diferentes estilos de
comunicación. A comunicación non verbal...
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
5. A educación en valores:
▪ Principios básicos da educación en valores.
▪ Recursos para a titoría: Como actuar ante o acoso escolar (dende a
familia e dende o centro). A violencia de Xénero. A coeducación.
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
6. A educación para a saúde:
▪ Principios básicos da educación para a saúde.
▪ Recursos para a titoría: O tabaco. O alcohol. O cannabis. A importancia
do exercicio físico. Os trastornos da alimentación...
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
7. Ensinar a decidirse:
▪ Principios básicos de ensinar a decidirse.
▪ Recursos para a titoría: O autocoñecemento. O sistema educativo (a
formación profesional, o bacharelato, a universidade...).
4
6.
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
8. Orientación familiar:
▪ Principios básicos da Orientación familiar.
▪ Recursos para a titoría: Os estilos educativos. Como axudar aos fillos/as
cos estudos. Como actuar ante os problemas de adaptación. A
importancia das normas e os límites. Ensinar a utilizar as novas
tecnoloxías con responsabilidade...
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
▋ Competencias profesionais do profesorado.
O profesorado que realice as tarefas propostas ao longo dos diferentes módulos en
que se estrutura o curso sairá reforzado nas seguintes competencias profesionais:
● O deseño e posta en marcha do Plan de Acción Titorial (PAT).
● O uso de estratexias específicas para exercer o labor titorial na aula no que se
refire á resolución de conflitos, mellora da convivencia, detección de condutas
de risco, programas de prevención…
● A organización e animación de diferentes situacións de aprendizaxe, a xestión
da progresión das aprendizaxes adquiridas polo alumnado, a implicación do
mesmo na súa propia aprendizaxe...
● O dominio e posta en práctica das funcións propias do profesoradotitor en
relación co alumnado, coas familias do mesmo e co resto do profesorado.
● A participación na xestión do centro, o traballo en equipo…
● O uso das novas tecnoloxías da comunicación e da información (TIC) no
desenvolvemento da acción titorial.
5
7.
▋ Metodoloxía
O curso obedece á modalidade de formación a distancia a través da plataforma
Platega. Isto supón que todos os materiais e recursos estarán dispoñibles en dita
plataforma e que a comunicacións e intercambios de información entre o profesorado
participante no mesmo e os titores do curso terán lugar no contexto que ofrece a mesma.
O traballo do profesorado participante neste curso sobre a acción titorial terá unha
dobre vertente:
● Por unha banda, cada desenvolverase un traballo individual que consistirá na
lectura comprensiva dos materiais que aparecen en cada un dos módulos nos
que se estrutura o curso. Posteriormente cada participante deberá superar o
cuestionario de autoavaliación, que versará sobre o contido recollido en ditos
materiais.
● E por outra, cada participante deberá realizar a tarefa obrigatoria deseñada
expresamente para cada cada módulo. Esta tarefa poderá consistir no
realización de reflexións persoais, guións de traballo ou propostas de
intervención. Aproveitando as posibilidades das TIC, queda aberta a
posibilidade de desenvolver algunha tarefa conxunta en pequenos grupos.
En cada módulo haberá un foro habilitado onde os alumnos/as poderán propoñer
dúbidas, comentarios ou suxestións sobre as temáticas que se abordan.
6
8.
▋ Temporalización
Módulo 0 Datas
Benvida e presentación aos compañeiros/as do 20 de outubro ao 25 de outubro
Modulo 1 Datas
Principios da Acción titorial do 26 de outubro ao 03 de novembro
Módulo 2 Datas
Ensinar a convivir do 04 de novembro ao 10 de novembro
Módulo 3 Datas
Ensinar a estudar do 11 de novembro ao 17 de novembro
Módulo 4 Datas
A educación emocional do 18 de novembro ao 24 de novembro
Módulo 5 Datas
A educación en valores 25 de novembro a 01 de decembro
Módulo 6 Datas
A educación para a saúde do 02 de decembro ao 09 de decembro
Módulo 7 Datas
Ensinar a decidirse do 10 de decembro ao 22 de decembro
Módulo 8 Datas
Orientación familiar do 08 de xaneiro ao 14 de xaneiro
Período extraordinario de recuperación do 15 de xaneiro ao 21 de xaneiro
Avaliación do curso Datas
Enquisa de avaliación final do curso do 22 de xaneiro ao 29 de xaneiro
7
9.
▋ Comunicación coas persoas titoras do curso
Cada vez que comeza un curso de formación a través da plataforma PLATEGA,
unha das primeiras tarefas que se debe levar a cabo é a de presentarse ao resto da
comunidade de aprendizaxe. Esta presentación realizarase a través do denominado foro
de presentación de participantes.
Esta primeira mensaxe servirá de presentación tanto para as persoas titoras do
curso como para o resto de participantes no mesmo.
Para establecer comunicación coas persoas titoras do curso existen varias opcións:
● A través dos foros existentes no propio curso, por exemplo, o foro do módulo
ou foro de avisos e anuncios. A comunicación que se realiza nos foros é
pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler as súas intervencións
no foro ou posts.
● Ou a través do sistema de mensaxería interna da plataforma, tamén coñecido
como Chat. As mensaxes enviadas por este medio son privados entre vostede
e o seu comunicante, xa sexa a persoa titora ou calquera outro/a participante.
En resumo, a comunicación alumno vs titor realizarase sempre a través da
plataforma PLATEGA, mediante o servizo de mensaxería interna (para comunicacións
privadas) ou a través dos foros de dúbidas de cada módulo (comunicación pública).
8
10.
▋ Avaliación
Os diferentes contidos do curso estrutúranse en 8 módulos, cunha carga de traballo
total estimada de 60 horas.
Para a superación do curso será preciso:
1. Superar a autoavaliación de cada un dos módulos que integran o curso.
Haberá que contestar correctamente un mínimo de oito preguntas.
2. Realizar a tarefa que se solicitará en cada módulo a través da participación
no foro de debate ou o envío de pequenos traballos. As tarefas presentadas
serán cualificadas nos termos apto / non apto, e será obrigatoria a
presentación de todos elas así como acadar unha avaliación positiva en 7 das 8
tarefas encomendadas.
Cada módulo estará activo soamente os días que marca a temporalización do curso.
Rematado o prazo asignado a cada módulo non se poderá acceder ao cuestionario de
autoavaliación nin enviar a tarefa prevista para o módulo en cuestión.
Tralo remate do último módulo previsto abrirase un período extraordinario de
recuperación para poder realizar os cuestionarios de autoavaliación pendentes e enviar
as tarefas non entregadas ou cualificadas como non apto.
É importante sinalar que no caso das tarefas colaborativas ou grupais será preciso
ter especial coidado coa puntualidade nas entregas con fin de non prexudicar ao
equipo.
Os criterios de avaliación especificaranse no enunciado de cada tarefa. Os
participantes poderán consultar as súas cualificacións no apartado correspondente do
curso dentro da plataforma PLATEGA, comprobando deste xeito a súa evolución. O
proceso de retroalimentación realizarase en cada tarefa, a través das cualificacións
9
11.
acadadas ou ben, cando as persoas titoras así o consideren preciso, con indicacións máis
específicas e persoais, empregando para elo a mensaxería interna da plataforma.
Ademais realizarase unha avaliación de conxunto cos comentarios achegados nos
foros de participación que se incluirán nos diferentes módulos, avaliación que servirá para
completar a experiencia formativocolaborativa.
En calquera caso, a corrección das tarefas, en concreto aquelas que resulten
avaliadas negativamente, posibilitará unha nova entrega das mesmas coas modificacións
necesarias para que a avaliación sexa positiva.
▋ Aplicación nas aulas
Neste curso non se esixe ningunha realización práctica na aula. Aínda así, a maior
parte dos contidos traballados poden ser aplicados no contexto da clase, moi
especialmente no desenvolvemento de sesións de titoría ou nas xuntanzas e/ou
entrevistas que se leven a cabo coas familias do alumnado. Suxírese que esta posible
posta en práctica se presente nos foros coa finalidade de ser coñecida e comentada por
todo o profesorado participante neste curso de formación.
▋ Requirimentos para seguir o curso
● Ordenador con conexión a internet.
● Software de procesador de textos.
10